Cabernet sauvignon
Cabernet sauvignon é unha caste de uvas da especie Vitis vinifera (a videira) a partir da que se fabrica viño de alta calidade. Orixinaria da rexión de Bordeos, no suroeste de Francia, é a uva vinífera máis difundida no mundo, atopándose en todas as zonas temperadas e quentes.[1] É coñecida como "a raíña das uvas tintas". É resultado do cruzamento entre as uvas cabernet franc e sauvignon blanc.
A variedade é bastante homoxénea, con algunhas diferenzas na forma do bacelo e nas características típicas do viño.
Caracterízase polos taninos densos, cor profunda, complexos aromas de froitos tales como ameixa ou grosella negra. Nos viñedos máis quentes, revela trazos de oliva e amora silvestre, mentres que, nos máis fríos, aparecen trazos de pemento. É unha variedade bastante vigorosa e de frutificación medio-serodia, vexetación bastante erecta e entrenódulos medio curtos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "winepros.org - Cabernet Sauvignon" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03/10/2014. Consultado o 08/05/2009.