Brisbane Broncos
Nome completo - | Brisbane Broncos |
Fundación - | 1988 |
Localización - | Brisbane, Australia |
Estadio - | Suncorp Stadium |
Capacidade - | 52.500 |
Presidente - | Paul White |
Adestrador - | Anthony Griffin |
Capitán - | Darren Lockyer |
Liga - | National Rugby League |
Tempada - | 2010 |
Posición - | 10º |
O Brisbane Broncos é un equipo profesional de rugby league da cidade de Brisbane, en Queensland (Australia), fundado en 1988, e que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión en 6 ocasións. A pesar da súa xuventude, trátase do equipo máis popular do seu país, por diante dos Sydney Swans da AFL.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Dende a súa fundación, os Brisbane Broncos son o equipo máis laureado da NRL, con 6 campionatos. Dende 1988 só fallou 4 veces ós playoffs polo título.
Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]- National Rugby League (6) = 1992, 1993, 1997, 1998, 2000, 2006
Títulos internacionais
[editar | editar a fonte]- World Club Challenge (2) = 1992, 1997
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Brisbane Broncos | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores do primeiro equipo | Corpo técnico | ||||||||
|
Adestrador
Asistentes do adestrador
Data: 25 de maio de 2011 |
Estrelas do pasado
[editar | editar a fonte]O equipo estivo adestrado dende 1988 ata 2008 por Wayne Bennett, un dos mellores adestradores de rugby league da historia. Os seguintes xogadores son só algunhas das estrelas deste deporte que pasaron polas ringleiras dos Brisbane Broncos:
Estadio
[editar | editar a fonte]Dende 1988 ata 1993 os Brisbane Broncos xogaron os seus encontros como locais no estadio Lang Park de Brisbane. A partir de 1993 e ata 2003 o equipo tivo como fogar o estadio QSAC. En 2003, despois da reconstrución do estadio Lang Park, os Brisbane Broncos volverón ó seu primeiro estadio, no que seguen hoxe en día.
O estadio Lang Park (chamado Suncorp Stadium por razóns de patrocinio) ten capacidade para acoller 52.500 seareiros nas bancadas. Os Queensland Reds do torneo Super Rugby tamén xogan neste estadio, de xeito que os dous equipos teñen que compartilo.
Cunha media de 36.336 persoas por encontro durante a tempada 2010, os Broncos son o equipo do mundo cunha maior asistencia de seareiros ó seu estadio en calquera modalidade de rugby (rugby union ou rugby league).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brisbane Broncos voted Australia's most popular football team, artigo de Foxsport.com.au (en inglés)