Box of Secrets
Box of Secrets | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Blood Red Shoes | ||||
Publicado | 14 de abril de 2008 | |||
Gravación | 2007 | |||
Duración | 41:38 | |||
Xénero(s) | indie rock, post-punk revival | |||
Selo(s) | Mercury Records | |||
Produtor | Mike Crossey, Blood Red Shoes | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Box of Secrets é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Blood Red Shoes, publicado o 14 de abril de 2008 a través do selo Mercury Records. O disco foi filtrado a Internet no mes de novembro de 2007.
Varios dos temas foron lanzados anteriormente como sinxelos en edición limitada, incluído "I Wish I Was Someone Better", "ADHD", "It's Getting Boring By the Sea" e "You Bring Me Down". O último deles foi regravado e reeditado antes do lanzamento do álbum. "Try Harder" foi unha cara b do lanzamento orixinal do sinxelo "You Bring Me Down". Todos os sinxelos apareceron como versións regravadas en Box of Secrets, coa excepción de "I Wish I Was Someone Better". O sinxelo "Say Something, Say Anything" foi publicado o 7 de abril de 2008 para coincidir co lanzamento do álbum.
A canción título non aparece no álbum. "Box of Secrets" foi unha cara b do sinxelo "It's Getting Boring by the Sea" e tamén aparece no recompilatorio I'll Be Your Eyes. O título procede dunha frase entre os dous membros para describir cousas que poden dicirse entre eles, pero non a outros.[1]
A canción de peche, "Hope You're Holding Up", é o primeiro tema de Blood Red Shoes en contar con outra persoa que non fose membro do grupo, neste caso con Harriet de Los Campesinos! tocando o violín.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Blood Red Shoes.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Doesn't Matter Much" | 3:25 |
2. | "You Bring Me Down" | 3:42 |
3. | "Try Harder" | 3:50 |
4. | "Say Something, Say Anything" | 3:12 |
5. | "I Wish I Was Someone Better" | 3:48 |
6. | "Take the Weight" | 4:38 |
7. | "A.D.H.D" | 3:17 |
8. | "This Is Not for You" | 4:32 |
9. | "It's Getting Boring by the Sea" | 2:56 |
10. | "Forgive Nothing" | 3:10 |
11. | "Hope You're Holding Up" | 5:12 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "this is our blood red shoes site : About". web.archive.org. 2008-04-11. Archived from the original on 11 de abril de 2008. Consultado o 2019-11-02.