C5 (complemento)
PDB 3cu7 | |
Compoñente do complemento 5
| |
Identificadores | |
Símbolo | C5 ; C5a; C5b; CPAMD4 (xene) |
Entrez | 727 |
HUGO | 1331 |
OMIM | |
RefSeq | NP_001726 |
UniProt | P01031 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 9 q33-q34 |
O compoñente do complemento 5 ou C5 é unha proteína que forma parte do sistema do complemento inmunitario, que nos humanos está codificada no xene C5 do cromosoma 9.[1]
O C5 é clivado por un encima convertase dando lugar aos compoñentes C5a e C5b:
- O C5a xoga un importante papel na quimiotaxe.
- O C5b forma a primeira parte do complexo de ataque á membrana.
Crese que a deficiencia de C5 é a causa da enfermidade de Leiner, unha doenza da pel con propensión a infeccións.
Función
[editar | editar a fonte]C5 é o quinto compoñente do sistema do complemento, e xoga un importante papel nos procesos inflamatorios e de morte de células. O precursor de C5 é primeiramente procesado eliminándolle 4 residuos básicos, formando as dúas cadeas, alfa e beta, das que está composta a proteína, que están ligadas por unha ponte disulfuro. Da cadea alfa deriva o péptido de activación C5a, que se orixinina pola clivaxe realizada por unha convertase. C5a é unha anafilatoxina cunha potente actividade espasmoxénica (induce a contracción do músculo liso) e a permeabilidade vascular (por liberación de histamina polos mastocitos e basófilos) e quimiotáctica (atrae a leucocitos polimorfonucleares).[2] Pola súa parte, o produto de clivaxe macromolecular C5b pode formar un complexo con C6, e este complexo é a base para a formación do complexo de ataque á membrana, que tamén consta doutros compoñentes do complemento adicionais.[1]
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]As mutacións no xene C5 causan unha deficiencia no compoñente do complemento 5, que é unha doenza na que os pacientes presentan unha propensión a ter infeccións recorrentes graves. Os defectos neste xene foron ligados tamén coa susceptibilidade á fibrose hepática e á artrite reumatoide.[1]
Aplicacións terapéuticas
[editar | editar a fonte]O fármaco eculizumab impide a clivaxe de C5 para dar C5a e C5b.[3]
Vía do sistema do complemento
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Entrez Gene: complement component 5".
- ↑ UniProt
- ↑ Dubois E, Cohen A (2009). "Eculizumab". Br J Clin Pharmacol 68 (3): 318–319. PMC 2766470. PMID 19740388. doi:10.1111/j.1365-2125.2009.03491.x.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tack BF, Morris SC, Prahl JW (1979). "Fifth component of human complement: purification from plasma and polypeptide chain structure". Biochemistry 18 (8): 1490–7. PMID 106884. doi:10.1021/bi00575a016.
- Fernandez HN, Hugli TE (1978). "Primary structural analysis of the polypeptide portion of human C5a anaphylatoxin. Polypeptide sequence determination and assignment of the oligosaccharide attachment site in C5a". J. Biol. Chem. 253 (19): 6955–64. PMID 690134.
- DiScipio RG (1992). "Formation and structure of the C5b-7 complex of the lytic pathway of complement". J. Biol. Chem. 267 (24): 17087–94. PMID 1387399.
- Haviland DL, Haviland JC, Fleischer DT; et al. (1991). "Complete cDNA sequence of human complement pro-C5. Evidence of truncated transcripts derived from a single copy gene". J. Immunol. 146 (1): 362–8. PMID 1984448.
- Bohnsack JF, Mollison KW, Buko AM; et al. (1991). "Group B streptococci inactivate complement component C5a by enzymic cleavage at the C-terminus". Biochem. J. 273 (Pt 3): 635–40. PMC 1149811. PMID 1996961.
- Lundwall AB, Wetsel RA, Kristensen T; et al. (1985). "Isolation and sequence analysis of a cDNA clone encoding the fifth complement component". J. Biol. Chem. 260 (4): 2108–12. PMID 2579066.
- Zuiderweg ER, Fesik SW (1989). "Heteronuclear three-dimensional NMR spectroscopy of the inflammatory protein C5a". Biochemistry 28 (6): 2387–91. PMID 2730871. doi:10.1021/bi00432a008.
- Zuiderweg ER, Nettesheim DG, Mollison KW, Carter GW (1989). "Tertiary structure of human complement component C5a in solution from nuclear magnetic resonance data". Biochemistry 28 (1): 172–85. PMID 2784981. doi:10.1021/bi00427a025.
- Haefliger JA, Tschopp J, Vial N, Jenne DE (1989). "Complete primary structure and functional characterization of the sixth component of the human complement system. Identification of the C5b-binding domain in complement C6". J. Biol. Chem. 264 (30): 18041–51. PMID 2808363.
- Wetsel RA, Lemons RS, Le Beau MM; et al. (1988). "Molecular analysis of human complement component C5: localization of the structural gene to chromosome 9". Biochemistry 27 (5): 1474–82. PMID 3365401. doi:10.1021/bi00405a012.
- Zuiderweg ER, Mollison KW, Henkin J, Carter GW (1988). "Sequence-specific assignments in the 1H NMR spectrum of the human inflammatory protein C5a". Biochemistry 27 (10): 3568–80. PMID 3408713. doi:10.1021/bi00410a007.
- Stewart JL, Kolb WP, Sodetz JM (1987). "Evidence that C5b recognizes and mediates C8 incorporation into the cytolytic complex of complement". J. Immunol. 139 (6): 1960–4. PMID 3624872.
- Buhl AM, Osawa S, Johnson GL (1995). "Mitogen-activated protein kinase activation requires two signal inputs from the human anaphylatoxin C5a receptor". J. Biol. Chem. 270 (34): 19828–32. PMID 7649993. doi:10.1074/jbc.270.34.19828.
- Babkina IN, Seregin SV, Daniliuk NK; et al. (1995). "[Chemico-enzymatic synthesis, cloning and expression of a gene for an analog of human anaphylatoxin C5a]". Bioorg. Khim. 21 (5): 359–64. PMID 7661861.
- Wang X, Fleischer DT, Whitehead WT; et al. (1995). "Inherited human complement C5 deficiency. Nonsense mutations in exons 1 (Gln1 to Stop) and 36 (Arg1458 to Stop) and compound heterozygosity in three African-American families". J. Immunol. 154 (10): 5464–71. PMID 7730648.
- Oppermann M, Götze O (1995). "Plasma clearance of the human C5a anaphylatoxin by binding to leucocyte C5a receptors". Immunology 82 (4): 516–21. PMC 1414921. PMID 7835913.
- Süsal C, Kirschfink M, Kröpelin M; et al. (1994). "Complement activation by recombinant HIV-1 glycoprotein gp120". J. Immunol. 152 (12): 6028–34. PMID 7911492.
- Arribas J, Arizti P, Castaño JG (1994). "Antibodies against the C2 COOH-terminal region discriminate the active and latent forms of the multicatalytic proteinase complex". J. Biol. Chem. 269 (17): 12858–64. PMID 8175701.
- Süsal C, Kirschfink M, Kröpelin M; et al. (1996). "Identification of complement activation sites in human immunodeficiency virus type-1 glycoprotein gp120". Blood 87 (6): 2329–36. PMID 8630395.
- Ames RS, Li Y, Sarau HM; et al. (1996). "Molecular cloning and characterization of the human anaphylatoxin C3a receptor". J. Biol. Chem. 271 (34): 20231–4. PMID 8702752. doi:10.1074/jbc.271.34.20231.
- Fredslund F, Laursen NS, Roversi P; et al. (2008). "Structure of and influence of a tick complement inhibitor on human complement component 5". Nat Immunol. 9 (7): 753–60. PMID 18536718. doi:10.1038/ni.1625.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Complement 5 Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.