Blastoideos
Blastoidea Rango fósil: 485,4 Ma-251,902 Ma Ordovícico - Permiano | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pentremites godoni, un blastoideo do Carbonífero inferior de Illinois. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
Fissiculata |
Os blastoideos (clase Blastoidea) son un tipo extinguido de equinodermos pedunculados.[1] Apareceron, xunto con moitas outras clases de equinodermos, no Ordovícico, e chegaron á súa maior diversidade no subperíodo mississippiano do Carbonífero. Porén, os blastoideos puideron orixinarse no Cámbrico. Os blastoideos persistiron ata a súa extinción no evento de extinción do Permiano-Triásico, hai uns 250 millóns de anos. Aínda que nunca chegaron a ser tan diversos coma os seus parentes contemporáneos, os crinoideos, os blastoideos son fósiles comúns, especialmente en moitas rochas de idade mississippiana.
Descrición
[editar | editar a fonte]Como a maioría dos equinodermos, os blastoideos estaban protexidos por un conxunto de placas imbricadas de carbonato de calcio, que forman o seu corpo principal ou teca. Cando están vivos, a teca dun blastoideo típico estaba unida a un pedúnculo ou columna feito de placas discoidais empilladas. O outro extremo da columna estaba adherida ao fondo oceánico por medio dun rizoide, de maneira similar aos actuais crinoideos pedunculados. O normal era que o pedúnculo fose relativamente curto e nalgunhas especies estaba ausente, co rizoide adherido directamente á base da teca.
A boca estaba na parte superior da teca. Cinco sucos de alimentación ou ambulacros radiaban desde o centro como pétalos dunha flor. Cada ambulacro tiña moitas estruturas finas longas chamadas braquiolas, que se usaban para atrapar partículas de alimentos e traelas á boca. As braquiolas eran estruturas delicadas e nos fósiles xeralmente non se conservan no seu sitio. Unha serie de cinco placas espiraculares rodeaban a boca con forma estrelada, que incluían o ano, a boca e as entradas a un conxunto de cinco órganos respiratorios complexos e dobrados chamados hidrospiras. Estes espiráculos impedían a mestura de varios fluídos. A eliminación de residuos facíase a través do anispiráculo, unha abertura formada pola fusión do ano e dos espiráculos adxacentes.
Igual que os crinoideos, os blastoideos eran animais pedunculados a nivel alto que se alimentaban de partículas en suspensión (principalmente organismos do plancto) que habitaban as augas oceánicas moderadamente axitadas de limpas a limosas desde a [[plataforma continental] á cunca máis profunda. O sistema de recollida da comida destes animais consistía en varios tipos de ambulacros. O alimento entraba nos ambulacros braquiolares, era transferido aos ambulacros laterais a través do pozo braquiolar, despois transferíase aos ambulacros principais (medios), e finalmente entraban na boca. Cada un destes ambulacros tiña un teito de placas de cobertura. As placas de cobertura do suco braquiolar eran móbiles e podían abrirse, permitindo a entrada de alimento, ou pecharse segundo fose necesario. Outras placas de cobertura podían tamén ser móbiles.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Os blstoideos suponse que evolucionaron dos cistoideos. Os blastoideos estaban subdivididos en dúas ordes: Fissiculata, que se caracterizaban por teren unha entrada directa ás hidrospiras individuais por medio de fendas; e Spiraculata, que se caracterizaban pola entrada indirecta ás hidrospiras a través de canles por medio de poros. Os blastoideos máis temperáns ata agora atopados, Macurdablastus do Ordovícico medio de Tennessee, non se poden clasificar en ningunha das dúas ordes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barnes, Robert D. (1982). Invertebrate Zoology. Philadelphia, PA: Holt-Saunders International. p. 1010. ISBN 0-03-056747-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blastoideos no Museo de Paleontoloxía da Universidade de California Berkeley
- Palaeos.com artigo
- Debuxos e reconstrución en cores do blastoideo Pentremites godoni en www.emilydamstra.com
- Three Dimensional Structure and Fluid Flow though the Hydrospires of the Blastoid Pentremites rusticus