Saltar ao contido

Filipe III de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilipe III de Navarra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Philippe III d'Évreux
(es) Felipe III de Evreux Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1306 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 1343 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Xerez da Fronteira, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate (Cerco de Algeciras (1342–44) (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santa María da Asunción de Pamplona Editar o valor en Wikidata
Rei de Navarra (Iure uxoris)
5 de marzo de 1329 – 16 de setembro de 1343
← Carlos IV de FranciaCarlos II de Navarra →
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCount of Evreux (en) Traducir (1319–1343) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Évreux Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXoana II de Navarra (1329 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosJeanne de Navarre, María de Navarra, Branca de Évreux, Carlos II de Navarra, Philip, Count of Longueville, Lois de Navarra, Agnés de Navarra, Jeanne de Navarre Editar o valor en Wikidata
PaisLois de Évreux Editar o valor en Wikidata  e Margarida de Artois Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharles d'Évreux
Xoana de Évreux
Marie d'Évreux
Marguerite d'Évreux Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Évreux-56 Find a Grave: 92178004 Editar o valor en Wikidata

Filipe III de Navarra, tamén coñecido como Filipe de Évreux ou Filipe o Nobre, nado o 27 de marzo de 1306 e finado en Jerez de la Frontera o 16 de setembro de 1343, conde de Évreux e de Longueville, e rei de Navarra (por jure uxoris).[1]

Foi o terceiro vástago e segundo varón de Lois de Évreux e de Margarida de Artois. A través do seu pai era descendente do rei San Lois de Francia e, a través da súa nai, de Lois VIII de Francia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1319, a morte de seu pai converteu o seu irmán máis vello, Carlos, en herdeiro do Condado de Etampes, mentres que el herdaría o de Évreux, en Normandía. No ano anterior, con data 18 de xuño, e co beneplácito do seu primo o rei Filipe V de Francia, contraeu nupcias coa orfa Xoana II de Navarra, filla de Lois X de Francia e da súa primeira esposa Margarida de Borgoña, que fora afastada da sucesión ao trono francés en virtude da lei sálica (e das sospeitas de bastardía que recaían nela), pero á cal as Cortes de Navarra si recoñeceran como herdeira.

Ao morrer en 1328 Carlos IV de Francia, tamén rei de Navarra, o novo rei Filipe VI fixo valer os dereitos de Xoana e, xunto a Filipe, foron ambos os dous coroados na catedral de Pamplona o 5 de marzo de 1329 como Xoana II e Filipe III, reis de Navarra.

As Cortes de Navarra admitiron que Filipe exercese o goberno, aínda que debería cederllo ao seu primoxénito cando cumprira os 21 anos. Pero máis interesados nos asuntos e a política francesa, sobre todo en canto ao que significase Normandía, os novos monarcas non tardaron en abandonar Pamplona, gobernando o reino por intermedio de lugartenentes franceses.

Antes de ser coroados na capital do reino pirenaico, Filipe de Évreux combateu na campaña flamenga de Filipe VI e tamén participou na batalla de Cassel. Igualmente estivo presente canda o rei francés en Amiens, cando o fillo da súa prima Isabel de Francia, Eduardo III de Inglaterra, rendeu homenaxe a Filipe VI polas súas posesións en Aquitania.

En 1331 o rei de Navarra visitou Aviñón onde, co rei de Francia, ambos os dous recibiron a cruz do papa para ir á cruzada xunto co rei de Aragón e o de Bohemia. Porén, esta cruzada nunca se realizaría.

Iniciada a guerra dos Cen Anos púxose de parte de seu primo Filipe VI de Francia, e co rei escocés (David II) e o bohemio (Xoán I) loitaron en Tournai e Cambrai.

Sendo Navarra un reino ibérico, tamén prestou atención aos problemas que ocorrían na península, e participou na Reconquista, aliado do rei Afonso XI de Castela, contra o Reino de Granada, tomando parte no asedio de Alxeciras en (1343), onde foi ferido gravemente por unha frecha que se lle cravou no pescozo, o que o obrigou a regresar ao seu reino; pero a pesar dos coidados do seu físico (médico), faleceu a finais de setembro en Jerez de la Frontera.[2]

O seu cadáver foi trasladado a Pamplona onde foi inhumado na Catedral.[2]

A súa muller Xoanana continuou reinando soa.

Descendencia

[editar | editar a fonte]
Debuxo dos sepulcros de Filipe III e Xoana II na basílica de Saint-Denis, por Roger de Gaignières.

Da unión entre Filipe e Xoana naceron:

Antepasados

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Lois VIII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. San Lois IX de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Branca de Castela
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe III de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Ramón Berenguer V da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
9. Margarida da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Beatriz de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
2. Lois de Évreux
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Henrique II de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
10. Henrique III de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
5. María de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Hugo IV de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
11. Adelaida de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Violante de Dreux
 
 
 
 
 
 
 
1. Filipe III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Roberto I de Artois
 
 
 
 
 
 
 
12. Roberto II de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Matilde de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
6. Filipe de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Pedro de Courtenay
 
 
 
 
 
 
 
13. Amicia de Courtnay
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Petronila de Joigny
 
 
 
 
 
 
 
3. Margarida de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Xoán I da Bretaña
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán II da Bretaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Branca de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
7. Branca da Bretaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Henrique III de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
15. Beatriz de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Leonor da Provenza
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Lois
Conde de Évreux
13191343
Sucesor:
Carlos II
Predecesor:
Lois
Conde de Longueville
13191343
Sucesor:
Filipe
Predecesor:
Carlos I
Rei de Navarra
(de jure uxoris)

13281343
Sucesor:
Carlos II
  1. Polo dereito da súa muller
  2. 2,0 2,1 Reis Capetos de Francia en Medieval Lands (en inglés).
  3. Surget, Marie-Laure (2008): "Mariage et pouvoir: réflexion sur le rôle de l'alliance dans les relations entre les Évreux-Navarre et les Valois au XIVe siècle (1325-1376)", Annales de Normandie, ano 58, nº 1-2, p. 34.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ramírez de Palacios, Bruno (2015): Charles dit le Mauvais: roi de Navarre, comte d'Évreux, prétendant au trône de France. 2ª ed. Editions la Hallebarde. ISBN 978-2-9540-5853-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]