Célula nai adulta
As células nai adultas (ou células troncais adultas) son células indiferenciadas, que se atopan no corpo despois do desenvolvemento, que se multiplican por división celular e diferencian para repoñer as células que morren e rexenerar tecidos danados. Poden encontrarse en animais e humanos adultos e xoves, a diferenza das células nai embrionarias, que só se atopan na etapa embrionaria.
O interese científico sobre as células nai adultas está centrado na súa capacidade de dividirse ou autorrenovarse indefinidamente, e xerar todos os tipos celulares pertencentes ao órgano no cal se orixinan, potencialmente rexenerando o órgano completo a partir de poucas células.[1] A diferenza das células nai embrionarias, o uso de células nai adultas humanas en investigación e terapia non se considera que sexa controvertida, xa que derivan de mostras de tecidos adultos en lugar de embrións humanos deseñados para a investigación científica. Foron estudadas principalmente en humanos e organismos modelo como ratos e ratas.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Propiedades definitorias
[editar | editar a fonte]Unha célula nai posúe dúas propiedades:
- Autorenovación, que é a capacidade de realizar numerosos ciclos de división celular mentendo sempre o seu estado indiferenciado.
- Multipotencia ou potencial multidiferenciativo, que é a capacidade de xerar proxenie de distintos tipos celulares, (por exemplo, células gliais e neuronas), o que se opón á unipotencia, que é o termo usado para as células que están restrinxidas a orixinar células dun só tipo. Porén, algúns investigadores non consideran que a multipotencia sexa esencial e cren que unha célula unipotente pero que se autorrenova é unha célula nai.[2] Estas propiedades poden ser ilustradas con relativa facilidade in vitro, usando métodos como os ensaios clonoxénicos, nos que se caracteriza a proxenie dunha soa célula. Porén, sábese que as condicións do cultivo celular in vitro poden alterar o comportamento das células, polo que probar que unha determinada subpoboación de células posúe propiedades de célula nai in vivo é complicado e hai un considerable debate sobre se algunhas poboacións de células nai propostas nos adultos son efectivamente células nai.
Propiedades
[editar | editar a fonte]División celular
[editar | editar a fonte]Para asegurarse a súa autorrenovación, as células nai experimentan dous tipos de división celular (ver o diagrama División e diferenciación de células nai). A división simétrica dá lugar a dúas células nai fillas idénticas, mentres que a división asimétrica produce unha célula nai e unha célula proxenitora cun potencial de autorrenovación limitado. As proxenitoras poden realizar varias roldas de división celulr antes de diferenciarse finalmente nunha célula madura. Crese que a distinción molecular entre divisións simétrica e asimétrica depende da segregación diferencial entre as células fillas de proteínas de membrana (como receptores) e as súas proteínas asociadas.[3]
En condicións normais as células nai dos tecidos divídense lenta e infrecuentemente. Mostran signos de quiescencia ou de parada do crecemento reversible.[4] O nicho onde se encontra a célula nai desempeña un importante papel en manter a quiescencia.[4] Os nichos perturbados causan que a célula nai empece a dividirse activamente de novo para substituír as células perdidas ou danadas ata que o nicho se restaura. Nas células nai hematopoéticas as vías MAPK/ERK e PI3K/AKT/mTOR regulan esta transición.[5] A capacidade de regular o ciclo celular en resposta a pistas externas axuda a impedir o esgotamento das células nai ou a perda gradual de células nai despois dunha alteración do equilibrio entre as células durmentes e estados activos. Algunhas divisións celulares infrecuentes tamén axudan a reducir o risco de adquirir mutacións no ADN que pasarían ás células fillas.
Plasticidade
[editar | editar a fonte]Descubrimentos feitos en anos recentes indican que as células nai adultas poderían ter a capacidade de diferenciarse en tipos celulares de diferentes capas xerminais. Por exemplo, as células nai neurais do cerebro, que derivan do ectoderma, poden diferenciarse en células do ectoderma, mesoderma e endoderma.[6] As células nai da medula ósea, que derivan do mesoderma, poden diferenciarse en células do fígado, pulmón, tracto gastrointestinal e pel, que derivan do endoderma e mesoderma.[7] Este fenómeno denomínase como transdiferenciación ou plasticidade das células nai. Poden ser inducidas modificando o medio de crecemento cando as células nai se cultivan in vitro ou se transplantan a un órgano do corpo diferente do que foron illadas orixinalmente. Aínda non hai consenso entre os biólogos sobre a prevalencia e importancia fisiolóxica e terapéutica da plasticidade das células nai. Descubrimentos máis recentes suxiren que as células nai pluripotentes poden encontrarse no sangue ou en tecidos adultos en estado dormente.[8] Estas células denomínanses "células nai similares ás do blastómero" ou BLSD (do inglés "Blastomere Like Stem Cells")[9] e células nai "similares a embrionarias moi pequenas" ou VSEL (do inglés "very small embryonic like"), e presentan pluripotencia in vitro.[8] Como as BLSCs e VSEL están presentes virtualmente en todos os tecidos adultos, incluíndo os pulmóns, cerebro, riles, músculos e páncreas[10] a copurificación de células BLSC e VSEL con outras poboacións de células nai adultas pode explicar a aparente pluripotencia de poboacións de células nai adultas. Porén, estudos recentes indican que tanto as células VSEL humanas coma murinas carecen das características de célula nai e non son pluripotentes.[11][12][13][14]
Envellecemento
[editar | editar a fonte]A función das células nai queda diminuída coa idade e isto contribúe á deterioración progresiva da reparación e mantemento de tecidos.[15] Unha causa probablemente importante do incremento desta disfunción das células nai é a acumulación dependente da idade de danos no ADN, tanto nas propias células nai coma nas células que forman o contorno das células nai.[15] (Ver tamén teoría do envellecemento por danos no ADN.)
Porén, as células nai adultas poden ser revertidas artificialmente a un estado no que se comportan como células nai similares ás embrionarias (incluíndo os mecanismos de reparación do ADN asociados). Isto fíxose con ratos xa en 2006[16] con perspectivas futuras de talvez poder deter o envellecemento humano substancialmente. Tales células son un dos varios tipos de células nai inducidas.
Función
[editar | editar a fonte]Vías de sinalización
[editar | editar a fonte]A investigación sobre as céllas nai adultas centrouse nos mecanismos moleculares xerais que controlan a súa autorrenovación e diferenciación
- A vía de Notch coñécese en bioloxía do desenvolvemento desde hai décadas. O seu papel no control da proliferación das células nai foi demostrado en varios tipos celulares, como as células nai hematopoéticas, neurais e mamarias.[17]
- Estas vías de desenvolvemento están tamén moi implicadas na regulación de células nai.[18]
- A familia do TGFβ de citocinas regula o carácter de célula nai de células nai normais e células nai cancerosas.[19]
Tipos
[editar | editar a fonte]Células nai hematopoiéticas
[editar | editar a fonte]As células nai hematopoéticas son células nai que poden diferenciarse en células sanguíneas.[20] Este proceso chámase hematopoese.[21] As células nai hematopoéticas encóntranse na medula ósea e sangue do cordón umbilical.[22]
Células nai mamarias
[editar | editar a fonte]As células nai mamarias proporcionan a fonte de células nai necesarias para o crecemento da glándula mamaria durante a puberdade e xestación e desempeñan un importante papel na carcinoxénese da mama.[23] As células nai mamarias foron illadas de tecidos humanos e de rato e de liñas de cultivo derivadas da glándula mamaria. Unha destas células pode dar lugar aos tipos celulares luminal e mioepitelial da glándula e teñen a capacidade de rexenerar un órgano completo en ratos.[23]
Células nai intestinais
[editar | editar a fonte]As células nai intestinais divídense continuamente ao longo da vida e usan un complexo programa xenético para prodcir as células que tapizan a superficie dos intestinos delgado e groso.[24] As células nai intestinais encóntranse preto da base dos nichos de células nai chamados criptas de Lieberkühn. As céllas nai intestinais son probablemente a fonte da maioría dos cancros do intestino delgado e o colon.[25]
Células nai mesenquimais
[editar | editar a fonte]As células nai mesenquimais son de orixe estromática e poden diferenciarse en diversos tecidos. As céluals nai mesenquimais foron illadas da placenta, tecido adiposo, pulmóns, medula ósea, sangue, xelatina de Wharton do cordón umbilical,[26] e dentes (nicho perivascular da polpa dental e ligamento periodontal).[27] As células nai mesenquimais son interesantes para a terapía clínica debido á súa capacidade de diferenciarse, proporcionaren soporte trófico e modularen a resposta inmunitaria innata.[26] Estas células teñen a capacidade de diferenciarse en varios tipos celulares como osteoblastos, condroblastos, adipocitos, células do neuroectoderma e hepatocitos.[28] Os mediadores bioactivos que favorecen o crecemento das células locais son tamén segregdos por células nai hematopoéticas. Tamén se observaron efectos antiinflamatorios sobre o microambiente local, que promoven a curación de tecidos. A resposta inflamatoria pode ser modulada por células rexenerativas derivadas das adiposas ou ADRC (do inglés adipose-derived regenerative cells), incluíndo as células nai mesenquimais e linfocitos T regulatorios. As células nai mesenquimais alteran así o resultado da resposta inmmunitaria ao cambiar a secreción de citocinas de subconxuntos de células T e dendríticas. Isto ten como resultado un cambio desde un ambiente celular proinflamatorio a outro antiinflamatorio ou tolerante.[29][30]
Células nai endoteliais
[editar | editar a fonte]As células nai endoteliais son un dos tres tipos de células nai multipotentes que se encontran na medula ósea. Son un grupo raro e controvertido coa capacidade de diferenciarse en células endoteliais, as células que tapizan os vasos sanguíneos.
Células nai neurais
[editar | editar a fonte]A existencia de células nai no cerebro adulto foi postulada despois do descubrimento de que o proceso de neuroxénese, o nacemento de novas neuronas, continúa durante a etapa adulta en ratas.[31] Da presenza de células nai neurais no cerebro maduro de primates informouse en 1967.[32] Desde entón demostrouse que se xeran neuronas en ratos adultos, aves canoras e primates, incluíndo humanos. Normalmente, a neuroxénese adulta está restrinxida a dúas áreas do cerebro: a zona subventricular, que recobre os ventrículos laterais e o xiro dentado da formación do hipocampo.[33] Aínda que a xeración de novas neuronas no hipocampo está ben establecida, a presenza de verdadeiras células nai autorrenovantes foi discutida.[34] En certas circunstancias, como despois de danos nun tecido en isquemia, a neuroxénese pode ser inducida noutras rexións do cerebro, como o neocórtex.
As células nai neurais cultívanse comunmente in vitro como o que se denominan neurosferas (agregados flotantes heteroxéneos, que conteñen unha gran proproción de células nai).[35] Poden ser propagadas durante amplos períodos de tempo e diferenciadas en células neuronais ou gliais e, por tanto, compórtanse como céllas nai. Porén, algúns estudos recentes suxiren que este comportamento é inducido polas condicións de cultivo en células proxenitoras, que son a proxenie da división de células nai que normalmente sofren un número estritamente limitado de ciclos de replicación in vivo.[36] Ademais, as células derivadas de neurosferas non se comportan como células nai cando son transplantadas ao cerebro.[37]
As células nai neurais comparten moitas propiedades coas células nai hematopoéticas. Hai que salientar que cando se inxectan no sangue, as células derivdas de neurosferas diferéncianse en varios tipos de células do sistema inmunitario.[38]
Células nai adultas olfactorias
[editar | editar a fonte]As células nai adultas olfactorias recolléronse das células da mucosa olfactoria humana, que se encontran no reccubrimento das fosas nasais e están implicadas no sentido do olfacto.[39] Se se lles proporciona o correcto ambiente químico, estas células teñen a mesma capacidade que as células nai embrionarias de desenvolverse en moitos tipos de células. As células nai olfactorias teñen potenciais aplicacións terapéuticas e, a diferenza das células nai neurais, poden recollerse con facilidade sen dano para o paciente. Isto significa que se poden obter doadamente en todos os individuos, incluíndo pacientes vellos que poderían ter maior necesidade de terapias con células nai.
Células nai da crista neural
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Crista neural.
Os folículos pilosos conteñen dous tipos de células nai, un dos cales parece representar un resto das células nai da crista neural embrionaria. As células similares atopáronse no tracto gastrointestinal, nervio ciático, tracto cardíaco de saída e ganglios espiñal e simpático. Estas células poden xerar neuronas, células de Schwann, miofibroblastos, condrocitos e melanocitos.[40][41]
Células testiculares
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Célula xerminal e Célula nai espermatogonial.
Unhas células nai multipotentes que se consideron equivalentes a células nai embrionarias deriváronse de células proxenitoras espermatogoniais que se encontran nos testículos de ratos de laboratorio en Alemaña[42][43][44] e os Estados Unidos,[45][46][47][48] e, un ano despois, investigadores alemáns e do Reino Unido confirmaron a mesma capacidade usando células dos testículos humanos.[49] As células nai extraídas coñécense como células nai de liña xerminal adultas.[50][51]
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]Os tratamentos con células nai adultas levan utilizándose desde hai moitos anos para tratar con éxito a leucemia e cancros relacionados co óso/sangue utilizando transplantes de medula ósea.[52] O uso de células nai adultas en investigación e terapia non se considera controvertido, como o é o uso de célula nai embrionaria, porque a produción de células nai adultas non require a destrución dun embrión.
As primeiras aplicacións rexenerativas das células nai adultas centrábanse na administración intravenosa de células proxenitoras sanguíneas chamadas células nai hematopoéticas. As células nai hematopoéticas CD34+ foron aplicadas clinicamente para tratar varias doenzas como as lesións de medula espiñal,[53] cirrose hepática [54] e enfermidades vasculares periféricas.[55] Atopouse que as células nai hematopoéticas CD34+ son relativamente máis numerosas en homes que en mulleres do grupo en idade reprodutora en casos de lesión de medula espiñal.[56] Outras aplicacións comerciais iniciais estiveron centradas nas células nai mesenquimais. En ambas as liñas celulares a inxección directa ou colocalas no sitio onde se necesita unha reparación adoita ser o método de tratamento preferido, xa que a administración vascular sofre un "efecto de paso primeiro polos pulmóns", no que as células inxectadas quedan secuestradas nos pulmóns.[57] Publicáronse informes de casos clínicos en aplicacións ortopédicas. Wakitani publicou unha pequena serie de casos de nove defectos en cinco xeonllos na que estaban implicados transplantes cirúrxicos de células nai mesenquimais cunha cobertura dos efectos condrais tratados.[58] Centeno et al. informaron que existían evidencias de imaxes de resonancia magnética de forza de campo alta dun incremento da cartilaxe e do volume do menisco en pacientes clínicos individuais, así como un grande estudo de seguridade en 227 pacientes.[59][60][61] Moitos outros tratamentos baseados en células nai realizáronse en diversas partes do mundo con moita controversia sobre eles, xa que algúns consideran que cómpre unha maior regulación, porque as clínicas tenden a esaxerar os éxitos e minimizar os riscos.[62]
Terapias
[editar | editar a fonte]O potencial terapéutico das células nai adultas é o foco de moitas investigacións científicas, debido a que se poden recoller do corpo da nai durante o parto.[63][64][65] Igual que as células nai embrionarias, as células nai adultas teñen a capacidade de diferenciarse en máis dun tipo celular, pero, a diferenza das embrionarias, adoitan estar restrinxidas a certos tipos ou "liñaxes". A capacidade dunha célula nai diferenciada dunha liñaxe de producir células dunha liñaxe diferente denomínase transdiferenciación. Algúns tipos de células nai adultas teñen maior capacidade de transdiferenciación que outras e para moitas delas non hai probas de que dita transformación sexa posible. En consecuencia, as terapias con células nai adultas requiren unha fonte de células nai da liñaxe específica que se necesita, e a súa recollida ou cultivo ata a cantidade requirida é todo un reto.[66][67] Ademais, sinais procedentes do ambiente inmediato (incluíndo o ríxida ou porosa que é a estrutura/matriz extracelular que as rodea) poden alterar ou aumentar a diferenciación das células nai.[68]
Fontes
[editar | editar a fonte]As células nai pluripotentes, é dicir, as células que poden dar lugar a calquera tipo celular fetal ou adulto, poden encontrarse en varios tecidos, como o sangue do cordón umbilical.[69] Usando reprogramación xenética, deriváronse células nai pluripotentes equivalentes a células nai embrionarias de tecido cutáneo adulto humano.[70][71][72][73][74] Outras células nai adultas son multipotentes, o que signiica que están restrinxidas a converterse nuns determinados tipos de células e denomínanse xeralmente polo seu tecido de orixe (tales como as células nai mesenquimais, células nai derivadas do tecido adiposo, células nai endoteliais, etc.).[75][76] Unha gran parte da investigación en células nai adultas está enfocada a investigar a súa capacidade para dividirse ou autorrenovarse indefinidamente e o seu potencial para a diferenciación.[77] Nos ratos, as células nai pluripotentes poden xerarse directamente de cultivos de fibroblastos adultos.[78]
Investigación
[editar | editar a fonte]Cancro
[editar | editar a fonte]En anos recentes a aceptación do concepto de célula nai adulta incrementouse. Hai agora unha hipótese que di que as células nai adultas residen en moitos tecidos adultos e que estes reservorios únicos de células non só son responsables dos procesos reparativos e rexenerativos normais, senón tamén son considerados unha diana importante para os cambios xenéticos e epixenéticos, culminando en moitas condicións anormais, incluíndo o cancro.[79][80] (Ver tamén célula nai cancerosa.)
Resistencia a multifármacos
[editar | editar a fonte]As células nai adultas expresan transportadores da familia co casete de unión ao ATP que bomban activamente diversas moléculas orgánicas fóra da célula.[81] Moitos fármacos son exportados fóra da célula por estes transportadores, o que lle dá á célula resistencia a multifármacos. Isto complica o deseño de fármacos, por exemplo as terapias que teñen como diana células nai neurais para o tratamento da depresión clínica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mahla RS (2016). "Stem cells application in regenerative medicine and disease threpeutics". International Journal of Cell Biology 2016 (7): 19. PMC 4969512. PMID 27516776. doi:10.1155/2016/6940283.
- ↑ Mlsna, Lucas J. (2010). "Stem Cell Based Treatments and Novel Considerations for Conscience Clause Legislation". Indiana Health Law Review (United States: Indiana University Robert H. McKinney School of Law) 8 (2): 471–496. ISSN 1549-3199. OCLC 54703225.
- ↑ Culurgioni, S; Mari, S; Bonetti, P; Gallini, S; Bonetto, G; Brennich, M; Round, A; Nicassio, F; Mapelli, M (2018). "Insc:LGN tetramers promote asymmetric divisions of mammary stem cells". Nat Commun 9 (1): 1025. Bibcode:2018NatCo...9.1025C. PMC 5844954. PMID 29523789. doi:10.1038/s41467-018-03343-4.
- ↑ 4,0 4,1 So, WK; Cheung, TH (2018). Molecular Regulation of Cellular Quiescence: A Perspective from Adult Stem Cells and Its Niches. Methods in Molecular Biology 1686. pp. 1–25. ISBN 978-1-4939-7370-5. PMID 29030809. doi:10.1007/978-1-4939-7371-2_1.
- ↑ Baumgartner, C; Toifl, S; Farlik, M; Halbritter, F; Scheicher, R; Fischer, I; Sexl, V; Bock, C; Baccarini, M (2018). "An ERK-Dependent Feedback Mechanism Prevents Hematopoietic Stem Cell Exhaustion". Cell Stem Cell 22 (6): 879–892.e6. PMC 5988582. PMID 29804890. doi:10.1016/j.stem.2018.05.003.
- ↑ Clarke, D. L.; Johansson, CB; Wilbertz, J; Veress, B; Nilsson, E; Karlström, H; Lendahl, U; Frisén, J (2000). "Generalized Potential of Adult Neural Stem Cells". Science 288 (5471): 1660–1663. Bibcode:2000Sci...288.1660C. PMID 10834848. doi:10.1126/science.288.5471.1660.
- ↑ Krause, Diane S.; Theise, Neil D.; Collector, Michael I.; Henegariu, Octavian; Hwang, Sonya; Gardner, Rebekah; Neutzel, Sara; Sharkis, Saul J. (2001). "Multi-Organ, Multi-Lineage Engraftment by a Single Bone Marrow-Derived Stem Cell". Cell 105 (3): 369–377. PMID 11348593. doi:10.1016/S0092-8674(01)00328-2.
- ↑ 8,0 8,1 Kucia, M; Reca, R; Campbell, F R; Zuba-Surma, E; Majka, M; Ratajczak, J; Ratajczak, M Z (2006). "A population of very small embryonic-like (VSEL) CXCR4+SSEA-1+Oct-4+ stem cells identified in adult bone marrow". Leukemia 20 (5): 857–869. PMID 16498386. doi:10.1038/sj.leu.2404171.
- ↑ Am Surg. 2007 Nov; 73: 1106–1110
- ↑ Zuba-Surma, Ewa K.; Kucia, Magdalena; Wu, Wan; Klich, Izabela; Lillard, James W.; Ratajczak, Janina; Ratajczak, Mariusz Z. (2008). "Very small embryonic-like stem cells are present in adult murine organs: ImageStream-based morphological analysis and distribution studies". Cytometry Part A 73A (12): 1116–1127. PMC 2646009. PMID 18951465. doi:10.1002/cyto.a.20667.
- ↑ Danova-Alt, Ralitza; Heider, Andreas; Egger, Dietmar; Cross, Michael; Alt, Rüdiger; Ivanovic, Zoran (2 April 2012). Ivanovic, Zoran, ed. "Very Small Embryonic-Like Stem Cells Purified from Umbilical Cord Blood Lack Stem Cell Characteristics". PLOS ONE 7 (4): e34899. Bibcode:2012PLoSO...734899D. PMC 3318011. PMID 22509366. doi:10.1371/journal.pone.0034899.
- ↑ Szade, Krzysztof; Bukowska-Strakova, Karolina; Nowak, Witold Norbert; Szade, Agata; Kachamakova-Trojanowska, Neli; Zukowska, Monika; Jozkowicz, Alicja; Dulak, Jozef; Asakura, Atsushi (16 May 2013). Asakura, Atsushi, ed. "Murine Bone Marrow Lin−Sca-1+CD45 − Very Small Embryonic-Like (VSEL) Cells Are Heterogeneous Population Lacking Oct-4A Expression". PLOS ONE 8 (5): e63329. Bibcode:2013PLoSO...863329S. PMC 3656957. PMID 23696815. doi:10.1371/journal.pone.0063329.
- ↑ Miyanishi M, Mori Y, Seita J, Chen JY, Karten S, Chan CKF, et al. Stem Cell Reports. Stem Cell Reports. 2013 Jul 23: 1–11. http://www.cell.com/stem-cell-reports/abstract/S2213-6711(13)00050-7?fb_action_ids=10201558251787555&fb_action_types=og.likes
- ↑ Miyanishi, Masanori; Mori, Yasuo; Seita, Jun; Chen, James Y.; Karten, Seth; Chan, Charles K.F.; Nakauchi, Hiromitsu; Weissman, Irving L. (31 July 2013). "Do Pluripotent Stem Cells Exist in Adult Mice as Very Small Embryonic Stem Cells?". Stem Cell Reports 1 (2): 198–208. PMC 3757755. PMID 24052953. doi:10.1016/j.stemcr.2013.07.001.
- ↑ 15,0 15,1 Behrens A, van Deursen JM, Rudolph KL, Schumacher B (2014). "Impact of genomic damage and ageing on stem cell function". Nat. Cell Biol. 16 (3): 201–207. PMC 4214082. PMID 24576896. doi:10.1038/ncb2928.
- ↑ Ertelt, Steven. 4 July 2006. "Researcher Turns Adult Mouse Skin Cells into Embryonic Stem Cells." Bioethics. URL: http://www.lifenews.com/2006/07/04/bio-1593.
- ↑ Dontu G, Jackson KW, McNicholas E, Kawamura MJ, Abdallah WM, Wicha MS (2004). "Role of Notch signaling in cell-fate determination of human mammary stem/progenitor cells". Breast Cancer Research 6 (6): R605–615. PMC 1064073. PMID 15535842. doi:10.1186/bcr920.
- ↑ Beachy PA, Karhadkar SS, Berman DM (November 2004). "Tissue repair and stem cell renewal in carcinogenesis". Nature 432 (7015): 324–331. Bibcode:2004Natur.432..324B. PMID 15549094. doi:10.1038/nature03100.
- ↑ Sakaki-Yumoto M, Katsuno Y, Derynck R (2013). "TGF-β family signaling in stem cells". Biochimica et Biophysica Acta 1830 (2): 2280–2296. PMC 4240309. PMID 22959078. doi:10.1016/j.bbagen.2012.08.008.
- ↑ Birbrair, Alexander; Frenette, Paul S. (April 2016). "Niche heterogeneity in the bone marrow". Annals of the New York Academy of Sciences 1370 (1): 82–96. Bibcode:2016NYASA1370...82B. ISSN 0077-8923. PMC 4938003. PMID 27015419. doi:10.1111/nyas.13016.
- ↑ "Medical Definition of Hematopoiesis". MedicineNet. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2017. Consultado o 2020-02-21.
- ↑ "5. Hematopoietic Stem Cells [Stem Cell Information]". stemcells.nih.gov. 2001-06-17. Archived from the original on 05 de xuño de 2014. Consultado o 2020-02-21.
- ↑ 23,0 23,1 Liu S, Dontu G, Wicha MS (2005). "Mammary stem cells, self-renewal pathways, and carcinogenesis". Breast Cancer Research 7 (3): 86–95. PMC 1143566. PMID 15987436. doi:10.1186/bcr1021.
- ↑ Van Der Flier, L. G.; Clevers, H. (2009). "Stem Cells, Self-Renewal, and Differentiation in the Intestinal Epithelium". Annual Review of Physiology 71: 241–260. PMID 18808327. doi:10.1146/annurev.physiol.010908.163145.
- ↑ Barker, N.; Ridgway, R. A.; Van Es, J. H.; Van De Wetering, M.; Begthel, H.; Van Den Born, M.; Danenberg, E.; Clarke, A. R.; Sansom, O. J.; Clevers, H. (2008). "Crypt stem cells as the cells-of-origin of intestinal cancer". Nature 457 (7229): 608–611. Bibcode:2009Natur.457..608B. PMID 19092804. doi:10.1038/nature07602.
- ↑ 26,0 26,1 Phinney DG, Prockop DJ (November 2007). "Concise review: mesenchymal stem/multipotent stromal cells: the state of transdifferentiation and modes of tissue repair – current views". Stem Cells 25 (11): 2896–2902. PMID 17901396. doi:10.1634/stemcells.2007-0637.
- ↑ Shi S, Bartold PM, Miura M, Seo BM, Robey PG, Gronthos S (August 2005). "The efficacy of mesenchymal stem cells to regenerate and repair dental structures". Orthod Craniofac Res 8 (3): 191–199. PMID 16022721. doi:10.1111/j.1601-6343.2005.00331.x.
- ↑ Bai, Xiaowen; Alt, Eckhard (22 October 2010). "Myocardial regeneration potential of adipose tissue-derived stem cells". Biochemical and Biophysical Research Communications 401 (3): 321–326. PMID 20833143. doi:10.1016/j.bbrc.2010.09.012.
- ↑ Aggarwal, Sudeepta; Pittenger, Mark F. (15 February 2005). "Human mesenchymal stem cells modulate allogeneic immune cell responses". Blood 105 (4): 1815–1822. ISSN 0006-4971. PMID 15494428. doi:10.1182/blood-2004-04-1559.
- ↑ Augello, Andrea; Tasso, Roberta; Negrini, Simone Maria; Cancedda, Ranieri; Pennesi, Giuseppina (1 April 2007). "Cell therapy using allogeneic bone marrow mesenchymal stem cells prevents tissue damage in collagen-induced arthritis". Arthritis and Rheumatism 56 (4): 1175–1186. ISSN 0004-3591. PMID 17393437. doi:10.1002/art.22511.
- ↑ Altman J, Das GD (June 1965). "Autoradiographic and histological evidence of postnatal hippocampal neurogenesis in rats". The Journal of Comparative Neurology 124 (3): 319–35. PMID 5861717. doi:10.1002/cne.901240303.
- ↑ Lewis PD (March 1968). "Mitotic activity in the primate subependymal layer and the genesis of gliomas". Nature 217 (5132): 974–5. Bibcode:1968Natur.217..974L. PMID 4966809. doi:10.1038/217974a0.
- ↑ Alvarez-Buylla A, Seri B, Doetsch F (April 2002). "Identification of neural stem cells in the adult vertebrate brain". Brain Research Bulletin 57 (6): 751–8. PMID 12031271. doi:10.1016/S0361-9230(01)00770-5.
- ↑ Bull ND, Bartlett PF (November 2005). "The adult mouse hippocampal progenitor is neurogenic but not a stem cell". The Journal of Neuroscience 25 (47): 10815–21. PMC 6725873. PMID 16306394. doi:10.1523/JNEUROSCI.3249-05.2005.
- ↑ Reynolds BA, Weiss S (March 1992). "Generation of neurons and astrocytes from isolated cells of the adult mammalian central nervous system". Science 255 (5052): 1707–10. Bibcode:1992Sci...255.1707R. PMID 1553558. doi:10.1126/science.1553558.
- ↑ Doetsch F, Petreanu L, Caille I, Garcia-Verdugo JM, Alvarez-Buylla A (December 2002). "EGF converts transit-amplifying neurogenic precursors in the adult brain into multipotent stem cells". Neuron 36 (6): 1021–34. PMID 12495619. doi:10.1016/S0896-6273(02)01133-9.
- ↑ Marshall GP, Laywell ED, Zheng T, Steindler DA, Scott EW (March 2006). "In vitro-derived "neural stem cells" function as neural progenitors without the capacity for self-renewal". Stem Cells 24 (3): 731–8. PMID 16339644. doi:10.1634/stemcells.2005-0245.
- ↑ Bjornson CR, Rietze RL, Reynolds BA, Magli MC, Vescovi AL (January 1999). "Turning brain into blood: a hematopoietic fate adopted by adult neural stem cells in vivo". Science 283 (5401): 534–7. Bibcode:1999Sci...283..534B. PMID 9915700. doi:10.1126/science.283.5401.534.
- ↑ Murrell W, Féron F, Wetzig A, et al. (June 2005). "Multipotent stem cells from adult olfactory mucosa". Developmental Dynamics 233 (2): 496–515. PMID 15782416. doi:10.1002/dvdy.20360.
- ↑ Sieber-Blum M, Hu Y (December 2008). "Epidermal neural crest stem cells (EPI-NCSC) and pluripotency". Stem Cell Rev 4 (4): 256–60. PMID 18712509. doi:10.1007/s12015-008-9042-0.
- ↑ Kruger GM, Mosher JT, Bixby S, Joseph N, Iwashita T, Morrison SJ (August 2002). "Neural Crest Stem Cells Persist in the Adult Gut but Undergo Changes in Self-Renewal, Neuronal Subtype Potential, and Factor Responsiveness". Neuron 35 (4): 657–69. PMC 2728576. PMID 12194866. doi:10.1016/S0896-6273(02)00827-9.
- ↑ "Testicle cells may aid research". BBC. 25 March 2006.
- ↑ CBS/Associated Press (24 March 2006). "Study: Mice Testes Act Like Stem Cells". CBS. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2020.
- ↑ Rick Weiss (25 March 2006). "Embryonic Stem Cell Success". Washington Post.
- ↑ "Promising New Source of Stem Cells: Mouse Testes Produce Wide Range of Tissue Types". Science Daily. 24 September 2007.
- ↑ Barbara Miller (20 September 2007). "Testicles yield stem cells in science breakthrough". Australian Broadcasting Corporation.
- ↑ J.R. Minkel (19 September 2007). "Testes May Prove Fertile Source of Stem Cells". Scientific American.
- ↑ "Stem Cells in Adult Testes Provide Alternative to Embryonic Stem Cells for Organ Regeneration". Cornell University. 20 September 2007.
- ↑ Rob Waters (8 October 2008). "Testicle Stem Cells Become Bone, Muscle in German Experiments". Bloomberg.
- ↑ Nora Schultz (9 October 2008). "A Source of Men's Stem Cells – Stem cells from human testes could be used for personalized medicine.". Technology Review.
- ↑ Maggie Fox (Reuters) (2 April 2006). "U.S. Firm Says It Made Stem Cells From Human Testes". Washington Post.
- ↑ Bone Marrow Transplant Retrieved on 21 November 2008
- ↑ Srivastava A, Bapat M, Ranade S, Srinivasan V, Murugan P, Manjunath S, Thamaraikannan P, Abraham S (2010). "Autologous Multiple Injections of in Vitro Expanded Autologous Bone Marrow Stem Cells For Cervical Level Spinal Cord Injury – A Case Report". Journal of Stem Cells and Regenerative Medicine.
- ↑ Terai S, Ishikawa T, Omori K, Aoyama K, Marumoto Y, Urata Y, Yokoyama Y, Uchida K, Yamasaki T, Fujii Y, Okita K, Sakaida I (2006). "Improved liver function in patients with liver cirrhosis after autologous bone marrow cell infusion therapy". Stem Cells 24 (10): 2292–2298. PMID 16778155. doi:10.1634/stemcells.2005-0542.
- ↑ Subrammaniyan R, Amalorpavanathan J, Shankar R, Rajkumar M, Baskar S, Manjunath SR, Senthilkumar R, Murugan P, Srinivasan VR, Abraham S (2011). "Application of autologous bone marrow mononuclear cells in six patients with advanced chronic critical limb ischemia as a result of diabetes: our experience". Cytotherapy 13 (8): 993–999. PMID 21671823. doi:10.3109/14653249.2011.579961.
- ↑ Dedeepiya V; Rao Y Y; Jayakrishnan G; Parthiban JKBC; Baskar S; Manjunath S; Senthilkumar R; Abraham S (2012). "Index of CD34+ cells and mononuclear cells in the bone marrow of spinal cord injury patients of different age groups – A comparative analysis". Bone Marrow Research 2012: 1–8. PMC 3398573. PMID 22830032. doi:10.1155/2012/787414.
- ↑ Fischer UM, Harting MT, Jimenez F, et al. (June 2009). "Pulmonary passage is a major obstacle for intravenous stem cell delivery: the pulmonary first-pass effect". Stem Cells and Development 18 (5): 683–692. PMC 3190292. PMID 19099374. doi:10.1089/scd.2008.0253.
- ↑ Wakitani S, Nawata M, Tensho K, Okabe T, Machida H, Ohgushi H (2007). "Repair of articular cartilage defects in the patello-femoral joint with autologous bone marrow mesenchymal cell transplantation: three case reports involving nine defects in five knees". Journal of Tissue Engineering and Regenerative Medicine 1 (1): 74–79. PMID 18038395. doi:10.1002/term.8.
- ↑ Centeno; et al. "Regeneration of meniscus cartilage in a knee treated with percutaneously implanted autologous mesenchymal stem cells, platelate lysate, and dexamethasome". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2019. Consultado o 02 de xuño de 2020.
- ↑ Centeno CJ, Busse D, Kisiday J, Keohan C, Freeman M, Karli D (2008). "Increased knee cartilage volume in degenerative joint disease using percutaneously implanted, autologous mesenchymal stem cells". Pain Physician 11 (3): 343–353. PMID 18523506. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2009. Consultado o 02 de xuño de 2020.
- ↑ Centeno CJ, Schultz JR, Cheever M, Robinson B, Freeman M, Marasco W (2010). "Safety and complications reporting on the re-implantation of culture-expanded mesenchymal stem cells using autologous platelet lysate technique". Curr Stem Cell Res Ther 5 (1): 81–93. PMID 19951252. doi:10.2174/157488810790442796.
- ↑ PR Newswire. "The International Society for Stem Cell Research Releases New Guidelines to Shape Future of Stem Cell Therapy Regulation needed as new study reveals clinics exaggerate claims and omit risks".
- ↑ Liao, YH; Verchere, CB; Warnock, GL (April 2007). "Adult stem or progenitor cells in treatment for type 1 diabetes: current progress.". Canadian Journal of Surgery 50 (2): 137–142. PMC 2384257. PMID 17550719.
- ↑ Mimeault, M; Hauke, R; Batra, S K (1 August 2007). "Stem Cells: A Revolution in Therapeutics – Recent Advances in Stem Cell Biology and Their Therapeutic Applications in Regenerative Medicine and Cancer Therapies". Clinical Pharmacology & Therapeutics 82 (3): 252–264. PMID 17671448. doi:10.1038/sj.clpt.6100301.
- ↑ Christoforou, N; Gearhart, JD (May–Jun 2007). "Stem cells and their potential in cell-based cardiac therapies.". Progress in Cardiovascular Diseases 49 (6): 396–413. PMID 17498520. doi:10.1016/j.pcad.2007.02.006.
- ↑ Raff, M (2003). "Adult stem cell plasticity: Fact or Artifact?". Annual Review of Cell and Developmental Biology 19: 1–22. PMID 14570561. doi:10.1146/annurev.cellbio.19.111301.143037.
- ↑ Smith, S; Neaves, W; Teitelbaum, S; Prentice, D. A.; Tarne, G. (8 June 2007). "Adult Versus Embryonic Stem Cells: Treatments". Science 316 (5830): 1422–1423. PMID 17556566. doi:10.1126/science.316.5830.1422b.
- ↑ Huang, C; et al. (2015). "Environmental physical cues determine the lineage specification of mesenchymal stem cells". Biochim Biophys Acta 1850 (6): 1261–1266. PMC 4411082. PMID 25727396. doi:10.1016/j.bbagen.2015.02.011.
- ↑ Ratajczak MZ, Machalinski B, Wojakowski W, Ratajczak J, Kucia M (2007). "A hypothesis for an embryonic origin of pluripotent Oct-4(+) stem cells in adult bone marrow and other tissues". Leukemia 21 (5): 860–867. PMID 17344915. doi:10.1038/sj.leu.2404630.
- ↑ "Me too, too – How to make human embryonic stem cells without destroying human embryos". The Economist. 22 November 2007.
- ↑ Gina Kolata (22 November 2007). "Man Who Helped Start Stem Cell War May End It". The New York Times.
- ↑ Gina Kolata (21 November 2007). "Scientists Bypass Need for Embryo to Get Stem Cells". The New York Times.
- ↑ Anne McIlroy (21 November 2007). "Stem-cell method hailed as 'massive breakthrough'". Globe and Mail. Canada. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2008. Consultado o 02 de xuño de 2020.
- ↑ Alice Park (20 November 2007). "A Breakthrough on Stem Cells". Time Magazine. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2020.
- ↑ Barrilleaux B, Phinney DG, Prockop DJ, O'Connor KC (2006). "Review: ex vivo engineering of living tissues with adult stem cells". Tissue Eng. 12 (11): 3007–3019. PMID 17518617. doi:10.1089/ten.2006.12.3007.
- ↑ Gimble JM, Katz AJ, Bunnell BA (2007). "Adipose-derived stem cells for regenerative medicine". Circ. Res. 100 (9): 1249–1260. PMC 5679280. PMID 17495232. doi:10.1161/01.RES.0000265074.83288.09.
- ↑ Gardner RL (March 2002). "Stem cells: potency, plasticity and public perception". Journal of Anatomy 200 (Pt 3): 277–282. PMC 1570679. PMID 12033732. doi:10.1046/j.1469-7580.2002.00029.x.
- ↑ Takahashi K, Yamanaka S (2006). "Induction of pluripotent stem cells from mouse embryonic and adult fibroblast cultures by defined factors". Cell 126 (4): 663–676. PMID 16904174. doi:10.1016/j.cell.2006.07.024. hdl:2433/159777.
- ↑ M Bioinfobank FAQ: Stem cells in adult tissuesRetrieved on 21 November 2008 Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Cogle CR, Guthrie SM, Sanders RC, Allen WL, Scott EW, Petersen BE (August 2003). "An overview of stem cell research and regulatory issues". Mayo Clinic Proceedings 78 (8): 993–1003. PMID 12911047. doi:10.4065/78.8.993.
- ↑ Chaudhary PM, Roninson IB (July 1991). "Expression and activity of P-glycoprotein, a multidrug efflux pump, in human hematopoietic stem cells". Cell 66 (1): 85–94. PMID 1712673. doi:10.1016/0092-8674(91)90141-K.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recurso de información sobre células nai dos NIH
- Nature Reports Stem Cells Información, avances en investigación e debates sobre células nai
- UMDNJ Medicina rexenerativa con células nai, proporciona materiais educativos e fontes de investigación
- Investigación sobe células nai na Universidade Johns Hopkins Arquivado 12 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.