Saltar ao contido

Bowery Electric

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bowery Electric
OrixeNova York,
Período1993 - 2000
Xénero(s)shoegazing, trip hop, post-rock
Selo(s) discográfico(s)Beggars Banquet Records, Happy Go Lucky, Hi-Fidelity Recordings, Kranky
MembrosLawrence Chandler
Martha Schwendener
Antigos membrosJon Dale
Michael Johngren
Wayne Magruder
Na rede
Facebook: boweryelectricofficial Twitter: bowery_electric Instagram: boweryelectricmusic Bandcamp: boweryelectricSouncloud: boweryelectricofficial Spotify: 6a27jEzxHDgONdmADAGcej Last fm: Bowery+Electric Musicbrainz: 89cbe6ac-80af-421b-9276-cf373a1480c3 Songkick: 150704 Discogs: 3800 Allmusic: mn0000093859 Editar o valor en Wikidata

Bowery Electric foi unha banda estadounidense de post-rock formada por Lawrence Chandler e Martha Schwendener no ano 1993.

Formada por Lawrence Chandler e Martha Schwendener a finais de 1993, Bowery Electric realizou o seu primeiro concerto en Nova York en xaneiro de 1994. O primeiro lanzamento da banda foi un dobre sinxelo de 7" gravado por Kramer e editado por Hi-Fidelity Recordings en 1994. Tras escoitalo o selo Kranky contactou co grupo.

O seu álbum de estrea, Bowery Electric, foi gravado por Michael Deming no Studio .45 en Hartford, Connecticut, e editado por Kranky en 1995. Andrew Earle incluíu o disco no seu libro de 2014 Gimme Indie Rock: 500 Essential American Underground Rock Albums 1981-1996.[1] En 2016 Pitchfork nomeouno o 35º mellor álbum de shoegaze da historia.[2]

En 1996 a banda publicou o álbum Beat que incluía o sinxelo "Fear of Flying".[3] En 2016 Beat foi reeditado por Kranky en vinilo polo seu 20 aniversario.[4]

Vertigo, un álbum de remesturas de temas de Beat, foi editado en 1997. Vertigo contaba con distintos artistas como Third Eye Foundation, Robert Hampson, Witchman e outros.[5]

No ano 2000 a banda lanzou o álbum Lushlife, que fora gravado en Electric Sound. O disco chegou ao número 14 da lista Top 200 [6] e ao 11 da lista Core Radio de CMJ.[7] Dende entón o grupo non volveu a editar máis música nin a actuar como Bowery Electric.[8]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Bowery Electric 1995 Kranky
Beat 1996 Beggars Banquet Records
Lushlife 2000 Beggars Banquet Records
  1. Earles, Andrew (2014). Gimme indie rock : 500 essential American underground rock albums 1981-1996. Minneapolis. p. 47. ISBN 978-0-7603-4648-8. OCLC 868039493. 
  2. "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time - Page 2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-27. 
  3. "Bowery Electric rewired shoegaze to trip-hop to create a huge ’90s sound". The A.V. Club (en inglés). 2014-05-15. Consultado o 2023-02-27. 
  4. "Kranky - for our final release of 2016, we will be releasing Bowery Electric's landmark album 'Beat' on vinyl for the first time on the 20th anniversary of its original release [11/11/96]". www.facebook.com. Consultado o 2023-02-27. 
  5. "Bowery Electric - Vertigo Album Reviews, Songs & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-02-27. 
  6. "CMJ Top 200". CMJ New Music Report. 62 (661): 13. 10 de abril de 2000.
  7. "Core Radio". CMJ New Music Report. 62 (659): 18. 27 de marzo de 2000.
  8. "BOWERY ELECTRIC - history". www.brainwashed.com. Consultado o 2023-02-28.