Saltar ao contido

Cambroeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lycium

Lycium barbarum (que dá as bagas de goxi)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Subfamilia: Solanoideae
Tribo: Lycieae
Xénero: Lycium
L.
distribución natural
distribución natural

distribución natural
Especies

Véxase no texto

Co termo cambroeira ou cambrón[1] desígnanse as diversas especies de arbustos pertencentes ao xénero Lycium (da familia solanaceae), de 1 a 3 m de altura, moi ramificados, espiñentos, con follas lanceoladas ou oblongas, flores axilares, tubulares, solitarias ou en grupos reducidos, con corola a xeito de campá de cor vermella ou violácea, estames soldados a esta, e froitos en baga indehiscente, que medran nas sebes e nos bordos dos camiños.[2] A polinización adoita ser entomófila ou mediante aves, grazas á presenza dun disco nectarífero intraestaminal.

Comprende 83 especies distribuídas en zonas subtropicais, xeralmente áridas e secas, por todo o globo. O froito dalgunhas especies emprégase na medicina tradicional chinesa coma menciña para os problemas de circulación sanguínea, recibindo o nome de gouqizi (枸杞子). En Galiza son raros.

A distribución xeográfica da súa diversidade é tal que en América do Norte hai unhas 20 especies, 30 en América do Sur, 30 en África, 10 en Eurasia e unha en Australia.

Listaxe parcial:

  1. Nome vulgar galego do xénero en varias fontes: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. Definición no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hitchcock, Charles Leo. "A Monographic Study of the Genus Lycium of the Western Hemisphere." Annals of the Missouri Botanical Garden, v. 19, no. 2/3 (abril 1932), pp. 179–348, 350-366.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]