Cabra, Córdoba
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Córdoba | ||||
Capital | Cabra (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.070 (2023) (88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 228,07 km² | ||||
Altitude | 458 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Fernando Priego Chacón | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 14940 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 14013 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cabra.eu | ||||
Cabra é un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. Abrangue 227,5 km², e no ano 2007 alcanzaba unha poboación de 21.087 habitantes. O xentilicio que designa os seus moradores é egabrense, -a.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]O concello de Cabra está sito no sur da provincia cordobesa, nun punto que se considera o centro mesmo da Andalucía. A cidade de Cabra dista 72 km da capital provincial, Córdoba.
Cabra está localizada entre os contrafortes setentrionais das serras subbéticas, e a cidade mesma érguese a unha altura media de 448 m.s.n.m., entre dous outeiros, ás beiras do río homónimo, afluente do Genil. A paisaxe é de tipo cárstico, con abundancia de accidentes xeográficos asociados, tipo simas e cavernas.
O clima da cidade é mediterráneo, pero un tanto continentalizado.
Economía
[editar | editar a fonte]A base económica do concello é a agricultura, especialmente, a oliveira, e en segundo lugar a vide. A industria está asociada á transformación dos seus produtos.
Historia
[editar | editar a fonte]Nas proximidades existen restos paleolíticos. Porén a ligazón histórica directa comeza durante o dominio romano, identificándose Cabra coa cidade de Egabrum, citada por Plinio o Vello. Durante o período Visigodosvisigodo, sábese que foi sede episcopal.
Logo da invasión musulmá de Hispania, a cidade ficou incorporada ao Al-Ándalus. Foi tomada aos mouros polo rei Fernando III de Castela, en 1240. Pasou durante un tempo a estar controlada pola Orde de Calatrava, pero Sancho o Bravo rescatouna para a xurisdición real, en 1288. A mediados do século XV, o rei Henrique IV de Castela doouna a D. Diego Fernández de Córdoba.
Durante a guerra civil española o municipio foi bombardeado polas forzas da segunda república, provocando 109 mortos e máis de 200 feridos.
Patrimonio cultural
[editar | editar a fonte]- Murallas da cidade, restos que proceden do século XIV.
- Castelo dos condes de Cabra (ou duques de Sessa), do século XIV. Consérvanse dúas torres e parte do pazo, hoxe colexio das Escolapias.
- Igrexa do convento das Madres Escolapias, de estilo barroco, con varios cadros de Juan de Valdés Leal.
- Igrexa de Nosa Señora dos Remedios, datada en 1729; posúe unha talla da Virxe da Soedade, de autoría de Pedro de Mesa.
- Igrexa de San Xoán Bautista, tamén barroca; conserva unha inscrición visigótico, que demostra a ligazón da cidade coa antiga Egabrum.
- Igrexa de Nosa Señora da Asunción e Anxos, barroca do XVII.
- Casa de D. Juan Valera.
- Museo Arqueolóxico Municipal, con restos egabrenses de diversas épocas.
- Museo de Historia Natural.
- Museo do Aceite, adicado a ese produto.
Festas
[editar | editar a fonte]- Semana Santa.
- Santísima Señora da Serra, padroeira de Cabra, entre o 3 e o 8 de setembro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cabra, Córdoba |
- Cabra la Cordobesa. Páxina oficial de turismo. Mancomunidade da Subbética
- Cabra, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía.
- Patrimonio cultural de Cabra na Guía Dixital de Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico