César López Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Acevedo, España |
Morte | 12 de setembro de 1939 (35/36 anos) Meira, España |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Avelino López Otero |
César López Otero, nado en Acevedo (San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín; por entón pertencente ao concello de Meira), en 1903 e finado en Meira o 12 de setembro de 1939, foi un avogado, sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende 1923 presidiu a Federación Provincial Agraria (FPA) e a Confederación Rexional de Agricultores Gallegos (CRAG). Integrouse na ORGA en 1930 e despois no Partido Republicano Gallego. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Foi gobernado civil da Coruña do 12 de xuño de 1931 ata a súa dimisión o 8 de xullo de 1932. Logo foi dirixente de Izquierda Republicana. Xunto co seu irmán Avelino López Otero foi o promotor da constitución do concello de Ribeira de Piquín, constituído o 5 de marzo de 1935. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de outubro de 1937, o día 15 foi conducido ao Hospital, e morreu uns meses despois de saír da cadea.
Obras
[editar | editar a fonte]- Abolición de foros, censos y otras rentas de origen señorial, 1934.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 19 de agosto de 2013.