Branca de Évreux
Nome orixinal | (fr) Blanche de Navarre |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1331 (Gregoriano) |
Morte | 5 de outubro de 1398 (Gregoriano) (66/67 anos) Neaufles-Saint-Martin Castle, Francia (en) |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Relixión | Cristianismo |
Outro | |
Título | Queen dowager of France (en) (1350–) Raíña consorte (1350–1350) |
Familia | Casa de Évreux |
Cónxuxe | Filipe VI de Francia (1350 (Gregoriano)–1350 (Gregoriano)) |
Fillos | Joan of Valois |
Pais | Filipe III de Navarra e Xoana II de Navarra |
Irmáns | Philip, Count of Longueville Carlos II de Navarra Lois de Navarra María de Navarra Agnés de Navarra Jeanne de Navarre Jeanne de Navarre |
Branca de Évreux, nada en 1331 ou 1333 e finada en 1398, foi princesa de Navarra e raíña consorte de Francia (1349 - 1350).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Filla dos reis Filipe III de Évreux e Xoana II de Navarra, era neta paterna do príncipe Lois de Évreux e Margarida de Artois, e por liña materna de Lois X de Francia e Margarida de Borgoña. Era irmá do rei Carlos II de Navarra.
Destino
[editar | editar a fonte]En virtude dos pactos polos que a súa nai conseguiu ser recoñecida raíña de Navarra, foi prometida con Xoán II. Pero a morte de Xoana de Borgoña, a primeira esposa de Filipe IV de Francia, fixo que este casase con Branca o 29 de xaneiro de 1349 en Brie-Comte-Robert, preto de París.
Este matrimonio durou moi pouco, un ano, xa que no momento do seu casamento o rei francés xa tiña 56 anos.
Foi nomeada 17a Gran Mestra da Organización Secreta, Priorato de Sión. Interesouse pola alquimia e promoveu a Nicolas Flamel, o seguinte Gran Mestre da Loxa.
Branca rexeitou un novo matrimonio co rei Afonso XI de Castela e morreu o 5 de outubro de 1398 no castelo de Neaufles e foi enterrada na catedral de Saint-Denis da capital francesa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Branca de Évreux |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Buettner, Brigitte (1 abril 2004). "Le système des objets dans le testament de Blanche de Navarre". Clio (en francés) (núm. 19): pp. 37–62. doi:10.4000/clio.644. Consultado o 15 de agosto de 2013.