Saltar ao contido

Caamaño & Ameixeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caamaño & Ameixeiras
OrixeGalicia Galicia
Período2018 - presente
Xénero(s)folk, música tradicional galega
Selo(s) discográfico(s)Segell Microscopi, Raso Estudio
MembrosSabela Caamaño
Antía Ameixeiras
Na rede
caamanoameixeiras.com

Caamaño & Ameixeiras é un dúo galego de folk/música tradicional galega formado no ano 2018 pola acordeonista de Oza dos Ríos Sabela Caamaño[1] e a violinista e vocalista de Laxe Antía Ameixeiras.[2] Ata a data o grupo leva editados dous álbums de estudio, Aire! (2021), que recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría folk,[3] e Quitar o aire (2023), este último producido por Hevi, vocalista de Malandrómeda.[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Aire! 2021 Segell Microscopi
Quitar o aire 2023 Raso Estudio
Sinxelo Ano Selo
"Maneo de Cambre" 2021 Segell Microscopi
"A pequena morte" 2023 Raso Estudio
"Ai de min" 2023 Raso Estudio
  1. 1,0 1,1 Cerqueiro, Ubaldo (2023-10-20). "Caamaño & Ameixeiras lanzan novo disco: “É bo momento para que os músicos poidamos vivir, máis que sobrevivir”". Que pasa na Costa. Consultado o 2023-10-27. 
  2. "Antía Ameixeiras gaña a Bolsa de Excelencia Artística convocada por Afundación e Abanca Obra Social". Afundación. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  3. "Premios Martín Códax da Música 2021". premiosmartincodaxdamusica.gal. Consultado o 2023-10-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]