Moncho Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1974 (50 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, tradutor, educador |
Empregador | An-Najah National University (en) |
Moncho Iglesias Míguez, nado en Vigo, o 6 de abril de 1974, é un escritor e tradutor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, está a realizar o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos. Viviu en Palestina, onde deu clases de castelán nas universidades de Belén e An-Najah de Nablus, e máis tarde en Chongqing, onde tamén exerceu como docente universitario.[1]
Colaborou cos xornais Vieiros e Xornal de Galicia, e as revistas A Nosa Terra e Animal, foi correspondente da Radio Galega. Actualmente colabora con Tempos Novos,[2] Dorna e Praza Pública.
Foi o tradutor dos poemas incluídos no especial Nacerán as oliveiras. A paz na Terra non é para nós?, publicado en Nós Diario o 5 de outubro de 2024.[3]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- -3'141516 (2001). Centro Universitario Indoamericano (México).
- Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos[4] (2007). Positivas.
- pedras de Plastilina (2012). Toxosoutos.
- Avoíña/Abuelita (2013). Parnass Ediciones. En formato bilingüe galego-castelán.
- Tren (2018). Urutau.[1]
- Cheira (2020). Urutau
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Tres cores: azul (2010). Estaleiro editora.[5]
- Don Pepe (2018). Do Peirao.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Os contos de animais na tradición oral palestina (2008). Fundación Araguaney.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Premio 2005 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("Unha rosa para Emily", de William Faulkner), 2015, Edicións Xerais.
- O condutor de autobús que quería ser Deus, de Etgar Keret, 2006, Rinoceronte Editora, desde o hebreo.
- Saudades de Kissinger, de Etgar Keret, 2011, Rinoceronte Editora, desde o hebreo.
- Carné de identidade, de Mahmud Darwish, 2012, Edicións Barbantesa.
- Premio 2014 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("A terra das laranxas tristes", de Ghassan Kanafani), 2015, Edicións Xerais.
- Premio 2015 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("Fío", de Dena Afrasiabi), 2015, Edicións Xerais.
- Un mapa do lar, de Randa Jarrar, 2015, Hugin e Munin.
- Premio 2016 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("O último rei de Noruega", de Amos Oz), 2016, Edicións Xerais.
- Premio 2017 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("A historia secreta da alfombra voadora", de Azhar Abidi e "As mozas do edificio", de Randa Jarrar), 2017, Edicións Xerais.
- Premio 2018 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("O sol e as súas flores", de Rupi Kaur), 2018, Edicións Xerais.
- Esfumado,[6] de Ahmed Masoud, 2022, Urutau
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu XXV cabodano, 2006.
- I Certame literario de relato breve e libertario, 2007.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Entre os outros e nós. Estudos literarios e culturais, 2008.
- Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas, 2009, tresCtres.
- En defensa do Poleiro. Os escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Os dereitos humanos: unha ollada múltiple, 2011, Universidade de Santiago de Compostela.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).[7]
- As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas, 2018, Universidade de Vigo.
- A lingua viaxeira, 2022, Axóuxere.
- Cantos de dor e liberdade, voces galegas por Palestina, 2024, Tempo Galiza.
Premios
[editar | editar a fonte]- Terceiro Premio de poesía Féile Filíochta de Dublín no 1999.
- Premio de narrativa do Concello de Mugardos no 2005.
- Mención especial no Premio de narrativa do Concello de Mugardos no 2010.
- Segundo premio no Certame Poético Concello de Rois no 2014.
- Primeiro premio no IV Certame Literario das Letras Galegas en Frankfurt no 2015.
- Segundo premio no Concurso do Día das Letras Galegas do Concello de Rábade no 2017.
- Galardoado nos premios de tradución da Universidade de Vigo nos anos 2005, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018.
- Premio de xornalismo Johán Carballeira no ano 2018.
- Primeiro premio de relato no XV Certame Literario Terras de Chamoso, O Corgo, 2021
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Atlántico (2016-12-07). "“Me sorprendió que en China no me tomaran por un terrorista”". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-06-14.
- ↑ "Tempos Dixital Debuxando sorrisos en Palestina". web.archive.org. 2019-01-13. Archived from the original on 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 2024-06-14.
- ↑ "'Nós Diario' agasalla este sábado o caderno de poemas palestinos 'Nacerán as oliveiras'". nosdiario.gal.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - "Sei que os poemas son inútiles, pero no momento válenme: é unha forma de berrar"". vieiros.com. Consultado o 2024-06-14.
- ↑ "A necesidade de atopar". web.archive.org. 2018-01-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 2024-06-14.
- ↑ "Esfumado. A misteriosa desaparición de Mustafa Ouda — novela palestina". Historiable. 2022-09-20. Consultado o 2024-06-14.
- ↑ "Cantares para Rosalía" (PDF). rosaliadecastro.org.