Saltar ao contido

Estaleiro Editora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estaleiro Editora
Tipoeditorial
Data de fundación2006
Data de disolución2017
SedeGalicia
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Estaleiro Editora foi unha editorial galega constituída como unha asociación cultural sen ánimo de lucro.[1] Iniciou a súa andaina en 2006. No verán de 2016[2] anunciou o cesamento da súa actividade, que se concretou en 2017.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Formada en 2006, foi unha editorial autoxestionada, asemblearia e sen ánimo de lucro. Editaba baixo licenza Creative Commons, permitindo a reprodución total ou parcial sen fins comerciais, e cargando os textos na propia páxina web.

Publicaba exclusivamente en galego, respectando a escolla normativa do autor, sendo esta a asumida na edición e promoción da súa obra.

O primeiro libro editado foi Plan de fuga (Alberto Lema, 2008). Outras autoras publicadas na editorial son Carlos Diegues, Rubén Ruibal, Carlos Losada, Raida Rodríguez Mosquera, Óscar Mourave, Moncho Iglesias, Clara Gayo, Marcos Abalde, Rebeca Baceiredo ou Carlos Taibo, ademais de traducións do Grupo Krisis, Pau Gener Galin e Bobby Sands. Así mesmo, Estaleiro coeditou co Proxecto Derriba libros monográficos sobre filósofos contemporáneos (Toni Negri, Gianni Vattimo, Fredric Jameson ou Jacques Derrida). En colaboración coa editora e distribuidora Corsárias, celebraron durante dous anos as Xornadas galegas da edición independente.

  1. "Estaleiro editora : alternativa editorial galega". Sitio web de estaleiroeditora en blogaliza. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  2. "Pecha Estaleiro Editora" Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 3 de marzo de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]