Foi socio fundador da Sociedade Española de Física e Química, fundada en 1903 baixo a presidencia de Echegaray.[2] En 1931, foi nomeado reitor da Universidade Central de Madrid. Ese mesmo ano, substituíu a Leonardo Torres Quevedo, que deixara o posto por problemas de saúde, na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O ano seguinte, xunto con científicos como Miguel Catalán Sañudo ou o seu discípulo, Julio Palacios, deulle pulo á creación do Instituto Nacional de Física e Química, tras recibir unha doazón da Fundación Rockefeller. A sede qeudou establecida no chamado edificio Rockefeller na rúa Serrano de Madrid (hoxe é a sede do Instituto de Química-Física Rocasolano, do CSIC).
En 1936, atopábase en Santander, cando estourou a Guerra Civil. Pasou a Francia e dende alí a Madrid. En 1937, o presidente da Oficina Internacional de Pesos e Medidas, Pieter Zeeman, nomeouno secretario da Oficina, cargo que ostentaría entre 1937 e 1941, marchando a vivir a París.
Despois da guerra civil española foi depurado como catedrático polo réxime franquista. Non houbo proceso con posibilidade de contradición, aplicando só unha Orde Ministerial en febreiro de 1939, xunto a outros catedráticos[3]:
Exiliado en México, foi acollido pola Facultade de Ciencias da Universidade Nacional Autónoma de México, onde traballou como Profesor de Física Atómica e de Historia da Física. En 1944 comezou a dirixir a revista Ciencia, editada polos científicos españois exiliados, tras a morte de Ignacio Bolívar. Ese mesmo ano, a Institución Cultural Española de Bos Aires publicou seu último libro, El magnetismo de la materia. Morreu no exilio mexicano en 1945.
O 21 de decembro de 2018 foi rehabilitado, xunto a outros seis científicos, polo goberno español. o que se fixo efectifo o 30 de xaneiro de 2019.[1][4]
Martínez Navarro, Francisco (2005). Blas Cabrera Felipe. Madrid: Dykinson, Goberno das Canarias. p. 178. ISBN 84-9772-784-3. OCLC 173243678.[5] Consultado o 9 de maio de 2018.
Romero de Pablos, Ana (2002). Cabrera, Moles, Rey Pastor. La europeización de la ciencia, un proyecto truncado. Madrid: Nivola.[6]