El Barbero Municipal
El Barbero Municipal | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1910 |
Remata | 1914 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Rianxo |
Descrito por | Diccionario da literatura galega, Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Barbero Municipal foi un semanario fundado por Ramón Rey Baltar que se editou en Rianxo de 1910 a 1914 como órgano do Partido Conservador local e de liña maurista. Caracterizouse pola crítica á política do home forte da zona, o liberal Manuel Viturro Posse, secretario da Deputación Provincial da Coruña e do seu cacique local, o alcalde Manuel Pérez.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O primeiro número apareceu o 17 de xullo de 1910. O xornal cubría o partido xudicial de Padrón, que comprendía os concellos de Dodro, Padrón, Rianxo, Rois e Teo. O seu director era Xosé Arcos Moldes e no xornal colaborou amplamente Castelao -na práctica, cofundador- con portadas, caricaturas e con distintos textos. Publicábase maioritariamente en castelán pero cómpre destaca-la sección "Faladurías", escrita por Castelao e o propio Rey Baltar, integramente en galego. Trátanse dos primeiros textos en galego que escribiu Castelao. Eduardo Dieste era o seu director literario e Ramón Rey Baltar colaborou co pseudónimo de Verduguillo. Mantivo polémica con Buenas Noches. Rematou a súa edición co número 191, o 7 de marzo de 1914. Foi continuado por La Justicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Barbero Municipal, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio; et al. (2005). "Barbero Municipal, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 67-68. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Facsímiles: Volume 1 Volume 2. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-970-9.