Saltar ao contido

César Fernández Gonzalez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCésar Fernández Gonzalez
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 2004 Editar o valor en Wikidata (20 anos)
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata

Instagram: cesarfernandeez Editar o valor en Wikidata


César Fernández González, nado no Barco de Valdeorras o 28 de xaneiro de 2004, é un xogador de fútbol galego que xoga como porteiro no Celta de Vigo Fortuna, equipo filial do Celta de Vigo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

César Fernández comezou a súa no Club Polideportivo Calasancio de Monforte, preto da súa vila natal, O Barco.[1] Posteriormente continuou a súa carreira nas categorías inferiores do Celta, onde fichou polo Alevín A. Na tempada 2023-24 militou no Gran Peña, que nese ano funcionaba como terceiro filial do club celeste coa denominación de Celta C-Gran Peña. Debutou co Celta Fortuna fronte á SD Logroñés no campo das Gaunas o 3 de decembro de 2023, nun encontro que finalizou con vitoria celeste por 2 a 3.[2]

O seu debut co primeiro equipo do Celta de Vigo foi o 21 de xullo de 2024, da man do adestrador Claudio Giráldez, nun encontro amigábel disputado perante o Vizela no campo da Lomba, en Vilagarcía de Arousa, e que rematou coa vitoria celeste por 4 goles a 0. Fernández disputou os segundos 45 minutos do partido.

César Fernádez foi ademais porteiro internacional con diversas seleccións inferiores da Selección española de fútbol até a categoría sub-19.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]