Sokram
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ordes, España |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro, artista, pintor |
Marcos Couso Sánchez, nado en Ordes, é un artista multidisciplinar (ilustración, muralismo[1] e rapeiro) galego[2][3][4] coñecido co nome artístico de Sokram.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Musicalmente forma parte dos grupos Sokram e Dios ke te crew, e antes de 5Talegos. En 2015 editou o primeiro LP en solitario "Chuvia Ácida". En 2016 foi ecoñecido como o mellor artista de hip hop galego na III edición dos Premios Martín Códax da Música.[5] Con importantes colaboracións musicais coma L.A.R. Legido (Sumrrá), Hevi (Malandrómeda, Fluzo), Jamas e MØU (Dios ke te crew) ou A Magnifique Bande dos Homes sen Medo entre outros.[6]
En canto ao arte pictórico, forma parte de Mutante Creativo, onde desenvolve o seu traballo en deseño gráfico, arte mural, ilustración, audiovisual e creación musical. É o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas de Ordes e do Rexenera Fest de Carballo, entre outros.[7] O seu estilo bebe do graffiti, do cómic underground americano, da ilustración Lowbrow contemporánea e do deseño gráfico, mesturando liñas firmes e contundentes vectoriais cunha ampla gama cromática.[3][8]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Mural por Sokram, Pazo da Cultura de Carballo, Galicia.
-
Mural por Sokram, Ordes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O galego Sokram ábrese paso entre as mellores muralistas do mundo". nosdiario.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "Sokram". derrubandomuros.gal. Consultado o 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Sokram". rexenerafest.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "Sokram". asociacionambar.org. Consultado o 2023.
- ↑ "Nuevo vídeo y próximas fechas". mondosonoro.com. Consultado o 2023.
- ↑ "GPS presenta SOKRAM". salahollander.es. Consultado o 2023.
- ↑ "Santiago regenera espacios con el arte de Sokram y Twee Muizen". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.
- ↑ "Sokram". articulate.nu. Consultado o 2023.