Caleta de Sebo
Caleta de Sebo (tamén chamada Caleta del Sebo) é unha localidade situada na parte suroriental da illa canaria de La Graciosa, que pertence administrativamente ao concello lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, España. Situado a 1,2 quilómetros da illa de Lanzarote, Caleta de Sebo é o principal núcleo de poboación de La Graciosa e, por iso, é considerada a capital de facto da illa.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe da poboación remóntase ao século XIX. En 1861 o Goberno permite á empresa anglo-española Cappa y Maqueda o establecemento dunha factoría de salgadura de peixe. Este establecemento implicou a construción dos almacéns e as primeiras casas da illa. A finais do século XIX, co afán por establecer as pesqueiras canario-africanas na illa, formouse a aldea de Caleta de Sebo.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Tiña unha poboación de 733 habitantes en 2019, o que representa a práctica totalidade da poboación da illa de La Graciosa, que contaba no mesmo ano con 737 habitantes.
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
626 | 615 | 624 | 617 | 628 | 635 | 656 | 638 | 646 | 642 | 657 | 653 | 663 | 679 | 696 | 718 | 743 | 748 | 730 | 733 |
Economía
[editar | editar a fonte]As súas principais actividades económicas son a pesca e o turismo.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Posúe un porto que comunica La Graciosa coa localidade lanzaroteña de Órzola, no concello de Haría.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]En arquitectura destaca a igrexa parroquial da localidade, a Igrexa da Nosa Señora do Carme, tamén chamada Virxe do Mar, patroa da illa de La Graciosa e de Caleta de Sebo. Cada 16 de xullo realízase a tradicional procesión marítima da Virxe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Plan Rector de Uso y Gestión del Parque Natural del Archipiélago Chinijo" (PDF). Goberno de Canarias. 2005. Consultado o 18 de maio de 2016.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 31 de outubro de 2011.