Malandrómeda
Malandrómeda | |
---|---|
Malandrómeda en concerto en Boiro (2010) | |
Orixe | Santiago de Compostela, España |
Período | 2005 - actualidade |
Xénero(s) | rap |
Selo(s) discográfico(s) | Temazo.org, Matapadre |
Membros | Hevi |
Antigos membros | Caldeirada, Máster do Son |
Artistas relacionados | Fluzo, Non Residentz, Fodi & Barbaconna, Juanito Broders |
Na rede | |
http://malandromeda.com/ | |
Malandrómeda é un grupo de rap compostelán formado por Hevi e diferentes colaboradores.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hevi e Caldeirada formaron Malandrómeda a finais do ano 2005, tras colaborar na gravación de dous temas para o colectivo Higher Club no programa de radio La Caraba de RadioVoz.[1] En abril de 2006 publicaron o seu primeiro disco baixo o título Os estranos sempre traen malas novas. Este longa duración foi publicado unicamente en formato dixital vía Internet.[1] Foi acompañado de ilustracións de once artistas, cada unha facendo referencia a cada un dos temas do disco.
O 11 de xuño de 2006 Temazo.org publicou o vinilo de 10 polgadas titulado Chegan tarde EP, formado por catro temas.[1][2] En 2008 publicaron o single de 7 polgadas 7" contando con DJ Oso para as mesturas e scratches.[1] Este vinilo publicouse en formato Picture disc en edición limitada a numerada. A súa portada foi realizada cun deseño 3D para ser visualizada cunhas lentes 3D, as cales se incluíron de regalo.[3][4]
En 2011 lanzaron o maxi single Que nos leve pra diante en vinilo de 12 polgadas de cor branca,[5] formado por dous temas, dous rémixes de Kaze e Mou, unha instrumental e unha pista de batalla.[6][7] Tras este traballo o grupo sufriu unha parada en canto a publicacións a raíz de motivos persoais.[3]
O 26 de febreiro de 2016 o selo discográfico Matapadre editou simultaneamente os discos Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba o seu carallo, tanto en vinilo coma en dixital. Estes dous longa duración foron autoproducidos entre 2012 e 2015.[8] Estes traballos foron creados baixo dous conceptos diferenciados: o primeiro toca temáticas intimistas e melancólicas e o segundo recompila temas máis festeiros e coloristas.[4] Caldeirada foi substituído por O Máster do Son para ocuparse da parte musical.[9] O deseño dos traballos correu por parte de BlueMouse e Sokram (Mutante Creativo).[10] A revista musical Rockdelux nomeou este dobre traballo como o mellor álbum nacional do ano 2016.[11]
A presentación deste dobre disco foi o día 27 de febreiro de 2016, realizada nunha ruta por catorce bares de Santiago de Compostela na que interpretaron un tema en directo en cada un deles. Esta presentación foi chamada De chea con Malandrómeda.[12] O primeiro videoclip extraído de Os corenta e oito nomes do inimigo foi "VHS do futuro", publicado o 10 de febreiro de 2016 e realizado por Música Prepost (Fran Torres e Pablo Peña).[13]
En 2017 gañaron o premio ao mellor grupo na categoría hip-hop/músicas urbanas dos Premios Martín Codax da Música.[14][15]
Discografía
[editar | editar a fonte]Os Estranos Sempre Traen Malas Novas
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "TaChovendoMerda" | Malándromeda | 03:43 |
2. | "Apura" | Malándromeda | 04:41 |
3. | "AquelGrupo" | Malándromeda | 05:46 |
4. | "OsSeñoresDaGuerra" | Malándromeda | 03:55 |
5. | "Oasis" | Malándromeda | 03:18 |
6. | "AsLupasDeVerPorDentro" | Malándromeda | 05:51 |
7. | "HarryOTolo" | Malándromeda | 03:50 |
8. | "Noite" | Malándromeda | 03:43 |
9. | "DuasTintas" | Malándromeda | 05:31 |
10. | "OMalDasAlturas" | Malándromeda | 02:45 |
11. | "UnHomeTransparente" | Malándromeda | 04:31 |
Chegan Tarde EP
[editar | editar a fonte]Formato EP; Temazo.org, 2006
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Supercan" | Malándromeda | 04:21 |
2. | "DesexoDeMorte" | Malándromeda | 02:58 |
3. | "MamaMandanga" | Malándromeda | 04:39 |
4. | "PaseoNoFume" | Malándromeda | 04:11 |
7"
[editar | editar a fonte]Formato Maxi single; Temazo.org, 2008
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "FestaMalandromica" | Malándromeda | 05:12 |
2. | "VidaExtra" | Malándromeda | 04:55 |
Que nos leve pra diante
[editar | editar a fonte]Formato Maxi single; Temazo.org, 2011
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "QueNosLevePraDiante" | Malándromeda | 04:01 |
2. | "QueNosLevePraDiante_KazeRMX" | Malándromeda e Kaze | 04:12 |
3. | "OCobradorDoFrac(MouRMX)" | Malándromeda e MØU | 05:32 |
Os corenta e oito nomes do inimigo
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Chegar e encher" | Malándromeda | 02:52 |
2. | "Encontro con _!@#$%!!" | Malándromeda | 02:35 |
3. | "Pelegrín, pelegrín, pelegrín" | Malándromeda | 04:39 |
4. | "VHS do futuro" | Malándromeda | 03:46 |
5. | "Internete non existe" | Malándromeda | 03:19 |
6. | "Paso entre o barullo e non me cheiras" | Malándromeda | 02:08 |
7. | "A enerxía cinética non vai impedir isto" | Malándromeda | 03:45 |
8. | "Ti e máis eu" | Malándromeda | 03:31 |
9. | "Os teus bicos xa non me saben" | Malándromeda | 03:16 |
10. | "Facédesme parvo" | Malándromeda | 03:04 |
11. | "Emerxencia" | Malándromeda | 02:43 |
Cada can que lamba o seu carallo
[editar | editar a fonte]Formato LP; Matapadre, 2016
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Os calcetís de Drácula" | Malándromeda | 04:04 |
2. | "Que prea!" | Malándromeda | 02:39 |
3. | "Osborne" | Malándromeda | 03:52 |
4. | "Máis millor" | Malándromeda | 04:59 |
5. | "Bótalle caldo (cumbia malandra)" | Malándromeda | 03:07 |
6. | "Golibuz" | Malándromeda | 03:43 |
7. | "Bum-Xanca" | Malándromeda | 04:12 |
8. | "Estimulancias" | Malándromeda | 03:33 |
9. | "Levaetrae" | Malándromeda | 03:54 |
10. | "A porta Liebezeit" | Malándromeda | 03:22 |
Animais da feira
[editar | editar a fonte]Formato EP; 2020
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Hoxe dormes fóra" | Malándromeda | 04:28 |
2. | "Xigantes e cabezudos" | Malándromeda | 03:47 |
3. | "Catro agullas pra unha bolboreta" | Malándromeda | 03:41 |
4. | "Galician Edi Murfi" | Malándromeda | 02:53 |
San Amaro
[editar | editar a fonte]Formato EP; 2020
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Días libres" | Malándromeda | 05:39 |
2. | "Nin barco nin hostias" | Malándromeda | 05:10 |
3. | "Unha casa no camposanto" | Malándromeda | 04:19 |
4. | "Quero nécoras" | Malándromeda | 04:18 |
San Amaro REMEXIDO
[editar | editar a fonte]Formato EP; 2021
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Días libres (Remexido por Santomé)" | Malándromeda e Santomé | 05:26 |
2. | "Nin barco nin hostias (Remexido por ArreOh!)" | Malándromeda e ArreOh! | 05:34 |
3. | "Unha casa no camposanto (Remexido por Susiño do Vocoder)" | Malándromeda e Susiño de Vocoder | 07:15 |
4. | "Quero nécoras (Remexido por MØU)" | Malándromeda e MØU | 04:13 |
No inferno das ideas
[editar | editar a fonte]Formato EP; 2021
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "O recibiño" | Malándromeda | 03:04 |
2. | "No inferno das ideas" | Malándromeda | 03:47 |
3. | "Sonata número 300" | Malándromeda | 04:09 |
4. | "Iso perdímolo hai tempo" | Malándromeda | 06:28 |
Rapeiradas
[editar | editar a fonte]Formato EP; 2022
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Pepe Caralladas" | Malándromeda | 05:09 |
2. | "Trampa pra turistas" | Malándromeda | 06:00 |
3. | "Furricón emocional" | Malándromeda | 06:50 |
4. | "AP9" | Malándromeda | 03:53 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/hip-hop-de-frescor-organico/idEdicion-2011-03-11/idNoticia-648030/ Arquivado 26 de decembro de 2019 en Wayback Machine. Hip hop de frescor orgánico
- ↑ http://malandromeda.bandcamp.com/releases Chegan tarde en bandcamp.com
- ↑ 3,0 3,1 Fernández Rego, Fernando (2017-02). "Malandrómeda. Volando alto". Rockdelux (358).
- ↑ 4,0 4,1 http://labranzameiro.blogspot.com.es/2016/03/malandromeda-venres-18-22h-5.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2016. Consultado o 15 de xuño de 2016.
- ↑ http://malandromeda.com/23-adelanto-del-adelanto/
- ↑ http://emundial.org/2011/2011/06/20/hevi-e-caldeirada-malandromeda-queremos-que-nos-escuitem-em-pernambuco-kansai-escocia-ou-cacheiras/ Hevi e Caldeirada (Malandrómeda): Queremos que nos escuitem em Pernambuco, Kansai, Escócia ou Cacheiras
- ↑ http://www.rockdelux.com/audio-video/p/malandromeda-os-corenta-e-oito-nomes-do-inimigo.html MALANDRÓMEDA - Os corenta e oito nomes do inimigo
- ↑ http://www.ultrasonica.info/malandromeda/
- ↑ https://issuu.com/mondosonoro-gal_cyl/docs/237msogal
- ↑ Spain, ROCKDELUX, Barcelona,. "Malandrómeda. "Os corenta e oito...". ROCKDELUX (2016)". ROCKDELUX. Consultado o 2017-02-11.
- ↑ http://pentavox.net/2016/04/13/malandromeda-la-antientrevista/ Arquivado 24 de abril de 2016 en Wayback Machine. Malandrómeda, la antientrevista
- ↑ http://www.rockdelux.com/audio-video/p/malandromeda-vhs-do-futuro.html Malandrómeda, VHS do futuro
- ↑ "Os Premios Martín Códax proclaman mellor festival galego o Surfing the Lérez". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2017-05-14.
- ↑ vivo, Músicos ao. "IV Premios Martín Códax da Música". www.premiosmartincodaxdamusica.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2018. Consultado o 2017-05-14.