Brasilino Álvarez Sobrino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1894 ![]() A Guarda, España ![]() |
Morte | 9 de decembro de 1936 ![]() Tui, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
![]() | |
15 de xuño de 1936 – 27 de xullo de 1936 (destitución) ← Manuel Noya – Francisco Moreno Álvarez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Brasilino Honorio Álvarez Sobrino, nado na Guarda o 27 de xullo de 1894 e finado en Tui o 9 de decembro de 1936, foi un político republicano galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marchou moi novo para Porto Rico, en San Xoán traballou como comerciante e afiliouse a unha loxa masónica co nome simbólico Curros Enríquez. Foi un dos fundadores da Agrupación Republicana da Guarda. Elixido concelleiro da Guarda en 1931. Foi militante de Izquierda Republicana e despois fundador e presidente do Partido Galeguista da Guarda. Foi elixido alcalde da Guarda o 15 de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República. Acusado de rebelión militar, foi fusilado na alameda de Tui.[1]
Predecesor: Manuel Noya Gil |
![]() Alcalde da Guarda 15/6/1936 - 27/7/1936 |
Sucesor: Francisco Moreno Álvarez |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha rúa no seu concello natal da Guarda leva o seu nome.