Saltar ao contido

Boeing 737 MAX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Boeing 737 MAX 8»)
Boeing 737 MAX
Tipoavión de pasaxeiros de fuselaxe estreita
FabricanteBoeing
Primeiro voo29 de xaneiro de 2016
Introducidomaio de 2017 (con Malindo Air)
Estadoen desenvolvemento
Produción2014 - presente
Unidades construídas686 (en xaneiro de 2022)

O Boeing 737 MAX é un avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita desenvolvido por Boeing Commercial Airplanes como sucesor da serie Boeing 737 Next Generation. O 737 MAX é a cuarta xeración da familia 737, sendo o principal cambio o uso de máis grandes e eficientes motores CFM International LEAP-1B, winglets de tipo split-tip, e modificacións da fuselaxe. A nova serie anunciouse o 30 de agosto de 2011. Realizou o seu voo de estrea o 29 de xaneiro de 2016[1] e foi certificado pola Administración Federal de Aviación estadounidense (FAA) en marzo de 2017. A primeira entrega foi dun MAX 8 en maio de 2017 a Malindo Air, que comezou a operar o 22 de maio.[2]

A serie 737 MAX ofrécese en catro variantes, que van dos 138 aos 204 asentos nunha configuración típica de dúas clases[3] e cuns alcances entre os 6 110 e os 7 130 km. As versións son os 737 MAX 7, MAX 8 (incluído o máis denso MAX 200 de 200 asentos), e MAX 9, que substituirán aos 737-700, -800, e -900 respectivamente, e o máis alongado 737 MAX 10. En novembro de 2020 o Boeing 737 MAX tiña 3 290 pedidos.[4]

O 737 MAX sufriu un fallo recorrente no Sistema de Aumento de Características de Manobra (MCAS) causando dous accidentes fatais, o Voo 610 de Lion Air e o Voo 302 de Ethiopian Airlines, nos cales morreron 346 persoas.[5] Tras os accidentes toda a frota quedou en terra entre marzo de 2019 e novembro de 2020. As investigacións culparon ao encubrimento dun defecto coñecido por parte de Boeing, e a fallos na certificación por parte da FAA.[6][7] Tras ser acusada de fraude, Boeing tivo que pagar máis de 2 500 millóns de dólares en sancións e indemnizacións. Boeing fabricou máis de 450 MAX que agardaban ser entregados. A metade deles agardaba entregalos en 2021, e a meirande parte do resto en 2022. O 18 de novembro de 2020 a FAA aprobou que o MAX regresara ao servizo, tras unha serie de cambios obrigatorios no deseño e no adestramento de tripulacións. Transport Canada e a Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) certificaron o MAX a finais de xaneiro de 2021, suxeito a requisitos adicionais. A Administración de Aviación Civil da China (CAAC) fixo o mesmo a principios de decembro, cando máis de 180 países permitiran o regreso ao servizo do avión.

En xaneiro de 2024 a FAA ordenou inspeccións dos 737 MAX 9 cunha configuración semellante ao do voo 1282 de Alaska Airlines, que perdeu en voo o panel que cubriu unha saída de emerxencia sen usar causando unha descompresión descontrolada do avión.

Variantes

[editar | editar a fonte]

Os 737-700, -800 e -900ER, as versións máis estendidas do anterior 737NG,[8] son sucedidos polos 737 MAX 7, MAX 8 e MAX 9, respectivamente[9] (as designacións do certificado de tipo da FAA e de comercialización dende 2020 son 737-7, -8, e -9). O 737 MAX 8 entrou en servizo en maio de 2017,[2] o MAX 9 en marzo de 2018, e o MAX 200 (unha versión de alta densidade do MAX 8) comezou a operar en xuño de 2021. Agárdase que as entregas do MAX 7 e do MAX 10 comecen en 2024, tras anos de atrasos.[10]

En febreiro de 2018, Boeing preveu que o 60-65% da demanda do avión sería para a variante 737 MAX 8, o 20-25% para o MAX 9 e MAX 10 e o 10% para o MAX 7.[11]

737 MAX 7

[editar | editar a fonte]
737 MAX 7 no Farnborough Airshow de 2018

Baseado orixinalmente no 737-700, Boeing anunciou o redeseño do MAX 7, derivado do MAX 8, no Farnborough Air Show de xullo de 2016, acomodando dúas filas máis de asentos que o 737-700 de 138 prazas, aumentando a capacidade en 12 pasaxeiros.[12][13] O redeseño usa a á e o tren de aterraxe do 737-8; un par de saídas sobre as ás en vez da configuración dunha única porta; unha fuselaxe case 2 metros máis longa; recalibración e reforzo estrutural; e modificacións de sistemas e interiores para acomodar a maior lonxitude.[14] Pode alcanzar 1 900 km máis que o -700 cun 18% menos de consumo de combustible por asento. Boeing estima que o MAX 7 pode levar 12 pasaxeiros máis a 740 km máis lonxe que o A319neo cun 7% menos de custos operativos por asento. En 2016 Boeing planeou mellorar o seu alcance dos 7 130 km aos 7 251 km tras 2021.[15]

A produción do primeiro longueiro de á de 20 m para o 737-7 comezou en outubro de 2017.[16] A montaxe do primeiro avión de probas iniciouse o 22 de novembro dese mesmo ano,[17] e presentouse o 5 de febreiro de 2018.[18] O MAX 7 realizou o seu voo de estrea o 16 de marzo na fábrica de Renton, Washington, e voou durante tres horas sobre o estado de Washington.[19] Nese primeiro voo acadou unha velocidade de 460 km/h e unha altura de 7 600 m, realizou unha aproximación baixa, probas de sistemas e un reinicio de motor en voo, e aterrou no centro de probas de voo de Boeing en Moses Lake, Washington.[20]

A entrada en servizo co seu cliente de lanzamento, Southwest Airlines, agardábase para xaneiro de 2019.[16] WestJet tamén converteu os seus pedidos de MAX 7, que orixinalmente ían ser entregados en 2019, en MAX 8 e aínda non recibira ningún MAX 7 en febreiro de 2022. Porén, Southwest fixo un pedido por 100 MAX 7 máis o 29 de marzo de 2021,[21] e exerceu as súas opcións para 34 o 8 de xuño do mesmo ano,[22] chegando o seu pedido total a 234. O pedido de WestJet quedou nos 22 avións.[23] En xullo de 2022 Southwest anunciou que no agardaba recibir ningún MAX 7 ata 2023 debido aos atrasos de certificación en curso e que, no seu lugar, recibiría a entrega de avións MAX 8 mentres tanto.[24] Ese mesmo novembro Boeing anunciou que agardaba certificar o MAX 7 a principios de 2023. En outubro de 2023 anticipáronse as primeiras entregas para principios de 2024. Southwest Airlines dixo en novembro dese ano que agardaba comezar a voar o avión en novembro de 2024.[25]

737 MAX 8

[editar | editar a fonte]
Boeing 737-8 MAX de Smartwings aterrando en Santiago

É a primeira variante desenvolvida da serie 737 MAX que substitúe ao 737-800 e ten unha fuselaxe máis longa que o -700/MAX 7. En 2016 Boeing planeou mellorar a oseu alcance dos 6 510 km ata os 6 690 km despois de 2021. O 23 de xullo de 2013 Boeing completou a configuración do 737 MAX 8.[26] O MAX 8 ten un menor peso en baleiro e máis peso máximo de engalaxe que o A320neo.

O Boeing 737 MAX 8 completou o seu primeiro voo internacional de probas na Paz, Bolivia. No aeroporto internacional de El Alto, a 13 300 pés de altura, probou as capacidades do MAX para engalar e aterrar a grande altitude.[27] O seu primeiro voo comercial foi operado por Malindo Air o 22 de maio de 2017, entre Kuala Lumpur e Singapur.[2]

737 MAX 200
[editar | editar a fonte]
737 MAX 8-200 de Malta Air en Arlanda coas dúas saídas extra tras as ás

En setembro de 2014, Boeing lanzou unha versión de alta densidade do 737 MAX 8, o 737 MAX 200, chamado así por levar ata 200 pasaxeiros nunha única clase de alta densidade con asentos slimline; o avión precisa de dúas portas de saída extra pola maior capacidade de pasaxeiros. Boeing di que esta versión será un 20% máis eficiente por asento que os actuais modelos de 737, e será o avión de fuselaxe estreita máis eficiente do mercado, cun 5% menos de custos operativos que o 737 MAX 8.[28][29] Tres dos oitos carros da cociña retiráronse para acomodar a máis pasaxeiros.[30] En decembro de 2014 Ryanair realizou un pedido de 100 avións[31] aos que designou como 737-8200.[32]

A mediados de novembro de 2018 presentouse o primeiro aparello pedido por Ryanair, cunha configuración de 197 asentos.[33] O avión voou por primeira vez dende Renton o 19 de xaneiro de 2019 [34] e tiña que entrar en servizo no mes de abril, pero a certificación e a entrega dos avións atrasouse por mor da decisión de deixar en terra á frota de MAX. En novembro de 2019 Ryanair informou aos seus pilotos que, debido a un problema non especificado co deseño das portas de saída adicionais, a aeroliña non recibiría máis MAX 200 ata finais de abril ou principios de maio de 2020.[35] En 2020, no momento álxido da crise das viaxes polo COVID, Ryanair renegociou o seu pedido e comprou 75 avións MAX 8-200 adicionais a un terzo do prezo de venda.[36]

A variante de alta densidade foi certificada pola FAA o 31 de marzo de 2021.[37] Ryanair recibiu o seu primeiro MAX 8-200 en xuño de 2021.[38] Ademais de Ryanair, outros clientes do modelo son International Airlines Group e as compañías aéreas de baixo custo Akasa Air da India, Allegiant Air dos Estados Unidos, Arajet da República Dominicana e VietJet de Vietnam.[4]

Proposta 737-8ERX

[editar | editar a fonte]

Boeing mostroulle a algunhas aeroliñas un 737-8ERX concept based on the 737 MAX 8 cun maior ´peso máximo de engalaxe de 88,3 t e un maior alcance de ata 7 400 km, usando as ás, o tren de aterraxe e a sección central do MAX 9. O alcance deste avión estaría próximo ao do Airbus A321LR, aínda que cunha menor capacidade de pasaxeiros.[39]

737 MAX 9

[editar | editar a fonte]
Primeiro voo do 737-9 MAX

Substituto para o 737-900/-900ER; ten unha fuselaxe máis longa que o -800/MAX 8. En 2016, Boeing planeou mellorar o seu alcance de 6 500 km a 6,676 km despois de 2021.[40] Lion Air foi o cliente de lanzamento cun pedido de 201 avións en febreiro de 2012. Foi mostrado por vez primeira o 7 de marzo de 2017 e realizou o primeiro voo o 13 de abril dese mesmo ano, engalando do aeroporto municipal de Renton e aterrando no Boeing Field tras 2 horas e 42 minutos de voo.[41] O modelo foi presentado no Paris Air Show de 2017.[42]

As probas de voo do Boeing 737-9 programáronse para ser realizadas ao longo de 2017, repetindo o 30% das probas do -8; o avión 1D001 usouse para probas de auto-aterraxe, aviónica, aleteo, e principalmente estabilidade e control, mentres que o 1D002 usouse para probar o sistema de control ambiental.[43] Foi certificado en febreiro de 2018 e o Lion Air Group recibiu o primeiro exemplar o 21 de marzo dese ano, antes de entrar en servizo con Thai Lion Air.[44]

737 MAX 10

[editar | editar a fonte]
MAX 10 na súa presentación

Clientes leais, como Korean Air e United Airlines, meteron presión a Boeing para que competise co Airbus A321neo e desenvolvese así unha variante máis grande que a MAX 9, da que a construtora revelou estudos a principios de 2016.[45] Como o Airbus A321neo vendera cinco veces máis que o MAX 9, o MAX 10 proposto incluía un motor máis grande, ás máis fortes e un tren de aterraxe telescópico a mediados de 2016.[46] En setembro dese ano informouse de que a variante sería máis sinxela e de menor risco, cun modesto alongamento de 1,83-2,13 m para conseguir unha lonxitude de 43,6-43,9 m), sentando a 12-18 pasaxeiros máis ata chegar aos 192-198 nunha configuración de dúas clases ou 226-232 en clase única, necesitando un LEAP-1B superior de 31 000 libras (140 kN) de forza que podería estar dispoñible para 2019 ou 2020, e probablemente requiriría unha modificación do tren de aterraxe para mover o punto de rotación lixeiramente cara atrás.[47]

En outubro de 2016 o consello de administración de Boeing concedeu a autoridade para ofrecer a variante alongada con dúas seccións adicionais de fuselaxe cara adiante e cara a popa cun alcance de 5 700 km, reducindo nuns 400 km o alcance do MAX 9. A principios de 2017 Boeing amosou un modelo alongado de 44 m, con capacidade para 230 pasaxeiros nunha única clase ou 189 en dúas clases. O modesto alongamento do MAX 10 permite que o avión conserve a á existente e o motor Leap 1B do MAX 9, cun tren de aterraxe principal de enlace posterior como único cambio importante.[48] O vicepresidente e director xeral do Boeing 737 MAX Keith Leverkuhn dixo que o deseño tivo que conxelarse en 2018, para unha introdución en 2020.[45]

Boeing espera que operadores de 737 e os clientes de 737 MAX como United Airlines, Delta Air Lines, Alaska Airlines, Air Canada, Lion Air e compañías aéreas chinesas estean interesados ​​na nova variante.[49] Boeing prevé un custo de viaxe e de asento un 5% máis baixo en comparación co A321neo.[50] Air Lease Corporation quéreo un ano antes; o seu CEO John Pleuger afirmou: "Sería mellor conseguir o primeiro avión en marzo de 2019, pero non creo que sexa posible".[51] O CEO de AerCap, Aengus Kelly, é cauteloso e dixo que os -9 e -10 "canibalizaranse mutuamente".[45]

O 737 MAX 10 lanzouse o 19 de xuño de 2017 con 240 pedidos e compromisos de máis de 10 clientes. United Airlines será o maior clinete desta versión, tras converter 100 dos seus 161 MAX 9 pedidos en MAX 10. Boeing rematou o Paris Air Show de 2017 con 361 pedidos e compromisos, incluíndo 214 conversións, de 16 clientes,[52] incluíndo 50 pedidos de Lion Air.[53]

A configuración da variante confirmouse en febreiro de 2018[54] e a mediados dese ano completouse a revisión crítica do deseño. No mes de agosto xa estaba en marcha a montaxe do primeiro aparello, cun primeiro voo previsto para finais de 2019.

O 22 de novembro de 2019, Boeing presentou o primeiro MAX 10 aos empregados da súa fábrica de Renton, Washington, tendo programado o seu primeiro voo en 2020.[55] Nese momento, estaban pedidos 531 MAX 10, fronte aos 3 142 Airbus A321neos vendidos, capaces de transportar 244 pasaxeiros ou de voar ata 8 700 km na súa variante A321XLR máis pesada.[56] O MAX 10 ten unha capacidade similar ao A321XLR, pero un alcance máis curto e un rendemento moito peor, o que dificulta moito o seu potencial para dar servizo a aeroportos máis pequenos en comparación co A321XLR.[57]

A principios de 2021, Boeing esperaba que as entregas do 737 MAX 10 comezaran en 2023.[58] A variante realizou o seu voo inaugural o 18 de xuño de 2021, iniciando o seu programa de probas e certificación de voo.[59]

Accidentes e incidentes

[editar | editar a fonte]

Voo 610 de Lion Air

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Voo 610 de Lion Air.
O aparello de Lion Air accidentado semanas antes do sinistro

O 29 de outubro de 2018, o voo 610 de Lion Air, un 737 MAX 8, esnafrouse no mar de Xava 13 minutos despois de engalar do aeroporto internacional Soekarno-Hatta, en Iacarta, Indonesia. O voo era un servizo doméstico regular ata o aeroporto Depati Amir, en Pangkal Pinang. Os 189 ocupantes do avión morreon no sinistro. Este foi o primeiro accidente mortal e a primeira perda dun 737 MAX. O avión fora entregado a Lion Air dous meses antes.[60][61] Persoas coñecedoras da investigación informaron que durante un voo pilotado por outra tripulación o día anterior ao accidente, o mesmo avión experimentou un mal funcionamento semellante pero un piloto adicional sentado no asento extra da cabina diagnosticou correctamente o problema e díxolle á tripulación como desactivar o mal funcionamento do sistema de control de voo MCAS.[62] O Comité Nacional de Seguridade do Transporte de Indonesia publicou o seu informe final sobre o accidente o 25 de outubro de 2019, atribuíndoo ao MCAS que empurrou ao avión cara a un picado debido a datos dun sensor de ángulo de ataque defectuoso. Tras o accidente de Lion Air, Boeing publicou unha guía de manual operativo, aconsellando ás compañías aéreas como abordar lecturas erróneas da cabina de mando.[63]

Voo 302 de Ethiopian Airlines

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Voo 302 de Ethiopian Airlines.
O avión de Ethiopian fotografado un mes antes do accidente

O 10 de marzo de 2019, o voo 302 de Ethiopian Airlines, un 737 MAX 8, estrelouse aproximadamente seis minutos despois de engalar de Adís Abeba, Etiopía,[64] nun voo regular a Nairobi, Kenya, morrendo os 149 e 8 tripulantes a bordo. O avión tiña catro meses de antigüidade nese momento.[65] Inicialmente non estaba clara a causa do accidente, aínda que a velocidade vertical da aeronave despois da engalaxe foi inestable. As probas recuperadas no lugar do accidente suxeriron que, no momento do accidente, a aeronave estaba configurada para baixar, de xeito similar ao voo 610 de Lion Air. O 4 de abril, o ministro de transportes de Etiopía, Dagmawit Moges, afirmou que a tripulación "realizou repetidamente todos os procedementos proporcionados polo fabricante pero non puido controlar a aeronave".[66]

A semellanza das probas físicas e de datos de voo dos dous accidentes levou a que a frota global de 737 MAX quedase en terra a partir do día do segundo accidente.[67]

Voo 1282 de Alaska Airlines

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Voo 1282 de Alaska Airlines.
737 MAX 9 do voo 1282 de Alaska Airlines

O 5 de xaneiro de 2024, o voo 1282 de Alaska Airlines, un 737 MAX 9, sufriu unha descompresión incontrolada pouco despois de engalar do aeroporto internacional de Portland. O MAX 9, ao igual que o 737-900ER, presenta unha porta de saída a cada lado detrás das ás que se require cando se usa con configuracións densas de asentos. En avións con configuracións menos densas esas saídas non son necesarias e no seu lugar instálanse paneis, como pasou neste avión. Mentres gañaba altitude un deses paneis saíu disparado, causando a descompresión.[68] O avión regresou a Portland sen que se producisen vítimas mortais ou feridos graves entre os 171 pasaxeiros e 6 tripulantes a bordo.

  1. The Seattle Times (ed.). "Boeing’s 737 MAX takes wing with new engines, high hopes". Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Hashim, Firdaus. "Malindo operates world's first 737 Max flight". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18. 
  3. "Boeing: 737 MAX". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-18. 
  4. 4,0 4,1 "Boeing: Commercial". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-18. 
  5. Kaplan, Thomas; Austen, Ian; Gebrekidan, Selam (2019-03-13). "Boeing Planes Are Grounded in U.S. After Days of Pressure". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-18. 
  6. "Changes to flawed Boeing 737 Max were kept from pilots, DeFazio says". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2022-02-18. 
  7. "Boeing Statement on 737 MAX Return to Service". MediaRoom. Consultado o 2022-02-18. 
  8. "Orders and Deliveries - 737 Model Summary". Boeing Commercial Airplanes. 2018-11-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 2024-01-19. 
  9. Ostrower, Jon. "Boeing designates 737 MAX family". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 
  10. "First delivery of Boeing 737 MAX 7 delayed to 2024". Reuters. Consultado o 19 de xaneiro de 2024. 
  11. Kingsley-Jones, Max. "SINGAPORE: Detailed design starts on 737 Max 10". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 
  12. "Farnborough: Boeing’s Execution on 737 MAX Sparkles as MAX 7.5 and MAX 10X Loom • Airways Magazine". web.archive.org. 2016-07-11. Archived from the original on 11 de xullo de 2016. Consultado o 2022-02-18. 
  13. Trimble, Stephen. "FARNBOROUGH: Boeing confirms 737 Max 7 redesign". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18. 
  14. Polek, Gregory. "Boeing Upscales 737 Max 7". Aviation International News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-18. 
  15. Trimble, Stephen. "Boeing plans performance upgrade for 737 Max after 2021". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18. 
  16. 16,0 16,1 Trimble, Stephen. "Boeing starts building first 737 Max 7". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18. 
  17. Trimble, Stephen. "Boeing starts assembling first Max 7". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18. 
  18. "Boeing debuts MAX 7 jet, smallest and slowest-selling of its 737 MAX family". The Seattle Times (en inglés). 2018-02-05. Consultado o 2022-02-18. 
  19. "Boeing 737 Max 7 narrowbody jetliner makes maiden flight". Reuters (en inglés). 2018-03-16. Consultado o 2022-02-18. 
  20. Trimble, Stephen. "VIDEO: Boeing launches 737 Max 7 into flight testing". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18. 
  21. Josephs, Leslie (2021-03-29). "Southwest Airlines agrees to buy 100 of Boeing's smallest 737 Max model". CNBC (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  22. Bertoletti, Mario (2021-06-08). "Southwest Airlines Orders 34 Boeing 737 MAX 7". Airways Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2021. Consultado o 2022-02-20. 
  23. "Boeing Begins 737-7 Flight Test Program". Aviation Week Network. Consultado o 2024-01-19. 
  24. "Southwest Airlines Reports Second Quarter 2022 Results". Southwest Airlines Newsroom (en inglés). 2022-07-28. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2024. Consultado o 2024-01-19. 
  25. "Southwest Airlines expects certification of Boeing's 737 MAX 7 by April, company executive says". Reuters. Consultado o 19 de xaneiro de 2024. 
  26. "Boeing Completes 737 MAX 8 Firm Configuration". MediaRoom. Consultado o 2022-02-23. 
  27. "Avión 737 MAX 8 realiza primer vuelo internacional". ALNNEWS (en castelán). 2016-05-03. Consultado o 2022-02-23. 
  28. "Boeing Launches 737 MAX 200 with Ryanair". MediaRoom. Consultado o 2022-02-23. 
  29. "Ryanair makes big order for 737 MAX jets that can carry 200 | Business & Technology". The Seattle Times. 2019-05-12. Archived from the original on 12 de maio de 2019. Consultado o 2022-02-23. 
  30. "UPDATE 5-Ryanair buys 100 Boeing 737 MAX jets, sees fare price war". Reuters (en inglés). 2014-09-08. Consultado o 2022-02-23. 
  31. Polek, Gregory. "Ryanair, Boeing Finalize Max 200 Deal". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2022-02-23. 
  32. Kaminski-Morrow, David. "'New' name for Ryanair 737 Max is not actually new". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-23. 
  33. Noëth, Bart (2018-11-19). "Ryanair's first Boeing 737 MAX 200 aircraft has rolled out of Boeing's final assembly line". Aviation24.be (en inglés). Consultado o 2024-01-18. 
  34. "First High-Capacity Boeing 737-8 Enters Flight Test". Aviation Week Network. Consultado o 2024-01-18. 
  35. Ostrower, Jon (2019-11-26). "Boeing 737 Max re-certificaton likely to slide into 2020, Ryanair model faces new design issue". The Air Current (en inglés). Consultado o 2024-01-18. 
  36. "Every setback is an opportunity for Ryanair". The Economist. ISSN 0013-0613. Consultado o 2024-01-18. 
  37. Wolfsteller, Pilar. "FAA certificates Boeing 737 Max 8-200 variant". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-01-18. 
  38. "Ryanair Takes Delivery Of 1st Boeing 737 “Gamechanger” Aircraft". Ryanair's Corporate Website. Consultado o 2024-01-18. 
  39. Hamilton, Scott (2015-03-12). "Boeing showing 737-8ERX concept in response to A321LR". Leeham News and Analysis (en inglés). Consultado o 2024-01-20. 
  40. Trimble, Stephen. "Boeing plans performance upgrade for 737 Max after 2021". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-01-18. 
  41. "Pictures: Boeing completes 737 Max 9 maiden flight". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-01-18. 
  42. "Pike: Space force should be established". Aviation Week Network. Consultado o 2024-01-18. 
  43. Goold, Ian. "Boeing Forges Ahead with Flight-test Campaigns". Aviation International News. Consultado o 2024-01-18. 
  44. "Boeing Delivers First 737 MAX 9". MediaRoom. Consultado o 2024-01-19. 
  45. 45,0 45,1 45,2 "Customers Press Boeing To Launch New Midsize Widebody Aircraft Soon". Aviation Week Network. Consultado o 2024-01-19. 
  46. Trimble, Stephen. "FARNBOROUGH: Proposed stretch of 737 Max 9 possible, but challenging". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 
  47. "Simpler 737-10X, New Midsize Airplane Both ‘Doable’". Aviation Week Network. Consultado o 2024-01-19. 
  48. "Boeing Defines Final 737 MAX Stretch Offering". Aviation Week Network. Consultado o 2024-01-20. 
  49. Ostrower, Jon (2017-01-12). "Boeing chases airlines for stretch 737". CNNMoney. Consultado o 2024-01-20. 
  50. "MAX 10X". web.archive.org. 2017-11-26. Archived from the original on 26 de novembro de 2017. Consultado o 2024-01-20. 
  51. "Boeing's Longest 737 Max Can't Debut Too Soon for One Buyer". Bloomberg.com (en inglés). 2017-03-07. Consultado o 2024-01-20. 
  52. Hamilton, Scott (2017-06-22). "Propelled by MAX 10, Boeing thumps Airbus at Paris Air Show". Leeham News and Analysis (en inglés). Consultado o 2024-01-22. 
  53. "Boeing, Lion Air Group Announce Commitment for 50 737 MAX 10s". MediaRoom. Consultado o 2024-01-22. 
  54. "Boeing 737 MAX 10 Reaches Firm Configuration". MediaRoom. Consultado o 2024-02-22. 
  55. "Boeing 737 MAX 10 Makes its Debut". MediaRoom. Consultado o 2024-03-04. 
  56. Hemmerdinger, Jon. "Muted Boeing unveils 737 Max 10". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-03-04. 
  57. Hamilton, Scott (2020-02-23). "Why the A321XLR makes sense for Alaska Airlines". Leeham News and Analysis (en inglés). Consultado o 2024-03-04. 
  58. Hemmerdinger, Jon. "Boeing delays 737 Max 10 deliveries two years, to 2023". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-03-04. 
  59. Hemmerdinger, Jon. "Boeing 737 Max 10 makes maiden flight". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-03-04. 
  60. "Lion Air: How could a brand new plane crash?" (en inglés). 2018-10-29. Consultado o 2024-01-20. 
  61. Kami, Indah Mutiara. "Breaking News: Basarnas Pastikan Pesawat Lion Air JT 610 Jatuh". detiknews (en indonesio). Consultado o 2024-01-20. 
  62. "Pilot Who Hitched a Ride Saved Lion Air 737 Day Before Deadly Crash". www.bloomberg.com. Consultado o 2024-01-20. 
  63. Jamaluddin, Helen Regan,Masrur (2018-11-07). "Boeing issues operational manual guidance to airlines following Lion Air crash". CNN (en inglés). Consultado o 2024-01-20. 
  64. "Ethiopian Airlines: 'No survivors' on crashed Boeing 737" (en inglés). 2019-03-10. Consultado o 2024-01-19. 
  65. Hilsz-Lothian, Aaron (2019-03-10). "Ethiopian Airlines Boeing 737 MAX involved in fatal crash". SamChui.com (en inglés). Consultado o 2024-01-20. 
  66. "Ethiopian Airlines crew ‘followed rules, unable to control jet’". Al Jazeera (en inglés). Consultado o 2024-01-20. 
  67. Asquith, James. "When Will the Boeing 737 MAX Fly Again? Not This Year". Forbes (en inglés). Consultado o 2024-01-20. 
  68. Petchenik, Ian (2024-01-06). "Alaska Airlines 737-9 MAX exit door plug separates in flight". Flightradar24 Blog (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.