Saltar ao contido

Lycium barbarum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lycium chinense»)

Lycium barbarum (ás veces tamén catalogada coma Lycium chinense), chamada vulgarmente cambroeira chinesa[1] é unha especie de planta fanerógama pertencente á familia Solanaceae, macrofanerófito caducifolio orixinario da China, mais introducido e amplamente naturalizado en Europa.

É coñecida polos seus froitos, unhas bagas antioxidantes coñecidas coma goxis.

Características

[editar | editar a fonte]

É un arbusto de sebe ou matogueira que acada entre 2 e 3 metros de altura, e entre 2 e 3 metros e medio de largura. Ten as pólas espiñentas e as follas alongadas, enteiras e algo grosas. As flores de cor rosada ou violeta, teñen un cáliz a xeito de campá e unha corola con cinco lobos. O froito é unha baga ovoide carnosa de cor vermella ou alaranxada. A propia planta e as bagas son coñecidas comunmente coma goxi (a partir do inglés goji, así mesmo a partir do chinés) ou bagas de goxi.

Cultivo e variedades

[editar | editar a fonte]
bagas maduras na provincia de Zhongning, Ningxia, China.

Ten unha longa tradición na medicina natural oriental. Na actualidade varios estudos científicos atoparon máis de 41 especies diferentes de bagas de goxi. Unha das variedades máis apreciadas pola calidade dos seus froitos é Ningxian, cuxas bagas adoitan comercializarse secas.

Cultívase especialmente no norte da China, principalmente na rexión de Ningxia, ao longo das fértiles chairas do Río Amarelo. Cando as bagas madurecen son moi febles e a súa colla debe realizarse con moito tino, manualmente mexendo as pólas. As bagas comercialízanse frescas e especialmente secas, proceso que se fai deixándoas delourar ou con secado mecánico.

China cultiva case a metade da produción mundial; non se cultivan nin no Tíbet nin no Himalaia.

No sueste de España (nas provincias de Almería, Murcia e Alacant) medran outras dúas especies do xénero Lycium: Lycium europaeum L. e Lycium intricatum Boiss., e se empregan coma sebes para separar leiras grazas aos seus espiños.[2]

Composición

[editar | editar a fonte]

Entre as súas substancias nutritivas son de salientar:

Propiedades

[editar | editar a fonte]

As bagas de goxi recibiron a atribución de múltiples beneficios para a saúde, porén diversos artigos cuestionaron o aval científico desas supostas virtudes.[2][3][4][5]

É usada desde antano na medicina tradicional chinesa[6] e entre as supostas propiedades que se lle atribúen salientan:

  • Fortalece o corazón. Equilibra a presión arterial, é hipotensor, mellora os problemas cardíacos.
  • Fortalece o sistema inmunitario mellorando as defensas.
  • Protexe o fígado e mailos riles axudando a eliminar toxinas do organismo.
  • Normaliza as funcións do ril, na medicina natural é usado como diurético.
  • Axuda a recuperar a memoria e desenvolve o crecemento muscular.
  • Normaliza os niveis de azucre no sangue.
  • Alivia as dores de testa e mareos. Mellora a calidade do soño e a visión.
  • Regula o tránsito intestinal.
  • Regula os niveis de colesterol (Betasitosterol).
  • Alivia a ansiedade e o estrés.
  • Por vía externa úsase no tratamento das úlceras.
  • Nas mulleres mellora os problemas asociados á menstruación e á menopausa e é unha importante fonte nutricional durante a gravidez.
  • Nos homes prevén doenzas de próstata e actúa fronte á impotencia.
  • As súas bagas empregáronse para previr os arrefriados e son unha boa fonte de vitamina C ademais de conteren moitísimos antioxidantes[7]

Na antigüidade chamábaselle de spina benedicta por mor a que as reliquias da coroa de Xesús Cristo que se gardan en Roma son doutra especie de cambroeira (Lycium europaeum), o mesmo xénero ao que pertence a planta do goxi.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Lycium barbarum foi descrita por vez primeira por Carl von Linné no seu Species Plantarum en 1753[8]

Sinonimia
  1. Cambroeira é o nome galego das diferentes especies do xénero Lycium: Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. 2,0 2,1 "El timo de las bayas del Goji-20minutos.es". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  3. Las bayas de Goji contienen los mismos nutrientes que las frutas y verduras, salvo “un importante efecto placebo”
  4. Las bayas de Goji[Ligazón morta]
  5. Bayas de Goji y demás cuentos chinos
  6. Dr. Berdonces I Serra. Lycium_barbarum. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones ISBN 84-305-8496-X). p. 603. 
  7. D. Jose Antonio Sánchez. Lycium_barbarum. Diccionario de Plantas medicinlaes (Ta-Book editorial ISBN 978-84-941386-1-4). p. 550. 
  8. http://www.tropicos.org/Name/29600019
  9. Lycium barbarum en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Flora of China Editorial Committee. 1994. Fl. China 17: 1–378. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Pekin & St. Louis.
  • Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]