Brother Bear
Irmán oso | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Brother Bear |
Director | Aaron Blaise Robert Walker |
Produtor | Chuck Williams |
Guión | Tab Murphy Lorne Cameron David Hoselton Steve Bencich Ron J. Friedman |
Intérpretes | Joaquin Phoenix Jeremy Suarez Rick Moranis Dave Thomas Jason Raize D.B. Sweeney |
Música | Mark Mancina Phil Collins |
Fotografía | Pete Kozachik Hiro Narita |
Montaxe | Tim Mertens |
Duración | 85 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación Fantasía Drama |
Recadación | $250 397 798 |
Na rede | |
http://movies.disney.com/brother-bear | |
Brother Bear (en galego: Irmán oso) é o cuadraxésimo cuarto clásico filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 24 de outubro de 2003, e distribuído por Buena Vista Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Foi dirixida por Aaron Blaise e Robert Walker, e o guión foi elaborado por Tab Murphy, Steve Bencich, Lorne Cameron, Ron J. Friedman e David Hoselton, baseándose no argumento de Broose Johnson.
Sinopse
[editar | editar a fonte]As personaxes que protagonizan o filme son Kenai, Koda, Denahi, Rutt, Tuke, Sitka, Tanana e Tug. Trata sobre o xiro inesperado da vida dun neno chamado Kenai cando os espíritos o converten no animal que máis aborrece, o oso. A trama transcorre no noroeste americano e narra a amizade entre Kenai e o seu novo amigo Koda (un pequeno oso) e como entre os dous intentan que o protagonista recupere a súa forma humana. Mentres, o seu irmán (que non coñece o sucedido con Kenai) perségueo para conseguir o honor e a vinganza familiar.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Joaquin Phoenix como Kenai
- Jeremy Suarez como Koda
- Rick Moranis como Rutt
- Dave Thomas como Tuke
- Jason Raize como Denahi
- D.B. Sweeney como Sitka
- Joan Copeland como Tanana
- Michael Clarke Duncan como Tug
- Greg Proops como Oso macho
- Pauley Perrette como Oso femia
- Estelle Harris como Osa vella
- Bumper Robinson como Chipmunks
- Angayuqaq Oscar Kawagley como Narrador inuit
Banda sonora
[editar | editar a fonte]A súa banda sonora está composta por Mark Mancina e Phil Collins, e interpretada por este último xunto con algúns artistas colaboradores. Comercializouse por Walt Disney Records o 26 de maio do 2009 e o disco contén 11 cancións, cunha duración total de 46 minutos e 13 segundos. Os temas que compoñen o disco son os seguintes:
- "Look Through My Eyes" (Phil Collins, 4:01)
- "Great Spirits" (Tina Turner, 3:24)
- "Welcome" (Phil Collins, 3:38)
- "Transformation" (Bulgarian Women's Choir, 2:29)
- "On My Way" (Phil Collins, 3:40)
- "Welcome" (The Blind Boys of Alabama, 3:14)
- "No Way Out (Theme From Brother Bear)" (Phil Collins, 4:18)
- "Transformation (Phil Version)" (Phil Collins, 2:25)
- "Three Brothers (Score)" (Phil Collins, 6:45)
- "Awakes As A Bear (Score)" (Phil Collins, 6:49)
- "Wilderness Of Danger And Beauty (Score)" (Phil Collins, 5:30)
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2003: Nomeado ó Oscar ó mellor filme de animación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en inglés)
- Cine de animación
- Filmes de 2003
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua inuktitut
- Filmes de Walt Disney Pictures
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados en Alasca
- Filmes ambientados no Canadá
- Filmes ambientados na América precolombiana
- Filmes sobre animais
- Filmes sobre osos
- Filmes sobre dereitos dos animais