Francisco Moreno Álvarez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 A Guarda, España |
Morte | 10 de xuño de 1958 (65/66 anos) A Guarda, España |
Alcalde da Guarda | |
27 de xullo de 1936 – 15 de agosto de 1936 (dimisión) ← Brasilino Álvarez Sobrino | |
Actividade | |
Ocupación | político, armador |
Francisco Moreno Álvarez, nado na Guarda cara a 1892 e finado no mesmo concello o 10 de xuño de 1958, foi un armador e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Armador da Guarda. Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente da Unión Patriótica. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde da Guarda o 27 de xullo de 1936, permanecendo no cargo até que o 15 de agosto presentou a dimisión debido aos graves sucesos que estaban potagonizando os militares e a Escuadra del Amanecer de Falange Española de las JONS.[1] Foi Patrón Maior da Cofraría de Pescadores da Guarda. Finou na Guarda en xullo de 1958.[2]
Predecesor: Brasilino Álvarez Sobrino |
Alcalde da Guarda 1936 |
Sucesor: Nicolás Alonso Linares |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alcaldes da Guarda". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-6-1958, p. 11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Guillermo Vicente Santiago alcalde republicano de Tui en 1936 Arquivado 17 de novembro de 2016 en Wayback Machine.