Saltar ao contido

MØU

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMØU
Biografía
NacementoOrdes, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrapeiro, muralista, ilustrador Editar o valor en Wikidata

Facebook: MOUDKTC Twitter: MouDktc Instagram: mou_mutante Spotify: 1dQYU6FFFrRpmMpvc1SEb6 iTunes: 1458292708 Editar o valor en Wikidata

Javier Mourón Figueroa, nado en Ordes, é un artista multidisciplinar (ilustración, muralismo e rap) galego coñecido co nome artístico de MØU.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. É director de Mutante Creativo, un estudio de deseño, arte e comunicación, desde onde fai deseño gráfico, arte mural, ilustración, fotografía de reportaxe, publicidade, audiovisual, creación musical, en obradoiros de graffiti e produción musical. Ademais, é membro da banda Dios ke te crew.[2]

Xunto a Sokram é un gran impulsor do panorama artístico urbano galego, destacando por ser o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas de Ordes e do RexeneraFest[3] de Carballo, entre outros.[2]

  1. "MØU". compostelacontemporanea.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2023. Consultado o 2023. 
  2. 2,0 2,1 "MØU". derrubandomuros.gal. Consultado o 2023. 
  3. "MØU". rexenerafest.gal. Consultado o 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]