Bon Iver, Bon Iver
Bon Iver, Bon Iver | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bon Iver | ||||
Publicado | 17 de xuño de 2011 | |||
Gravación | 2008 - 2010 | |||
Duración | 39:25 | |||
Xénero(s) | Baroque pop, indie rock, folk rock, Post-rock, Soft rock e Art rock | |||
Selo(s) | Jagjaguwar, 4AD | |||
Produtor | Justin Vernon | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Bon Iver, Bon Iver é o segundo álbum da banda estadounidense de indie folk Bon Iver, publicado o 17 de xuño de 2011 a través do selo Jagjaguwar nos Estados Unidos e de 4AD en Europa. O disco está formado por 10 cancións e foi visto como unha nova dirección musical do grupo.
O álbum foi un éxito comercial, estreándose no número 1 das listas norueguesa e danesa, e no número 2 da Billboard 200 estadounidense. Vendeu 104 000 copias na súa primeira semana nos Estados Unidos. Cara setembro de 2016 o disco levaba vendidas un total de 629 000 copias nos Estados Unidos. Recibiu recensións moi positicas dos críticos, algúns dos cales o consideraron un dos mellores discos de 2011. O álbum gañou o Grammy ao mellor álbum de música alternativa en 2012, mentres que o tema "Holocene" foi nomeado ao premio de canción do ano e gravación do ano.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Justin Vernon, agás onde se indique.
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Perth" | 4:22 | |
2. | "Minnesota, WI" | 3:52 | |
3. | "Holocene" | 5:36 | |
4. | "Towers" | 3:08 | |
5. | "Michicant" | 3:45 | |
6. | "Hinnom, TX" | 2:45 | |
7. | "Wash." | 4:58 | |
8. | "Calgary" | Vernon, Matt McCaughan | 4:10 |
9. | "Lisbon, OH" | 1:33 | |
10. | "Beth/Rest" | 5:16 |
Caras b
[editar | editar a fonte]- "I Can't Make You Love Me/Nick of Time" - Cara b do sinxelo "Calgary".
- "Come Talk to Me" - Cara b do sinxelo "Holocene".
- "Bruised Orange (Chain of Sorrow)" - Cara b do sinxelo "Towers".
- "Beth/Rest (Rare Book Room)" - Cara b do sinxelo "Beth/Rest".