Moriles
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Córdoba ![]() | |||
Capital | Moriles (en) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 3.643 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 19,54 km² ![]() | |||
Altitude | 375 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcaldesa ![]() | Francisca Araceli Carmona Alcántara ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 14510 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 14045 ![]() | |||
Sitio web | moriles.es ![]() | |||
![]() |
Moriles é unha localidade española, con concello propio, da provincia de Córdoba, en Andalucía. En 2005 tiña 3.874 habitantes. A extensión superficial do municipio é de 20 km².
É famoso polos seus viños, finos e xenerosos, semellantes aos criados na próxima Montilla.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]As súas coordenadas xeográficas son 37º 26' N e 4º 36' O. Atópase situada ao suroeste da provincia, a unha altitude de 375 metros e dista 65 quilómetros da capital, Córdoba.
Historia breve
[editar | editar a fonte]A localidade non existía no século XIX aínda, e o seu xurdimento debeuse ao empeño de Manuel Fernández Jiménez, deputado local. O concello foi creado por un decreto do rei Afonso XIII de 1 de xuño de 1912, nun lugar, Zapateros, onde existían uns vellos lagares, tomando o nome duns pagos próximos denominados Moriles, nos que se producían vides das que se elaboraba un excelente viño. Até 1951, o concello, escindido do de Aguilar de la Frontera, non tiña aínda ben delimitados as súas lindes; nese ano, unha sentenza do Tribunal Supremo marcou os que ten na actualidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moriles ![]() |
- Moriles - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- I.E.S. Las Viñas Arquivado 25 de outubro de 2012 en Wayback Machine.