Blogaliza
Blogaliza | |
---|---|
Data de fundación | 21 de xaneiro de 2003 |
País | España |
Na rede | |
http://www.blogaliza.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Blogaliza foi un proxecto lanzado por Pedro Silva, baixo o pseudónimo de Goretoxo, o 21 de xaneiro do 2003, momento en que o seu formato aínda non se definira dun xeito claro (portal de Internet, blog colectivo etc.), mais que tiña "a vontade de crear unha comunidade de persoas usuarias dun sistema de subscrición e publicación de historias de ámbito galego"[1][2]. Co tempo acabaría por se converter nunha ferramenta baseada en WordPress[3][4] que permitía crear e xestionar a propia bitácora, ademais de artellar unha boa parte do blogomillo.
Blogaliza pechou o 25 de abril de 2018, quince anos despois da súa fundación[5]. Unha das razóns da desaparición de Blogaliza foi a caída na actividade no portal dentro dun cambio de escenario nas formas predominantes de comunicación en Internet. En 2005, segundo un estudo da Universidade de Santiago de Compostela, houbo un auxe dos formatos de bitácoras persoais ou blogs no ámbito galego[6] Se en 2010 Blogaliza agrupaba case 28 000 blogs escritos total ou parcialmente en lingua galega,[6] en 2018 só contaba con 80 blogs en activo.[5] Ademais, o administrador de Blogaliza apuntaba que os recentes cambios lexislativos e as novas esixencias para a publicación en Internet dificultaban a continuación do proxecto.[5]
Efectivamente unhas semanas despois do peche de Blogaliza, concretamente o 25 de maio de 2018, volvíase obrigatorio o cumprimento do Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679), que modificaba substancialmente o tratamento de datos persoais no eido da Unión Europea.[7]
Blogaliza despediuse co seguinte comunicado:
Blogaliza foi un soño no tempo, unha illa na rede, un criadeiro de blogs destinado a permitir a comunicación e expresión persoal e libre. Blogaliza foi unha Zona Temporalmente Autónoma, pero agora toca voltar á oscuridade [sic], disolverse na néboa para que outras iniciativas poidan xurdir da reorganización das enerxías dispersas. De aquí nun mes, o día 25 de abril de 2018, Blogaliza pecha as súas portas.[5]
Os blogs pertencentes a Blogaliza non están dispoñibles actualmente no dominio blogaliza.org.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primeira captura de Blogaliza en Internet Archive, o 25 de xaneiro do 2003.
- ↑ Balado, Lois (6 de xullo de 2009). "A revolta dos blogues". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 03 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Tutorial WordPress 2.7 MU. (s.d.). Mensaxe do blogue Axuda Blogaliza.". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2012. Consultado o 03 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Sobre edición de texto en blogaliza. (2008/04/30). Mensaxe do blogue Marexada.". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 03 de xaneiro de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Pérez Pena, Marcos (27 de marzo de 2018). "O 25 de abril desaparecerá Blogaliza, tras 15 anos na rede". Praza Pública. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 07 de maio de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 Míguez, María (6 de agosto de 2010). "Una de cal y otra de arena para el 'blogomillo', la blogosfera gallega". elmundo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 07 de maio de 2019.
- ↑ "El Reglamento general de protección de datos se aplica en todos los Estados miembros desde el 25 de mayo de 2018 - EUR-Lex". eur-lex.europa.eu (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Blogaliza Arquivado 29 de xaneiro de 2004 en Wayback Machine.
- Dopazo, L. & Lombao, D. (2006). "A normalización lingüística do galego a través dos blogs: o caso de Blogaliza", en Prisma 3. CETAC.MEDIA.