The Fox and the Hound
O raposo e o can de caza | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Fox and the Hound |
Director | Ted Berman Richard Rich Art Stevens |
Produtor | Ron Miller Wolfgang Reitherman Art Stevens |
Guión | Larry Clemmons Ted Berman David Michener Peter Young Burny Mattinson Steve Hulett Earl Kress Vance Gerry |
Baseado en | The Fox and the Hound de Daniel P. Mannix |
Intérpretes | Mickey Rooney Kurt Russell Pearl Bailey Jack Albertson Sandy Duncan Jeanette Nolan Pat Buttram John Fiedler John McIntire Dick Bakalyan Paul Winchell Keith Mitchell Corey Feldman |
Música | Buddy Baker |
Montaxe | James Melton Jim Koford |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | Buena Vista Distribution |
Estrea | 10 de xullo de 1981 |
Duración | 83 minutos |
Orixe | ![]() |
Orzamento | $12 millóns[1] |
Recadación | $63 456 988[2] |
Filme seguinte | The Fox and the Hound 2 |
Na rede | |
https://movies.disney.com/the-fox-and-the-hound | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Fox and the Hound (en galego, O raposo e o can de caza) é un filme de drama animado estadounidense do ano 1981 producido por Walt Disney Productions e baseado libremente na novela homónima escrita por Daniel P. Mannix. O vixésimo cuarto filme animado de Disney. Dirixido por Ted Berman, Richard Rich, e Art Stevens, o filme inclúe as voces de Mickey Rooney, Kurt Russell, Pearl Bailey, Jack Albertson, Sandy Duncan, Jeanette Nolan, Pat Buttram, John Fiedler, John McIntire, Dick Bakalyan, Paul Winchell, Keith Mitchell, e Corey Feldman.
The Fox and the Hound foi estreado nos cines dos Estados Unidos o 10 de xullo de 1981. Ata a súa estrea, foi a película animada máis cara producida ata esa data: custou 12 millóns de dólares.[1] Foi reestreado nos cines o 25 de marzo de 1988. En 2006 saíu á venda unha secuela, The Fox and the Hound 2.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme narra a historia de dous amigos improbables, un raposo vermello chamado Tod e un can de caza, Copper, que loitan por preservar a súa amizade malia os instintos emerxentes e as presións sociais que os queren levar a ser adversarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ansen, David (13 de xullo de 1981). "Forest Friendship". Newsweek: 81.
- ↑ "The Fox and the Hound (1981)". Box Office Mojo. Consultado o 20 de setembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)
![]() |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |