Saltar ao contido

Boimil, Boimorto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boimil
Igrexa parroquial de San Miguel.
ConcelloBoimorto[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°00′58″N 8°07′09″O / 43.016, -8.1191
Poboación62 hab. (2018)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Boimil[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 62 habitantes (31 mulleres e 31 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 100 habitantes.

Boimil no Catastro de Ensenada (1752).
Boimil no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1846).[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo «Boimil» proviría de vila boimili, isto é, do antropónimo do seu posuidor.[3] Por outra banda, Cotarelo Valledor recolleu a seguinte etimoloxía popular sobre a orixe do topónimo:

O orixe de tales nomes está pra os veciños de Boimorto en que vindo certa vez por estas terras un ganadeiro con moita récua ('Boi-mil') desmandóuselle unha das cabezas ('Boi-ido'), que foi perseguido polos mozos hastra que o mataran ('Boi-morto') [4]

Posteriormente, Xosé María Álvarez Blázquez desenvolveu máis esta lenda:

En tempos antergos, cando aquelas terras aínda non tiñan nome, pasóu por alí un rico propietario de moito gando -mil ou máis cabezas, asegúrase-. E como quer que o pasto era bo, parouse alí de asento pra que a facenda pastara nos fartos herbales. As xentes que tal viron asombrábanse de tanta riqueza, e quedoulle ao lugar o nome de Boi-mil. Nesto acontecéu que un dos bois moscouse e botóu a fuxir. Andaba o animal un pouco arredado da manada, e aquil sitio chamóuse Boi-ido. Mandóu o amo aos mozos pastores que fosen recadalo; correron en pos del, pero non conseguiron botarlle man porque era moi bravo. Entón determinaron de darlle morte, pra aproveitar polo menos a carne e máis o pelexo. O remate da historia deu orixe ao nome do lugar: Boi-morto [5]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Século XVIII

[editar | editar a fonte]
1752[6] 1768[7] 1787[8]
Veciños Habitantes
29 136 138

Século XIX

[editar | editar a fonte]
1826[9] 1836[10] 1845[2] 1857[11] 1860[12] 1887[13] 1900[14]
Veciños 35 44 44 41 46
Habitantes 147 229 224 196 237 187 191

     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX

[editar | editar a fonte]
1910[14] 1920[14] 1930[14] 1940[14] 1950[14] 1960[14] 1970[14] 1981[14] 1986[15] 1991[14] 1999[16] 2000[17]
Habitantes 173 181 199 225 240 243 266 126 108 89 100 93

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI

[editar | editar a fonte]
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
93 91 89 85 82 80 81 82 83 81
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
79 78 68 67 67 67 62
Fonte: IGE (padrón municipal)[18]
Gráfica de evolución demográfica de Boimil entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Boimil

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Boimil no concello de Boimorto (A Coruña)

A Baiuca | A Casanova | As Casetas | A Cernadela | Cimadevila | Codesido | O Coto | Covas | O Cruceiro | Desecabo | Gárdoma | A Igrexa | As Lamas | A Lesteira | O Real | Vista Alegre

Parroquias de Boimorto

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boimorto

Andavao (San Martiño) | Os Ánxeles (Santa María) | Arceo (San Vicenzo) | Boimil (San Miguel) | Boimorto (Santiago) | Brates (San Pedro) | Buazo (Santa María) | Cardeiro (San Pedro) | Corneda (San Pedro) | Dormeá (San Cristovo) | Mercurín (San Xoán) | Rodieiros (San Simón) | Sendelle (Santa María)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. 2,0 2,1 Madoz, Pascual (1846). Boimil (San Miguel de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) IV (Madrid). p. 376. 
  3. Carreira, Sara (22.9.2017). "¿Por qué Boimorto se llama Boimorto?". La Voz de Galicia (en castelán). según Gonzalo Navaza […]: «Boimil é claramente un topónimo de posesor, alguén tiña unha casa alí [‘vila boimili’] 
  4. Armando Cotarelo: "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 48, 15 de Nadal de 1927.
  5. Celso de Baión (pseudónimo de Álvarez Blázquez): Os nomes da terra recollidos do pobo. Editorial Castrelos, 1976.
  6. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 126. ISBN 978-84-260-2716-0. 
  7. Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 71. ISBN 978-84-260-3760-2. 
  8. Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3835. ISBN 978-84-260-1970-7. 
  9. Miñano, Sebastián (1826). Boimil (San Miguel de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) II (Madrid). p. 136. 
  10. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3. 
  11. Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 247. 
  12. Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 10–11. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2019. Consultado o 13 de xaneiro de 2019. 
  13. "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. pp. 21–22. 
  14. 14,00 14,01 14,02 14,03 14,04 14,05 14,06 14,07 14,08 14,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 38. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  15. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 27. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  16. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE). 
  17. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE). 
  18. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001" (XLS) ; "2002" (XLS) ; "2003" (XLS) ; "2004" (XLS) ; "2005" (XLS) ; "2006" (XLS) ; "2007" (XLS) ; "2008" (XLS) ; "2009" (XLS) ; "2010" (XLS) ; "2011" (XLS) ; "2012" (XLS) ; "2013" (XLS) ; "2014" (XLS) ; "2015" (XLS) ; "2016" (XLS)  e "2017" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Verea Castelo, María de los Ángeles (2023). A industria cerámica en Boimorto. Ézaro Ediciones; Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial. ISBN 978-84-125759-4-1. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]