Bradypus pygmaeus
Bradypus pygmaeus Pregiceiro pigmeo | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Bradypus pygmaeus Anderson & Handley 2001 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Bradypus pygmaeus:
só no centro do cadro |
Bradypus pygmaeus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos e bioloxía dos bradipódidos pertencente ao seu único xénero, Bradypus.[2]
É un pequeno preguiceiro de tres dedos descuberto recentemente, endémico da pequena illa de Escudo de Veraguas, no arquipélago de Bocas del Toro no Caribe panameño, non encontrándose en ningún outro lugar do planeta.[2] A illa Escudo de Veraguas ten unha superficie de aproximadamente 4,3 km², e dista uns 17,6 km do Panamá continental.[1].
Como os seus nomes (científico e vulgar) indican, é un anano no seu xénero. Mide un 20 % menos e pesa un 40 % menos que os outros preguiceiros de tres dedos. É un exemplo vivente do fenómeno coñecido como ananismo insular.[3] Os preguiceiros das illas menores do arquipélago de Bocas del Toro son conespecíficos con Bradypus variegatus.[1]
Está adaptado aos mangleiros que rodean a illa, o único lugar onde se viu. O número detes animais está diminuíndo drasticamente, principalmente debido á caza furtiva e, cunha poboación inicial xa non moi grande, o seu futuro aparece escuro, estando en perigo crítico de extinción.[1]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características do preguiceiro de tres dedos pigmeo son:[4][5]
- É parecido a Bradypus variegatus pero moito máis pequeno. A súa lonxitude total oscila entre os 48,5 e os 53 cm. A lonxitude da cola, entre os 4,5 e os 6 cm. E o peso varía entre os 2,5 e os 3,5 kg.
- O cranio é pequeno en comparación con outras especies estreitamente relacionadas, carece de buratos na nasofarinxe anterodorsal e non ten seos pterigoideos. O arco zigomático é incompleto. O meato auditivo externo é grande.
- Presenta na cara círculos escuros que rodean o ollo e que e estenden até as tempas. O resto da face está coloreado dun laranxa arxila. A pelaxe na cabeza e os ombros é longa e mesta, o que a distingue da facial, máis curta, co que parece que estes preguiceiros tivesen unha capucha. A garganta é de cor gris apardazada e o dorso está manchado e presenta unha banda escura saxital.
- Ten un total de 18 dentes, 10 no maxilar superior, que consta de 2 dentes anteriores en forma de cicel e 8 dentes molariformes. No maxilar inferior hai 8 dientes: 2 dentes molariformes en forma de cicel e 6 anteriores.
- Como noutros preguiceiros, a regulación da temperatura corporal adoita ser imperfecta, polo que son heterotérmicos.
Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 2001 polos zoólogos Robert P. Anderson e Charles O. Handley.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Voirin, B.; Smith, D.; Chiarello, A. & Moraes-Barros, N., asesores (2014): Bradypus pygmaeus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 18-01-2016.
- ↑ 2,0 2,1 Bradypus pygmaeus en MSW.
- ↑ Anderson, R. P. & Handley, C. O., Jr. (2002): "Dwarfism in insular sloths: biogeography, selection, and evolutionary rate". Evolution 56 (5): 1045–1058. Resume.
- ↑ Bradypus pygmaeus na ADW.
- ↑ Bradypus pygmaeus Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en ARKive.
- ↑ Anderson & Handley (2001): "A new species of three-toed sloth (Mammalia: Xenarthra) from Panama, with a review of the genus Bradypus". Proceedings of the Biological Society of Washington, 114 (1): 1-33.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gardner, A. L. (2005): "Bradypus pygmaeus". En Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, p. 100.
- Hayssen, V. (2008): "Bradypus pygmaeus (Pilosa: Bradypodidae)". Mammalian Species 812: 1–4. Resumo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bradypus pygmaeus na ADW (en inglés)
- Bradypus pygmaeus na EOL.
- Bradypus pygmaeus en ARKive (en inglés)