Bothus podas
Bothus podas Rapapelos de ollos grandes, rascón de ollos grandes | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Bothus podas (Delaroche, 1809) [1] |
Bothus podas é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos de ollos grandes ou rascón de ollos grandes.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1809 polo médico e naturalista suízo François-Étienne de La Roche, ou Delaroche, co nome de Pleuronectes podas.[1]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ao longo da historia, foi coñecida, entre outros, ademais de polo seu nome válido actualmente,polos sinónimos:[1]
- Bothus africanus Nielsen, 1961
- Bothus diaphanus Rafinesque, 1814
- Bothus podas africanus Nielsen, 1961
- Bothus podas maderiensis (Lowe, 1834)
- Bothus podas podas (Delaroche, 1809)
- Peloria heckelii Cocco, 1844
- Platophrys podas (Delaroche, 1809)
- Pleuronectes podas Delaroche, 1809
- Rhomboidichthys podas (Delaroche, 1809)
- Rhombus gesneri Risso, 1827
- Rhombus heterophthalmus Bennett, 1831
- Rhombus maderensis Lowe, 1834
- Rhombus serratus Valenciennes, 1839
- Solea rhomboide Rafinesque, 1810
Subespecies
[editar | editar a fonte]Segundo o SIIT, recoñécense dúas subespecies,[3] aínda que a maioría dos autores consideran estas como sinónimos da especie
- Bothus podas maderensis (Lowe, 1834)
- Bothus podas podas (Delaroche, 1809)
Características
[editar | editar a fonte]As principais características morfolóxicas desta especies son:[4][5]
- Corpo ovalado, deprimido, sinistro (cos dous ollos no lado esquerdo), de até 45 cm de lonxitude máxima,[6] aínda que o tamaño medio dos espécimes capturados rolda os 13 cm.[7] O peso máximo rexistrado foi de 700 g.[6]
- Os ollos dos machos son redondos, e están moi separados entre si (máis que nas femias), estando o superior máis adiantado que o inferior.
- Aleta dorsal con de 85 a 95 raios; e a anal con de 63 a 73.
- A aleta doiral, que nace á altura do ollo superior, esténdese por todo o costado do peixe até a aleta cudal.
- A aleta pectoral do ladoi cego é maí curta cá do lado pigmentado (ocular).
- As escamas no lado ocular son ctenoides (rugoas), mentres que no lado cego son cicloides (lisas).
- A coloración do lado cego e sempree branca ou abrancazada, mentres que a do lado ocular ou pigmentado varía en función do medio en que se acha, mimetiuzándose co solo atñe aparecer como invisíbel.
Diferenzas intraespecíficas
[editar | editar a fonte]- A especie presenta dimorfismo sexual: ademais da maior separacióin dos ollos nos machos, o perfil destes é máis alongado, mentres que o das femias é máis arredondado; outra diferenza é que os machos presentan unha pequena espiña no fociño.
- A subespecie da costa do Mediterráneo e de África, B. p. podas ten de 75 a 86 escamas na liña lateral, con de 13 a 20 escamas na parte curva desta; a subespecie de Madeira e das Canarias. B. p. maderensis, pola contra, ten de 88 a 91 escamas na liña lateral, das que de 20 a 21 están na parte curvada.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño, demersal, que vive en augas intertropicais, do Atlántico oriental e no Mediterráneo, en fondos de entre os 15 e os 400 m de profundidade,[8] entre os 45° N e os 15° S, e entre os 26° W e os 36° E,[4] e a súa área de distribución comprende as augas costeiras desde Portugal até Angola, incluíndo os arquipélagos de Madeira e das Canarias, e as do mar Mediterráneo.[5][9]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]A especie vive en augas pouco profundaa sobre fondos areosos e lamacentos da plataforma continental.[9][10]
Aliméntase de invertebrados e peixes bentónicos.[9][10]
A reprodución ocorre entre os meses de maio e agosto.[9]
Os individuos xuvenís adáptanse ben en acuarios, pero requiren suficientes zonas de fondos adecuados.[9]
Pesca
[editar | editar a fonte]Bothus podas é unha especie comestíbel, e péscase nas zonas do Atlántico nordeste, centro-leste e sueste, e no mar Mediterráneo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Bothus podas (Delaroche, 1809) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.
- ↑ Bothus podas no SIIT.
- ↑ 4,0 4,1 Bothus podas (Delaroche, 1809) en FishBase.
- ↑ 5,0 5,1 Bothus podas en DORIS.
- ↑ 6,0 6,1 Ly, B., M. Diop et M. Girardin (1996): Guide et nomenclature nationale commerciale des especes marines (poissons, crustaces et mollusques) pechees en Mauritanie. Nouakchot: Centre National de Recherches Oceanographiques et des Peches, Ministere des Peches et de l'Economie Maritime.
- ↑ Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux". En: W. Fischer, M.L. Bauchot and M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Roma: Commission des Communautés Européennes and FAO, pp. 891-1421.
- ↑ Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. No. 16.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Göthel, H. (1992): Fauna marina del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- ↑ 10,0 10,1 Maigret, J. et B. Ly (1986): Les poissons de mer de Mauritanie. Science Nat., Compiègne.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bothus podas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aldebert, Y.; M. Desoutter and J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Vol. 2. pp. 1027–1036. JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bothus podas en ADW.
- Bothus podas en DORIS. Ampla información, imaxes e mapas de distribución (en francés)
- Bothus podas en INPN.
- Bothus podas no NCBI.