Bloque Nacionalista Rural
Bloque Nacionalista Rural | |
---|---|
Ideoloxía | Nacionalismo canario |
Data de fundación | 1998 |
Sede | Gáldar |
País | España |
Na rede | |
http://www.bloquenacionalistarural.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Bloque Nacionalista Rural (BNR) é un partido político de Gran Canaria (Illas Canarias), fundado en 1998.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais celebradas o 25 de maio de 2003 obtivo cinco concelleiros no municipio de Gáldar. Formou grupo de goberno xunto á coalición electoral formada por Unión Progresista de Gáldar e o Partido Popular. Porén, no outubro de 2004 rompeu ese pacto de goberno por diversos motivos que culminaron coa marcha de José Juan Rodríguez (até daquela do BNR) á coalición electoral PP-UPG. A partir dese momento, o BNR quedou na oposición con catro concelleiros até o 2007.
Nas eleccións municipais de 2007 presentouse xunto a Nueva Canarias obtendo sete concelleiros.
Actualmente BNR-NC goberna no Concello de Gáldar canda o Partido Socialista (PSOE).