Saltar ao contido

Cándida Xu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCándida Xu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1607 Editar o valor en Wikidata
Nanzhili, Dinastía Ming (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1680 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Actividade
Ocupaciónlíder relixioso Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosXu Zhanzeng Editar o valor en Wikidata
ParentesXu Guangqi, avó Editar o valor en Wikidata

Cándida Xu (chinés tradicional: 許/徐 甘弟大; pinyin: Xǔ/Xú Gāndìdà; Wade-Giles: Hsü3/Hsü2 Kan1-ti4-ta4), nada o 4 de setembro de 1607 e finada o 24 de xullo de 1680, foi unha católica chinesa de finais da dinastía Ming e comezos da Qing. Descrita como "quizais a cristiá chinesa máis influente do século XVII",[1] foi a primeira muller chinesa en aprender latín da que se ten constancia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada durante a festa de Santa Cándida a Vella, da que recibiu o seu nome, Xu era a neta de Xu Guangqi (1562-1633), quen se convertera ao cristianismo catro anos antes.[2]

Dende moi nova, amosou unha fonda devoción relixiosa. Viúva aos 46 anos, dedicouse dende entón a servir á Igrexa. Malia pertencer á clase alta, divulgou a doutrina cristiá na China. Grazas á influencia do seu pai e mais do seu fillo, conseguiu beneficios para as misións xesuítas por parte dos funcionarios locais.

Xa que posuía gran patrimonio privado, fixo grandes doazóns para facilitar a estancia dos misioneiros, así como para a construción de preto de corenta igrexas e capelas. Tamén axudou á publicación de moitos textos relixiosos en lingua chinesa. Por outra banda, contribuíu á procura de sobreviventes cristiáns da Igrexa de Sichuan tras a revolta de Zhang Xianzhong.[3]

Xu liderou ás mulleres cristiás da zona de Shanghai, entre as que se atopaban as súas propias fillas. Organizou o tecido de teas e bordados, cos que obtiveron máis ganancias para o labor dos misioneiros.[1]

Na súa época, foi denominada a Apóstolo da China.[4] A súa historia tivo moito éxito en Europa grazas a unha biografía de Philippe Couplet, o seu confesor.[5]

  1. 1,0 1,1 King 1998.
  2. "主頁". 聖神研究中心 Holy Spirit Study Centre (en chinés). Consultado o 2024-12-30. 
  3. Gourdon 1981, p. 63-65.
  4. Anderson 1999, p. 752.
  5. Couplet 1688.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]