Saltar ao contido

Cámara dos comúns do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cámara dos Comúns (Reino Unido)»)
O Palacio de Westminster, sede da Cámara dos comúns e da Cámara dos lords

A Cámara dos comúns do Reino Unido (en inglés House of Commons e oficialmente The Honourable the Commons of the United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland in Parliament assembled ) é a cámara baixa do Parlamento do Reino Unido.

É un corpo elixido democraticamente formado por 646 membros, coñecidos como membros do Parlamento ou MP. Os membros son elixidos polo sistema electoral maioritario (first past the post), mantendo o cargo ata que se disolve o Parlamento (un máximo de cinco anos).

Cada membro é elixido, e representa, un distrito electoral ou constituency. Nesta cámara é de onde xorde a gran maioría dos ministros do goberno e, desde 1963, todos os primeiros ministros.

A Cámara dos comúns atópase no Palacio de Westminster.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]