Broken Flowers
Broken Flowers | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Broken Flowers |
Director | Jim Jarmusch |
Produtor | Jon Kilik Stacey Smith |
Guión | Jim Jarmusch (Inspirado nunha idea de Bill Raden e Sara Driver) |
Intérpretes | Bill Murray Jeffrey Wright Sharon Stone Frances Conroy Jessica Lange Tilda Swinton Julie Delpy Mark Webber Chloë Sevigny Christopher McDonald Alexis Dziena |
Música | Mulatu Astatke |
Fotografía | Frederick Elmes |
Montaxe | Jay Rabinowitz |
Estudio | Five Roses Bac Films |
Distribuidora | Focus Features |
Estrea | 5 de agosto de 2005 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Estados Unidos Francia |
Xénero | Comedia dramática |
Orzamento | $10 000 000[1] |
Recadación | $46 720 491[2] |
Na rede | |
http://brokenflowersmovie.com/ | |
|
Broken Flowers é un filme estadounidense e francés, dirixido por Jim Jarmusch en 2005, e protagonizado por Christopher McDonald, Mark Webber, Jeffrey Wright, Sharon Stone, Jessica Lange, Julie Delpy, Bill Murray, Chloë Sevigny, Tilda Swinton, Frances Conroy, Heather Alicia Simms. Está encadrado no xénero de comedia dramática.
Argumento
[editar | editar a fonte]Don Johnston, un home maduro e solteiro empedernido, foi abandonado pola súa última conquista, Sherry. Resignado a seguir coa súa vida, ve como todo cambia cando recibe unha misteriosa carta de cor rosa. É dunha antiga noiva que lle informa de que ten un fillo de 19 anos que podería estar buscándoo. O seu mellor amigo e veciño, Winston, detective afeccionado e home de familia, anímao a investigar ese misterio. E aínda que é pouco amigo das viaxes, Don embárcase nunha que o levará a percorrer o país en busca de pistas sobre catro antigos amores e posíbeis nais. As inesperadas visitas a estas mulleres farán que se enfronte ao seu pasado e se leve máis dunha sorpresa.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Bill Murray como Don Johnston
- Jeffrey Wright como Winston
- Sharon Stone como Laura Daniels Miller
- Frances Conroy como Dora Anderson
- Christopher McDonald como Ron Anderson
- Jessica Lange como Dra. Carmen Markowski
- Tilda Swinton como Penny
- Julie Delpy como Sherry
- Alexis Dziena como Lolita Miller
- Chloë Sevigny como Asistente de Carmen
- Pell James como Sun Green
- Mark Webber como O rapaz
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Holtzclaw, Mike (25 de agosto de 2005). Daily Press, ed. "A Homecoming At The Naro". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Broken Flowers". Amazon.com. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Website oficial
- Broken Flowers na IMDb (en inglés).