Blood, Sweat & Tears
Blood, Sweat & Tears | |
---|---|
![]() A banda en 1972 | |
Orixe | Nova York, ![]() |
Período | 1967 - 1981 1984 - presente |
Xénero(s) | jazz rock, pop rock, R&B, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, ABC, Rhino, Sony, Mobile Fidelity, Wounded Bird |
Membros | Brad Mason Ravi Best Keith Paluso Adam Klipple Dylan Elise Ken Gioffre Ric Fierabracci Nir Felder Ozzie Melendez |
Na rede | |
bloodsweatandtears.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Blood, Sweat & Tears (tamén coñecida como BS&T) é unha banda estadounidense de jazz rock fundada en Nova York en 1967 que destacou por unha combinación de metais con instrumentación rock. Ademais de tocar cancións orixinais, o grupo tamén ten interpretado temas populares de Laura Nyro, James Taylor, Carole King, The Band, The Rolling Stones, Billie Holiday e moitos outros. O grupo tamén adaptou música de Erik Satie, Thelonious Monk e Sergei Prokofiev nos seus arranxos.
BS&T pasou por numerosas iteracións con persoal variado e abarcou unha ampla gama de estilos musicais. O seu son fusiona rock, pop e R&B/Soul con big band, engadindo tamén ideas da música clásica e o jazz.
O grupo inspirouse no "brass-rock" de The Buckinghams e o seu produtor, James William Guercio, así como na orquestra de Maynard Ferguson.[1] O éxito de BS&T foi paralelo ao de conxuntos configurados de xeito semellante, como Chicago e Electric Flag, pero a mediados da década dos 70, a popularidade do grupo xa disminuíra.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Child Is Father to the Man | 1968 | Columbia Records |
Blood, Sweat & Tears | 1968 | Columbia Records |
Blood, Sweat & Tears 3 | 1970 | Columbia Records |
B, S & T 4 | 1971 | Columbia Records |
New Blood | 1972 | Columbia Records |
No Sweat | 1973 | Columbia Records |
Mirror Image | 1974 | Columbia Records |
New City | 1975 | Columbia Records |
More Than Ever | 1976 | Columbia Records |
Brand New Day | 1977 | ABC Records |
Nuclear Blues | 1980 | LAX/MCA Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kooper, Al (2008). Backstage passes & backstabbing bastards : memoirs of a rock 'n' roll survivor (Updated ed ed.). New York: Backbeat Books. ISBN 0-87930-922-9. OCLC 177016375.
- ↑ Eder, Bruce (2007). "Blood, Sweat & Tears". VH1.