Bilbao Basket
Surne Bilbao Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Alcume | Homes de negro |
Fundación | 7 de marzo de 2000 |
Cores | Negro, prata |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Bilbao Arena |
Capacidade | 10 014 |
Inauguración | 24 de setembro de 2010 |
Campionatos | |
Liga LEB | 1 (2004) |
bilbaobasket.biz |
O Club Basket Bilbao Berri S.A.D., actualmente coñecido como Surne Bilbao Basket por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade de Bilbao, Biscaia. Foi fundado o 7 de marzo de 2000 co obxectivo de que a cidade volvese a contar cun equipo na elite após a desaparición do Caja Bilbao en 1994. O Bilbao Basket xoga actualmente na Liga ACB, competición da que foi subcampión na temporada 2010−11. O club xoga os seus partidos coma local no Bilbao Arena, recinto inaugurado en 2010 con capacidade para 10 014 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]O Basket Bilbao Berri foi fundado o 7 de marzo de 2000, sendo creado para substituír o vello equipo da cidade, o Caja Bilbao. Comezou a súa andaina na LEB 2, cun comezo regular xa que rematou loitando polos postos da parte baixa da liga, rematando finalmente décimo terceiros. A seguinte tempada, a súa segunda na categoría, creouse un proxecto máis ambicioso, coas vistas postas na ACB. Así, ese ano, o Bilbao Berri consegue disputar aos playoff de ascenso, acadando finalmente o ascenso á segunda máxima categoría do baloncesto estatal tras vencer ao Guadalajara e ao La Palma. Finalmente, na tempada 2003-04 o Bilbao Basket ascendeu á máxima categoría, a liga ACB.[1]
Na súa estrea na categoría de prata durante a temporada 2002−03, o Bilbao convertese no equipo revelación e consegue acabar loitando polo ascenso á ACB, aínda que finalmente foi derrotado nos playoffs de ascenso ás primeiras de cambio polo León. Ao ano seguinte os rexistros durante a tempada regular melloraron, terminando coma líder da clasificación, o que lles permitía acceder ás eliminatorias polos ascenso como favoritos. Na primeira rolda venceron, aínda que con dificultade ao Huelva, e nas semifinais vingáronse do León, vencendo por 3 a 0, o que lles supuxo o ascenso á máxima categoría.[1]
Ao chegar á Liga ACB, o Bilbao contou cun dos presupostos máis baixos da categoría durante os seus primeiros anos. Durante a temporada 2005−06, conseguiu derrotar por primeira vez ao seu máximo rival, o TAU Baskonia no Bizkaia Arena ante 12 500 espectadores. Así mesmo, derrotou no vello pavillón de "La Casilla" ao Winterthur F.C. Barcelona e ao Unicaja Málaga, campión da Liga Regular. Porén, foi no Bizkaia Arena onde o Bilbao Basket conseguiu o maior rexistro de asistencia a un partido da ACB naquela altura con 15 414 espectadores o 6 de xaneiro de 2007 ante o TAU Baskonia.[2] O pavillón no que xogaba o Iurbentia era o "Pabellón de Deportes Municipal de La Casilla" ou "La Casilla Udal Pabilioia", con capacidade para 5.200 espectadores.[3] Metro Bilbao, na súa Estación de Indautxu, e as estacións de tren de Autonomía (Renfe Cercanías) e Ametzola (Renfe Cercanías e Feve) daban servizo ao pavillón.
Subcampións da ACB
[editar | editar a fonte]Durante o ano 2006 asinouse o acordo institucional para a construción dun novo pavillón en Miribilla para 10 014 espectadores, o cal foi inaugurado en setembro de 2010. Esa temporada 2010−11 comezou titubeante para o equipo, aínda que finalmente logra sen excesivos problemas o acceso á Copa do Rei, perdendo en cuartos de final contra o Baskonia nun axustado partido. Finalmente, lograría pechar a temporada regular na 6ª praza, repetindo a mellor clasificación da súa historia. Na primeira rolda dos play-off enfrontáronse ao Power Electronics Valencia, a priori un dos aspirantes ao título de liga.
En Valencia logran a súa primeira vitoria no play-off da súa historia, para pechar o seu pase a semifinais cun 2−0 en Bilbao. En semifinais, tamén co factor cancha en contra, vencerían ao Real Madrid 3−1, logrando disputar a Final da ACB. Finalmente caerían derrotados contra o Regal FC Barcelona por 3-0, supondo o primeiro subcampionato de liga do club. Este subcampionato permitiulles clasificarse para a seguinte edición da Euroliga. Na temporada 2011−12 da ACB o equipo mantivo un nivel discreto, perdéndose a Copa del Rei e caendo en cuartos de final. En Euroliga, o equipo consegue disputar tamén os cuartos de final, onde caen ante o CSKA Moscow.
Problemas económicos
[editar | editar a fonte]A finais de 2013, Gorka Arrinda, conselleiro delegado do equipo, anuncia que se non conseguen 1,5 millóns de euros non poderán pagar a nómina dos seus xogadoresnin aos provedores. Arrinda afirma que están en "unha situación límite de tesouraría" e dáse un prazo de dous meses para tomar unha decisión sobre o futuro do equipo.[4] O 17 de xullo anúnciase que o equipo non competirá na próxima Liga ACB pola súa situación económica, feito que se confirmou un día despois.
O 8 de agosto de 2014 o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD), dependente do Consello Superior de Deportes (CSD), estimou o recurso interposto polo consello de administración do club e obrigou á ACB a readmitir ao conxunto vasco. Unha vez cumpridos os requisitos necesarios para a inscrición, como a reposición do Fondo Especial de Garantía e unha redución na débeda contraída con xogadores e técnicos por baixo do 15% foi readmitido na liga Endesa como membro de pleno dereito. O calendario, establecido antes da de reinscripción do club, estaba formado por 17 equipos nos que aquel que descansaba cada xornada será quen se enfronte ao Bilbao Basket sen alterar, deste xeito, a orde do calendario preestablecido. Nese momento, o equipo conta cun patrocinador principal, a empresa suíza WISeKey, que xunto a outros patrocinadores minoritarios e ao Consello de Administración do equipo, tratarían de reducir a débeda neta do club. Unha débeda, que tras quitas do 50% atopábase en 3,6 millóns de Euros.
Despois da difícil situación económica, despois de varios anos en ACB, o club descende para a temporada 2018−19 á Liga LEB. O descenso achega ao club o fondo de ascensos e descensos, o cal alivia economicamente ao club. Grazas a iso, o Bilbao pode contratar un elenco de xogadores competitivo con vistas ao regreso á liga ACB. O equipo renóvase ao completo, sendo Javi Salgado o único xogador que continúa do ano anterior e contratando a xogadores como Ben Lammers, Kevin Larsen, Leonardo Demétrio, Jaylon Brown ou Thomas Schreiner. Porén, o equipo non consegue o ascenso directo, tendo que disputar os play-offs por unha praza na máxima categoría. A eliminatroria de cuartos de final deparoulle unha contra Palencia que se decidiu en cinco partidos. Xa na Final Four, disputada en Bilbao a partido único, o equipo vence en semifinais ao Melilla e na final ao Palma, regresando así á Liga ACB.[5]
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Lagun Aro Bilbao Basket (2004–2007)
- Iurbentia Bilbao Basket (2007–2009)
- Bizkaia Bilbao Basket (2009–2011)
- Gescrap Bizkaia Bilbao Basket (2011–2012)
- Uxúe Bilbao Basket (2012–2013)
- Dominion Bilbao Basket (2015–2016)
- RETAbet Bilbao Basket (2016–2021)
- Surne Bilbao Basket (2021–presente)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Surne Bilbao Basket 2022−2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados polo Bilbao Basket | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
14 | ![]() |
Base | 2001–2010, 2016–2019 |
Destacados
[editar | editar a fonte]Quino Colom
Germán Gabriel
Roger Grimau
Eduardo Hernández-Sonseca
Raül López
Álex Mumbrú
Javi Salgado
Paco Vázquez
Fran Vázquez
Axel Hervelle
Marcelinho Huertas
Tiago Splitter
Marko Banić
Damir Markota
Ondřej Balvín
Jérôme Moïso
Frédéric Weis
D'or Fischer
Lamont Hamilton
Aaron Jackson
John Jenkins
Quincy Lewis
Dairis Bertāns
Jānis Blūms
Antanas Kavaliauskas
Renaldas Seibutis
Predrag Savović
Marko Todorović
Kostas Vasileiadis
Nikos Zisis
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]Primeiro quinteto da ACB
- Marcelinho Huertas – 2008
- Marko Todorović – 2015
- Álex Mumbrú – 2016
MVP da ULEB Eurocup
- Marko Banić – 2010
Primeiro quinteto da Eurocup
- Marko Banić – 2009, 2010
- Kostas Vasileiadis – 2009, 2013
Segundo quinteto da Eurocup
- Lamont Hamilton – 2013
Adestradores
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista dos adestradores do Bilbao Basket desde a súa fundación.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2004
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2000–01 | 3 | LEB 2 | 13º | 13–20 | ||||||
2001–02 | 3 | LEB 2 | 1º | 31–8 | Copa LEB 2 | 1º | ||||
2002–03 | 2 | LEB | 6º | 21–14 | Copa Príncipe | 2º | ||||
2003–04 | 2 | LEB | 1º | 29–14 | Copa Príncipe | SF | ||||
2004–05 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | ||||||
2005–06 | 1 | ACB | 15º | 13–21 | ||||||
2006–07 | 1 | ACB | 10º | 15–19 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 7º | 21–15 | Semifinais | Supercopa | 2º | |||
2008–09 | 1 | ACB | 8º | 15–19 | 2 Eurocup | SF | 11–3 | |||
2009–10 | 1 | ACB | 9º | 16–18 | Cuartos de final | 2 Eurocup | 3º | 13–5 | ||
2010–11 | 1 | ACB | 2º | 26–17 | Cuartos de final | |||||
2011–12 | 1 | ACB | 6º | 19–17 | Supercopa | SF | 1 Euroliga | CF | 10–10 | |
2012–13 | 1 | ACB | 7º | 20–17 | Cuartos de final | 2 Eurocup | 2º | 13–4 | ||
2013–14 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | Supercopa | SF | 2 Eurocup | L32 | 8–8 | |
2014–15 | 1 | ACB | 5º | 21–18 | Cuartos de final | |||||
2015–16 | 1 | ACB | 10º | 16–18 | Semifinais | 2 Eurocup | L32 | 11–5 | ||
2016–17 | 1 | ACB | 10º | 14–18 | 2 EuroCup | FG | 3–5 | |||
2017–18 | 1 | ACB | 17º | 8–26 | 2 EuroCup | FG | 2–8 | |||
2018–19 | 2 | LEB Ouro | 2º | 29–12 | Copa Princesa | 2º | ||||
2019–20 | 1 | ACB | 8º | 15–13 | Cuartos de final | |||||
2020–21 | 1 | ACB | 17º | 10–26 | 3 Champions League | FG | 2–4 | |||
2021–22 | 1 | ACB | 9º | 16–18 |
Seareiros
[editar | editar a fonte]O club conta na actualidade con sete agrupacións de seareiros. A pioneira foi Hirukoa, á que seguiron a "Peña Vidorreta" e a "Peña Javi Salgado". Despois chegarían a "Peña 2.18", adicada a Frédéric Weis, e a "Peña Marko Banić". Algo máis tarde se fundou a "Peña La Casa" e, finalmente, a "Peña Bilbao Basket de Erandio".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Bizkaia Bilbao Basket. Historia". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 08 de febreiro de 2010.
- ↑ "15.414 espectadores". www.elcorreo.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 2019-12-18.
- ↑ "Web Oficial de Iurbentia Bilbao Basket". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2009. Consultado o 08 de febreiro de 2010.
- ↑ "El Bilbao Basket dice que no podrá pagar las nóminas de sus jugadores en enero". elcorreo.com. 30 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ "Resultados & Calendario. 2018/2019". leboro.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.