Bullet in the Head
"Bullet in the Head" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Rage Against the Machine | |||||
do álbum Rage Against the Machine | |||||
Lanzamento | 29 de decembro de 1992 | ||||
Formato | CD, 7", 12" | ||||
Gravada | |||||
Xénero musical | rap metal, metal alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 5:09 | ||||
Discográfica | |||||
Produtor(es) | Garth "GGGarth" Richardson, Rage Against the Machine | ||||
Escritor(es) | Tim Commerford, Zack de la Rocha, Tom Morello, Brad Wilk | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Bullet in the Head" é unha canción da banda estadounidense de rock Rage Against the Machine editada como sinxelo do seu álbum de estrea Rage Against the Machine en 1992. O tema foi transferido sen modificacións da demo da banda, tamén titulada Rage Against the Machine.[1]
Tanto a imaxes da portada como a traseira do sinxelo son obra do fotógrafo francés Marc Riboud.[2]
Video musical
[editar | editar a fonte]Rodouse un videoclip para a canción nun almacén en Nova York. Trátase dunha actuación en directo gravada para o programa The Late Show da BBC que se emitiu o 23 de febreiro de 1993. En palabras de Tom Morello, "o autobús de xira parou diante do estudo da BBC, repasamos a canción unha vez diante das cámaras, e despois marchamos a tocar nun club esa noite". A BBC supostamente víuse obrigada a censurar o video musical despois dun incidente no programa UK Top 40 Countdown da BBC Radio 1 anteriormente esa semana, cando Bruno Brookes pinchou accidentalmente a versión completa sen censurar de "Killing in the Name" provocando 138 queixas. O video apareceu no DVD da banda Rage Against the Machine, publicado o 25 de novembro de 1997 por Epic Records.[3]
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Bullet in the Head" (versión do álbum) | 5:11 | |||||||
2. | "Bullet in the Head" (remix) | 5:39 | |||||||
3. | "Bullet in the Head" (ao vivo) | 5:46 | |||||||
4. | "Settle for Nothing" (ao vivo) | 4:58 | |||||||
21:34 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Robbins, Ira A.; Sprague, David, eds. (1997). The Trouser Press guide to '90s rock: the all-new fifth edition of The Trouser Press record guide. New York: Simon & Schuster. p. 591. ISBN 978-0-684-81437-7.
- ↑ "Marc Riboud". All About Photo (en inglés). Consultado o 2025-01-14.
- ↑ "Rage Against the Machine - Video". www.musicfanclubs.org. Consultado o 2025-01-14.