Buenas Noches
Buenas Noches | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1911 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Rianxo |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Buenas Noches foi un semanario editado en Rianxo entre 1911 e 1914.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico Independiente, apareceu o 17 de xuño de 1911. De tendencia liberal, en principio foi un periódico manuscrito dirixido por José Barreiro e José María Varela. A partir do número 10 imprimiuse na “Imprenta de Rianjo”, pasando a ser quincenal. A partir de marzo de 1912 pasou a denominarse Semanario Liberal. A partir do número 20 apareceu con formato novo e editouse en Vilagarcía de Arousa. Volveu cambiar formato a partir do número 65 (4 de xaneiro de 1913). Foi voceiro da casa Varela, daquela baixo o control de Manuel Viturro Posse e da familia Gasset. Os seus colaboradores asinaban con pseudónimos (Fanático, Vingador, Taravinoche, Chiflado, Avechuco). Mantivo polémica con El Barbero Municipal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Buenas Noches". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Buenas Noches". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.