Saltar ao contido

César Strawberry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCésar Strawberry

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) César Montaña Lehmann Editar o valor en Wikidata
2 de marzo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, compositor, cantante Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCésar Montaña Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0833935 Twitter: cesarstrawberry BNE: XX1540751 Musicbrainz: 49a79470-6737-4294-9dfa-38ae8a687dd1 Discogs: 1784869 Editar o valor en Wikidata

César Montaña Lehmann, nado en Madrid o 2 de marzo de 1964, de nome artístico César Strawberry, é un escritor, compositor e cantante español, popular por ser membro e portavoz do grupo Def Con Dos. Tamén é vocalista no grupo Strawberry Hardcore. Como escritor ten publicadas tres novelas, un libro de relatos compartido e a primeira parte da biografía do grupo Def Con Dos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Goza de popularidade por ser MC e voceiro do grupo de música hip hop e rap metal Def Con Dos. Con esta banda publicou dez discos en estudo, ademais de diversos recompilatorios, directos, unha maqueta e varios sinxelos, sendo o compositor da maior parte das súas letras.

Tamén é cantante e compositor das letras do grupo de música Strawberry Hardcore, que practica precisamente ese estilo musical, na súa vertente melódica, e co que publicou dous álbums.

Ademais está desenvolven unha carreira como escritor, con tres novelas publicadas, a primeira parte dunha biografía sobre o grupo Def Con Dos e un libro de relatos compartido.

O 19 de xuño de 2016 foi detido pola Garda Civil dentro da operación “Araña III” acusado de “enaltecemento do terrorismo”, por unhas mensaxes en Twitter de ano e medio antes.[1] Ese mesmo día foi posto en liberdade e difundiu un comunicado, no que lamentaba que esas mensaxes puidesen ofender a algunhas persoas, defendía o dereito á crítica sociopolítica e explicaba “en todo momento considerei que esta actividade se atopaba amparada pola liberdade de expresión”. Foi absolto dos delitos de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas pola audiencia nacional e posteriormente condenado polo tribunal supremo a un ano de cárcere.[2][3][4]