Saltar ao contido

Cachao López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCachao López

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoIsrael López Valdés
14 de setembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
22 de marzo de 2008 (89 anos)
Morte22 de marzo de 2008 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Coral Gables, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCachao
Actividade
Ocupacióncompositor, director de orquestra, músico de jazz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoDanzón, descarga (en) Traducir, Son cubano e mambo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoContrabaixo Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webisraelcachaolopez.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0127996 BNE: XX4579748 Musicbrainz: d6060786-dac7-4101-80f1-8a10c81d0a7a Discogs: 139655 Allmusic: mn0000639697 Editar o valor en Wikidata


Israel "Cachao" López, decote coñecido como "Cachao", nado na Habana o 14 de setembro de 1918 e finado o 22 de marzo de 2008 en Miami, foi un músico e compositor cubano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

"Cachao" saíu de Cuba en 1962 cunha longa lista de éxitos e asegurou nunha entrevista concedida en 2007 que se non fose polo seu compatriota e amigo Dámaso Pérez Prado "non se tería escoitado o mambo mundialmente". A súa primeira parada foi Madrid, onde permaneceu un ano antes de emigrar a Nova York.

López tocaba o baixo acústico co seu irmán, o multi-instrumentista Orestes López. Ambos compuxeran literalmente máis de 3.000 cancións xuntos e foran moi influentes na música cubana desde os anos 1930 á década de 1950. Crearan o "novo ritmo" a finais dos anos 1930, que transformou o danzón mediante a introdución de ritmos africanos na música cubana, que levou ao mambo.

Converteuse nunha lenda da música cubana co seu maxistral manexo do baixo e destacou polas súas actuacións musicais no mambo e o jazz latino. O seu talento levouno a obter unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, e ten sido descrito como "o inventor do mambo". Considerábase un mestre da descarga (improvisacións en vivo).

Gañou varios premios Grammy tanto polo seu propio traballo como polas súas contribucións en álbums de estrelas da música latina, incluíndo a Gloria Estefan. En 1995, gañou un Grammy por Master Sessions Volumen 1, e en 2003, gañou un Grammy Latino ao Mellor Álbum Tropical Tradicional Latina xunto con Bebo Valdés e Patato por El Arte Del Sabor. Volveu gañar un Grammy en 2005 polo seu traballo ¡Ahora Sí!.

Seu sobriño, Orlando "Cachaíto" López converteuse nun dos piares do famoso Buena Vista Social Club.

Cachao tocou con artistas como Tito Puente, e a súa música aparecera en películas como A gaiola das tolas, e a banda sonora do videoxogo Grand Theft Auto: Vice City. O actor Andy García produciu un documental titulado Cachao... Como su ritmo no hay dos en 1993 sobre a súa música. Tamén compartiu escenarios con Celia Cruz e o seu home, Pedro Knight, así como co trombonista Generoso Jiménez. A súa última colaboración musical realizouna con Gloria e Emilio Estefan no álbum da cantante titulado 90 Millas.

López morreu na mañá do 22 de marzo de 2008 en Coral Gables, Florida, á idade de 89 anos, vítima dunha doenza renal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]