Liga Española de Baloncesto (1957-1983)
- Para a actual liga homónima véxase: Liga LEB
Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Parte de | Sistema de Ligas de basquetebol da Espanha (pt) ![]() ![]() |
Número de participantes | 14 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1957 – 1983 ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
A Liga Española de Baloncesto é o nome que recibiu a actual competición que, desde 1980, enfrontaba aos clubs españois cada ano nunha competición de liga con partidos entre todos os participantes, a dobre volta. Foi organizada pola Federación Española de Baloncesto até 1983 cando os clubs, organizados na recentemente creada Asociación de Clubs de Baloncesto, decidiron organizar a Liga ACB, unha nova competición independente da FEB.
Formato
[editar | editar a fonte]A pesar de ser, formalmente, dúas competicións distintas, con regras e sistema de competición diferentes, a Liga ACB é considerada a continuadora da Primeira División da Liga Española de Baloncesto que organizaba a Federación Española de Baloncesto. A Primeira División foi disputada entre 1957 e 1983, variando o número de participantes desde os seis da primeira edición até os 14 da última, sendo o máximo de equipos o acadado na temporada 1972−1973 con 16. Esta competición, a diferenza da ACB, non contaba con play-offs para determinar ao campión. Todos os participantes enfrontábanse en partidos de ida e volta entre si de acordo a un calendario estabelecido por sorteo a principio de temporada, deste xeito, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.
A vitoria valía dous puntos e o empate un punto, xa que naquel tempo o regulamento contemplaba o empate a puntos. Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, é dicir, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión. Este equipo gañaba ademais o dereito de disputar a Copa de Europa organizada pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). Ademais, os seguintes clasificados eran convidados a disputar a Copa Korać, agás se algún deles gañara a Copa do Rei, que nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa. Os método para o descenso variou segundo a temporada, chegando a haber tanto descenso directo como partidos de promoción, onde os equipos peor clasificados disputaban a súa permancencia contra os mellores da segunda categoría. Durante as 27 temporadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Foi destronado en tan só en cinco ocasións, tres veces polo FC Barcelona en e dúas veces polo Joventut Badalona .
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Nas 27 tempadas que houbo entre 1957 e 1983 competiron un total de 45 equipos na Primeira División da Liga Española de Baloncesto.
Historial
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1957
Real Madrid
- 1958
Real Madrid
- 1958–59
FC Barcelona
- 1959–60
Real Madrid
- 1960–61
Real Madrid
- 1961–62
Real Madrid
- 1962–63
Real Madrid
- 1963–64
Real Madrid
- 1964–65
Real Madrid
- 1965–66
Real Madrid
- 1966–67
Joventut
- 1967–68
Real Madrid
- 1968–69
Real Madrid
- 1969–70
Real Madrid
- 1970–71
Real Madrid
- 1971–72
Real Madrid
- 1972–73
Real Madrid
- 1973–74
Real Madrid
- 1974–75
Real Madrid
- 1975–76
Real Madrid
- 1976–77
Real Madrid
- 1977–78
Joventut
- 1978–79
Real Madrid
- 1979–80
Real Madrid
- 1980–81
FC Barcelona
- 1981–82
Real Madrid
- 1982–83
FC Barcelona
Títulos
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Subcampión |
---|---|---|
![]() |
22 |
4
|
![]() |
3 |
9
|
![]() |
2 |
6
|
![]() |
0 |
4
|
![]() |
0 |
3
|
![]() |
0 |
1
|
Máximos anotadores
[editar | editar a fonte]
Récords
[editar | editar a fonte]
Equipos
[editar | editar a fonte]- Máis títulos: Real Madrid (22)
- Máis subcampionatos: FC Barcelona (9)
- Máxima diferenza de puntos partido: (92, na vitoria do Real Madrid contra o Breogán por 140-48 o 8 de febreiro de 1976)
Adestradores
[editar | editar a fonte]- Máis títulos: Pedro Ferrándiz (12)
- Máis títulos en distintos equipos: Antoni Serra (3 en 2 equipos, FC Barcelona e Joventut)
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Máis temporadas disputadas: Alfonso Martínez (19)
- Máis títulos: Clifford Luyk (14)
- Máis títulos en distintos equipos: Alfonso Martínez (4 en 3 equipos, FC Barcelona, Real Madrid e Joventut)
- Máis puntos na historia da liga: Alfonso Martínez (en Real Madrid, FC Barcelona, Joventut, Picadero, Mataró e Breogán)
- Máis puntos nunha soa temporada: Bob Fullarton (968, co Breogán na temporada 1975−76)
- Máis veces o máximo anotador: Alfonso Martínez (3)
- Mellor media anotadora da liga: Essie Hollis (41,0, co Askatuak na temporada 1977−78)
- Máis puntos nun xogo: Walter Szczerbiak (65 puntos, na vitoria do Real Madrid contra o Breogán por 140-48 o 8 de febreiro de 1976)