Voo 610 de Lion Air
Voo 610 de Lion Air | |
---|---|
O 737 MAX 8 do accidente
| |
Resumo | |
Data | 29 de outubro de 2018 |
Causa | caeu no océano pouco despois de engalar |
Lugar | mar de Xava |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Soekarno-Hatta |
Destino | aeroporto Depati Amir |
Finados | 189 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737 MAX 8 |
Operador | Lion Air |
Rexistro | PK-LQP |
Pasaxeiros | 181 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 0 |
O voo 610 de Lion Air era un voo regular doméstico de pasaxeiros operado pola aeroliña indonesia Lion Air entre o aeroporto internacional Soekarno-Hatta en Iacarta e o aeroporto Depati Amir en Pangkal Pinang. O día 29 de outubro de 2018 o Boeing 737 MAX 8 que operaba a ruta esnafrouse 13 minutos despois da engalaxe.[1][2] Restos do aparello foron atopados no mar de Xava, fóra da costa de Xava.[3] As autoridades concluíron que os 189 tripulantes e pasaxeiros morreron no choque.[4]
Trátase do accidente con máis vítimas mortais dun Boeing 737, superando ao voo 812 de Air India Express ocorrido en maio de 2010.[5]
Avión
[editar | editar a fonte]A aeronave do accidente era un Boeing 737 MAX 8, con rexistro PK-LQP e número de serie do fabricante 43000, impulsado por dous motores CFM International LEAP.[6] Fora entregado novo a Lion Air o 13 de agosto de 2018 voando a Indonesia dous meses antes do accidente.[7] No momento da catástrofe o aparello tiña acumuladas unhas 800 horas de voo.[8] Trátase do primeiro accidente dun 737 MAX dende a entrada en servizo do modelo o 22 de maio de 2017.[9]
Pasaxeiros e tripulación
[editar | editar a fonte]Segundo as autoridades indonesias había 189 persoas a bordo do avión: 181 pasaxeiros (178 adultos, un neno e dous bebés), ademais de seis tripulantes de cabina e dous pilotos.[10]
Tripulación
[editar | editar a fonte]Lion Air identificou ao capitán do voo como un cidadán indio que levaba voando coa compañía durante máis de sete anos e tiña unhas 6 000 horas de experiencia;[11] e o copiloto era un indonesio cunhas 5 000 horas de voo.[3][12]
Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Entre a pasaxe atopábanse 20 empregados do Ministerio de Finanzas,[13] 10 empregados da Xunta de Auditoría de Indonesia,[14] dous auditores da Axencia de Inspección Financeira e de Desenvolvemento,[15] sete membros do Consello Representativo Popular de Bangka Belitung,[16] tres avogados públicos,[17] e tres xuíces do Tribunal Superior de Indonesia e da Corte Nacional[18] estaban entre os pasaxeiros. Había dous estranxeiros confirmados a bordo: o piloto da India e un cidadán italiano, o antigo ciclista profesional Andrea Manfredi.[4][19]
Voo e accidente
[editar | editar a fonte]O voo engalou de Iacarta o 29 de outubro de 2018 ás 6:20 a.m. hora local (28 de outubro de 2018, 23:20 UTC) e debería chegar ao aeroporto Depati Amir en Pangkal Pinang ás 7:20 a.m.[20] O avión engalou en dirección ao oeste antes de xirar e dirixirse cara ao nordés, manténdose nesa dirección ata caer no mar ao redor das 6:33 a.m. ao nordés de Iacarta e augas duns 35 metros de profundidade.[13][21] Segundo un funcionario da oficina de busca e rescate de Pangkal Pinang, a tripulación solicitara autorización para regresar ao aeroporto de Iacarta nalgún momento do voo.[22] O lugar do accidente está situado a 63 km da costa da rexencia de Karawang na illa de Xava.[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boeing Plane Goes Down With 189 People in 737 Max's First Crash". Bloomberg. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Pesawat Lion Air JT-610 Rute Jakarta-Pangkal Pinang Hilang Kontak". Kompas. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "'All dead': Lion Air flight crashes in Indonesia". The Sydney Morning Herald. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "Lion Air plane crash latest: 'No survivors' after Indonesia passenger jet crashes with 189 on board". Evening Standard. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Accidentes do Boeing 737". Aviation Safety Network. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Boeing 737 Next Gen - MSN 43000 - PK-LQP". Airfleets. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Lion Air Datangkan Pesawat Baru Boeing 737 MAX 8 ke-10". Tribun. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Officials fear all 189 people on plane that crashed in Indonesia were killed". CNN. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Indonesia: 'No survivors' after Lion Air flight crashes into sea". Al Jazeera. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Indonesia's Lion Air Flight JT-610 crashes into the sea with 189 on board, officials say". CBS News. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Indonesia plane crash: India's Bhavye Suneja was captain of Lion Air plane that crashed with 189 on board". The Times of India. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "India's Bhavye Suneja captained Lion Air plane that crashed in Indonesian seas". India Today. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ 13,0 13,1 "Lion Air crash: officials say 189 onboard lost flight JT610 – as it happened". The Guardian. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "10 Pegawai BPK Jadi Penumpang Lion Air JT 610, Ini Daftar Namanya". Detik. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "2 Auditor Andalan BPKP Jadi Korban Pesawat Lion Air yang Jatuh". Detik. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Ketinggalan Pesawat, 2 Anggota DPRD Ini Selamat dari Insiden Jatuhnya Lion Air". Okezone. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "3 Jaksa Jadi Korban Pesawat Lion Air JT 610, Ini Identitasnya". Detik. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Tiga Hakim Ada di Pesawat Lion Air yang Jatuh, MA Berduka". Detik. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Andrea Manfredi, chi era il 26enne italiano morto nell’incidente aereo in Indonesia". Corriere della Sera. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Lion Air crash: Search and rescue efforts under way for sunken plane with 189 people on board". The Straits Times. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "'All dead': Lion Air flight crashes in Indonesia". The Canberra Times. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Lion Air crash: Boeing 737 plane crashes in sea off Jakarta". BBC. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Indonesian plane crashes into the sea with more than 180 people on board". The Washington Post. Consultado o 31 de outubro de 2018.