Saltar ao contido

Cadi Iyad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCadi Iyad
Nome orixinal(ar) القاضي عياض Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1083 Editar o valor en Wikidata
Ceuta, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 1149 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Marrakech, Marrocos Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam, Sunnismo e Alaxarismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMaliquismo e fiqh Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, biógrafo, xuíz, cadí, poeta Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosMuḥammad Ibn al-Qāḍī ʿIyāḍ Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Christian-Muslim Relations 600 - 1500 (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX933890
Sepulcro de Cadi Iyad

Cadi Iyad (árabe: القاضي عياض بن موسى), formalmente Abū al-Faḍl ʿIyāḍ ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ ibn ʿAmr ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ ibn Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ al-Yaḥṣubī al-Sabtī ( árabe: أبو الفضل عياض بن موسى بن عياض بن عمرو بن موسى بن عياض بن محمد بن عبد الله بن موسى بن عياض اليحصبي السبتي [1], nado en Ceuta o 28 de decembro de 1083 e finado en Marrakech o 14 de outubro de 1149, foi un polímata[2] sunnita magrebí considerado o principal estudoso do fiqh e hadiz maliki do seu tempo [3] , foi tamén un destacado teólogo, historiador, poeta e xenealoxista [4]. Venerado no islam tradicional marroquí como un dos sete santos de Marrakech.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iyaḍ naceu en Ceuta no seo dunha familia árabe de orixe iemení, os Yahsub[5], que se establecera en Baza[6] para aveciñarse logo en Fez e a finais do século IX, no contexto das conquistas dos Omeia de Córdoba no Magreb occidental, o pai de Iyad instalouse en Ceuta, e de berce de notables e eruditos, Iyad puido aprender dos mellores profesores da cidade. O xuíz Abu ʿAbd Allah Muhammad b. ʿIsa (m. 1111) foi o primeiro mestre importante de Iyad e atribúeselle a súa formación académica básica. Ao medrar, Iyad beneficiouse do paso pola cidade de eruditos de al-Andalus, o Magreb e o mundo islámico oriental e consagrouse ao estudo da teoloxía e converteuse nun prestixioso erudito por dereito propio e tivo o apoio dos máis altos niveis da sociedade. Con 27 anos elixírono para participar nunha consulta teolóxica sobre o tratado de Al-Ghazali Ihya’ Ulum al-Din (Renacemento das ciencias relixiosas), moi crítico do Fiqh da época. Rexeitando as bidʻah[1] (novidades en materia de relixión), asina a queima das súas obras no Magreb e al Andalus. Na súa procura de coñecemento, Iyad viaxou a al-Andalus en 1113 e instalouse primeiro en Córdoba e ao ano seguinte foi a Murcia, onde coñeceu a Abū ʿAlī al-Ṣadafī (m. 1120), un dos máis famosos memorizadores andalusís de hadith, tamén coñeceu outros famosos eruditos como Ibn Rushd (m. 1126) e Ibn. Hamdin (m. 1114).

Á súa volta a Ceuta en 1114 recibiu gran recoñecemento, e ao seu redor acudían estudantes en busca de coñecemento e en 1121 recibiu o nomeamento de cadi, que exerceu ata 1136. Durante o seu mandato como xuíz foi sumamente prolífico, supervisou a construción da parte leste da mesquita e da fortaleza de Jbel Mina, e a súa fama global como xurista e como escritor de fiqh (dereito positivo) baseouse no traballo que fixo nesta cidade.

O sultán Ali ibn Yusuf nomeouno cadi de Granada en 1136 e alí traballou durante pouco máis dun ano [7], non se levaba resto dos traballadores e non contou co apoio do sultán e logo de alegar motivos de saúde volveu a Ceuta pero non recuperou a condición de cadi de Ceuta ata 1144[8], despois da chegada o trono de Tashfin ibn Ali.

Nacido durante a idade de ouro da dinastía dos almorábides, Cadi testemuñou o seu ocaso e a chegada dos almohades. De doutrina asharita no dogma, estabal dobremente vencellado co imán Malek: pola escola e polo sangue. Cadi Iyad foi a Salé, capital almohade, e xurou lealdade ao califa Abd al-Mumin. Pero non era unha alianza por convición, na primeira ocasión os ceutís dirixidos por Cadi enfrontáronse ao gobernador almohade e os seus partidarios durante un enfrontametno entre o califa e os Barghawata. Para evitar represalias, Cadi Iyad aliouse con Yahia ben Ali ben Ghania, descendante dos almorábides e gobernador das Baleares, que se alia cos Barghawata mais derrotounos o exército de Abd al-Mumin. Iyad exiliouse entre as tribos nómades da rexión de Tadla.

Rexeitou recoñecer a Ibn Tumart, líder espiritual almohade, como o esperado Mahdi. As fontes discrepan sobre como e onde morreu, pero fixan a data en 1149 [9]. Algunhas fontes, incluída unha escrita polo seu fillo, Muhammad, describen como se congraciou cos almohades en Marakech e finalmente morreu de enfermidade durante unha campaña militar. Outras fontes describen como morreu de morte natural mentres actuaba como xuíz rural preto de Tadla, mentres que fontes posteriores tenden a asumir unha morte violenta a mans dos almohades [10]. Aínda que se opuxo aos almohades e ás ideas de Ibn Hazm, non mantivo inimizade pola escola zahirita do islam sunnita, á que seguían os almohades e Ibn Hazm. Os comentarios de Iyad sobre o mestre de Ibn Hazm, Abu al-Khiyar al-Zahiri, foron positivos. Iyad adheriuse á escola Ash'ari. Defendeu e eloxiou tanto ao fundador Abu Hasan al-Ash'ari como á súa escola.

Influencia

[editar | editar a fonte]

A doutrina de Iyad influíu en eruditos posteriores como Ibn Taymiyyah e Taqī ad-Dīn as-Subkī (m. 1355) na definición de herexía na apostasía, e foi o primeiro en pedir a pena de morte para aqueles musulmáns culpables de "difundir" impropiedades sobre Mahoma ou cuestionar a súa autoridade en relación a asuntos de fe e vida profana” (segundo Tilman Nagel). A Universidade Cadi Ayyad, tamén coñecida como Universidade de Marrakech, recibiu o seu nome. Tamén se coñece a Cadi Ayyad como un dos sete santos de Marrakech, un grupo de figuras históricas musulmás, venerados no islam popular marroquí pola súa piedade ou outros atributos místicos, soterrados en Marrakech e que os fieis visitan no cadro dunha peregrinación, que se coñece como ziara.

  • Al-Shifa bi Ta'rif Huquq al-Mustafa, a súa obra máis coñecida, unha biografía de Mahoma
  • Ikmal al-mu`lim bi fawa'id Muslim, un famoso comentario sobre Sahih Muslim que transmitía e ampliaba o propio comentario de al-Maziri, al-Mu`lim bi-fawa'id Muslim. O comentario de Cadi Iyad utilizouno Al-Nawawi no seu comentario de Sahih Muslim.
  • Bughya al-ra'i lima Tadmanahu Hadith Umm Zara` min al-Fawa'id, publicado con Tafsir nafs al-Hadith por Al-Suyuti .
  • al-I`lam bi Hudud Qawa'id al-Islam, escrito sobre os cinco piares do Islam.
  • al-Ilma` ila Ma`rifa Usul al-Riwaya wa Taqyid al-Sama`, un traballo detallado sobre a ciencia do hadith .
  • Mashariq al-Anwar `ala Sahih al-Athar, baseado en al-Muwatta de Malik ibn Anas, Sahih Al-Bukhari do Imam Bukhari e Sahih Muslim de Muslim ibn al-Hajjaj .
  • al-Tanbihat al-Mustanbata `ala al-kutub al-Mudawwana wa al-Mukhtalata .
  • Daqa`iq al-akhbar fi dhikr al-janna wa-l-nar, un "manual escatolóxico" que describe as alegrías de jannah (ceo) e os horrores de jahannam (inferno)
  1. 1,0 1,1 Camilo Gómez-Rivas, Islamic Legal Thought: A Compendium of Muslim Jurists, p 324.
  2. Brockopp, Jonathan E (2017). Muhammad's Heirs The Rise of Muslim Scholarly Communities 622-950. Cambridge University Press. p. 1. ISBN 9781107106666. 
  3. Catlos, Brian A (2018). Kingdoms of Faith A New History of Islamic Spain. C. Hurst & Co. p. 259. ISBN 9781787380035. 
  4. Bagley, F.R.C. (2013). Twenty-three Years A Study of the Prophetic Career of Mohammad. Taylor & Francis. p. 66. ISBN 9781135030414. 
  5. Serrano Ruano, Delfina. "Iyad". Diccionario Biográfrico Electrónico. 
  6. Gómez-Rivas, Camilo (2014). Law and the Islamization of Morocco under the Almoravids. p. 60. 
  7. Camilo Gómez-Rivas. Islamic Legal Thought: A Compendium of Muslim Jurists. Koninklijke Brill. p. 326. 
  8. Al-Jubouri, Kamel Salman (2003). 2002معجم الأدباء من العصر الجاهلي حتى سنة. Beirut. pp. 372–373. 
  9. Hermosilla, M. J. (1979). "En torno al Qāḍī ʿIyāḍ". Miscelánea de Estudios Árabes y Hebraicos (XXVII-XXVIII): 149–164. 
  10. Gómez-Rivas, Camilo (2013). "Qāḍī ʿIyāḍ (544-1149)". En David Powers, Susan Spectorsky e Oussama Arabi. Islamic Legal Thought: A Compendium of Muslim Jurists. BRILL.