CB Aismalíbar
Aismalíbar Montcada | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1947 |
Desaparición | 1964 |
Cores | Vermello, branco |
Localización | |
Cidade | Montcada i Reixac, España |
O Club Baloncesto Aismalíbar foi un equipo profesional español con sede na cidade de Montcada i Reixac, Cataluña. En 1957 foi un dos membros fundadores da Primeira División, competición na que participa durante as súas primeiras oito edicións. Foi tamén catro veces subcampión de Copa (1956, 1957, 1959 e 1964). O equipo desaparece en 1964 por problemas económicos.[1] O club recibía o nome por Aismalíbar, unha empresa de caucho e plásticos local propietaria do club.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes do club remóntanse ao ano 1947 cando a empresa Aismalíbar crea un club social para os seus traballadores. Os empregados crearon un equipo de baloncesto que se inscribiu na Liga Obra Sindical de Educación e Descanso. Tras varios éxitos nesa competición, a empresa inscribiu a outro equipo na Federación Catalá de Baloncesto co nome de Club Baloncesto Aismalíbar. Este quedou campión de Segunda e de Primeira Rexional catalá sucesivamente. A empresa fixo entón un forte investimento económico para facer un equipo competitivo na década de 1950.
Contratou como xogador-adestrador a Eduardo Kucharski, e a xogadores da categoría de Emiliano Rodríguez, que posteriormente faría historia no Real Madrid, Nino Buscató e Francisco Borrell, un pivote de 2 metros de altura.[2] En 1957 converteuse nun dos seis equipos fundadores da Liga Nacional. En canto á competición de copa, +o equipo conseguiu ser catro veces subcampión da Copa do Xeneralísimo (1956, 1957, 1959 e 1964). O declive do club iniciouse cando o equipo tivo que disputar os seus partidos en Barcelona e non na súa pista de Montcada i Reixac, debido a que a nova normativa obrigaba a disputar os partidos en pavillóns cubertos e a empresa Aismalíbar non puido afrontar os gastos que supuña cubrir a pista do seu club social.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa |
---|---|---|---|---|---|
1956–57 | 1 | 1ª División | 4º | 5−5 | Subcampións |
1957–58 | 1 | 1ª División | 3º | 13−5 | Semifinais |
1958–59 | 1 | 1ª División | 5º | 13−9 | Subcampións |
1959–60 | 1 | 1ª División | 4º | 14−1−7 | Cuartos de final |
1960–61 | 1 | 1ª División | 5º | 12−2−8 | Semifinais |
1961–62 | 1 | 1ª División | 7º | 9−9 | Semifinais |
1962–63 | 1 | 1ª División | 3º | 6−4 | Semifinais |
1963–64 | 1 | 1ª División | 4º | 15−7 | Subcampións |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Club Basquetbol Aismalíbar". Encilopèpida de l'esport català (en catalán). Consultado o 18 de xullo de 2022.
- ↑ "Borrell Valls, Francisco". Selección Baloncesto (en castelán).