Saltar ao contido

C-540

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C-540
Tramo vello da C-540 (actual AC-192) ao seu paso pola Casilla (Moldes, Melide).
Tramo vello da C-540 (actual AC-192) ao seu paso pola A Casilla (Moldes, Melide). Editar o valor en Wikidata
Tipoloxíaestrada comarcal
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude68 km
Localización
InicioBetanzos
FinAgolada

A C-540 era a denominación da antiga estrada comarcal que unía Betanzos e Agolada[1], cun percorrido de 68 km. A denominación de C-540 responde á nomenclatura utilizada nas estradas nacionais de España.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Atravesaba Oza, cruzábase coa N-634 no Cruce de Sesmonde (Barbeito, Vilasantar), atravesaba Ru, o río Ulla na Pontenova (A Ponte Arcediago, Santiso), e cruzaba a vila de Melide.

Esta estrada encóntrase dividida nos seguintes treitos:

Provincia da Coruña
Provincia de Pontevedra

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A estada tiña casetas de legoeiros de Roibeira (Mondoi), Fraís (Parada), Forcada (Trasanquelos), A Rexidoira (Filgueira de Barranca), Estremil (Fisteus), A Casilla (Présaras), A Chavella (Dormeá), As Brañas (Xubial, xa desaparecida), Taxón (San Cibrao) e A Casilla (Moldes).

  1. Secretaría General Técnica (1964). Mapa Oficial de Carreteras de España. Escala 1:400.000 (6ª ed.). Ministerio de Obras Públicas.