Cabido de Fuerteventura
Aparencia
O Cabido de Fuerteventura (en castelán: Cabildo de Fuerteventura) é o órgano de goberno da illa de Fuerteventura, nas Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa. A xurisdición do cabido tamén inclúe á illa de Lobos.
O seu presidente dende 2003 é Mario Cabrera González, de Coalición Canaria.
Consellarías
[editar | editar a fonte]Na actualidade, para desempeñar as súas funcións, o Cabido de Fuerteventura conta coas seguintes consellarías (consejerías):
- Presidencia, Comercio, Rede de Museos, Relacións Institucionais e con outras Administracións, Cooperación Internacional.
- Augas, Residuos e Ordenación do Territorio.
- Asuntos Sociais, Sanidade, Consumo, Vivenda e Inmigración.
- Cultura e Patrimonio Histórico.
- Deportes e Caza.
- Industria, Enerxía, Actividades Clasificadas e Espectáculos Públicos.
- Economía, Facenda e Novas Tecnoloxías.
- Agricultura, Gandaría e Pesca.
- Medio e Infraestruturas.
- Educación e Xuventude.
- Seguridade e Emerxencias.
- Réxime Interior, Persoal e Patrimonio.
- Transportes e Comunicacións.
- Turismo.